Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

martes, abril 29, 2008

Comunicado de AGAI sobre a expulsión de Valadés do Bloque


A DECISION DO BNG DE EXPULSAR A VALADES É ARBITRARIA, VERGONZOSA E FASCISTA

Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.

A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego

A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.

Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.

Vigo 28 de Abril de 2008

domingo, abril 20, 2008

O Pesah na Coruña


O pasado sábado 19 de Abril (14 de Nisan) a Comunidade Xudía Ner Tamid da Coruña, celebrou o Séder de Pesah no Restaurante SEFARDÍ 515. Desde aquí, desde a Rúa Xudea FELIZ PÉSAJ JAG PESAJ SAMEAJ!!!

sábado, abril 19, 2008

Viaxe a Israel organizada por AGAI

A Asociación Galega de Amizade con Israel organiza para o vindeiro mes de novembro a súa terceira viaxe a Israel. Para ter máis información podes porte en contacto no sitio www.amizadeconisrael.org

domingo, abril 13, 2008

Música xudía klezmer en Vigo

Desde Galitzia a Galicia: A música xudía klezmer patrimonio cultural de Europa

Charla-Coloquio
O vindeiro 29 de Abril ás 20:00 horas e na Casa do Libro en Vigo, e organizada pola
Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) terá lugar unha charla-coloquio sobre a música xudía klezmer como patrimonio cultural europeo. O acto principiará coa proxección dun video sobre o son da música klezmer.
Presenta:
Pedro Gómez-Valadés
Intervén:
Piotr Grudzien. Músico (violinista) e profesor

Entrada Libre