Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

domingo, octubre 19, 2008

Xudeus e conversos galegos


XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Notas para unha historia pendente
Roberto González Rouco
Xudeus e conversos atoparon en Galicia un territorio tolerante onde puideron convivir sen confrontacións. Esta é a principal tese do libro, unha aproximación didáctica á historia do pobo xudeu e a súa presencia no noso país. O autor afirma que é constante a arribada de xudeus a Galicia dende as matanzas de 1391 e 1414, datas nas que principiou un anti-xudaísmo feroz en Andalucía, Estremadura ou Castela, o que obrigou aos xudeus e máis tarde aos conversos, a se refuxiar en Galicia e Portugal. 'Xudeus e conversos estaban introducidos na sociedade galega e compartían negocios, xogaban nenos cristiáns con nenos xudeus, eran membros dos concellos e tiñan oficios non permitidos aos xudeus no resto de España. Cando había conflictos entre cristiáns e xudeus, as autoridades impartían xustiza sen mirar a que crenza relixiosa pertencían'.Roberto González Rouco fai así mesmo un breve percorrido pola historia deste pobo, dende a súa entrada na Península na época do Rei David, o tempo dos romanos, suevos e visigodos, a época árabe, a inquisición... ata a loucura nazi e os tempos modernos. Esta obra Xudeus e conversos galegos. Notas para unha historia pendente recolle tamén outros aspectos históricos de relevancia como a participación dos xudeus nas revoltas irmandiñas a favor do pobo contra a nobreza, ou a súa intervención na redacción das Cantigas de Afonso X.• Título: Xudeus e conversos galegos• Subtítulo: Notas para unha historia pendente• Autor: Roberto González Rouco• Idioma: Galego• Data 1ª edición: Outubro de 2008• PVP: 17 euros• ISBN: 978-84-89323-23-0• Páxinas: 146• Medidas: 13x23 cms• Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas• Colección: Oeste [divulgación&ensaio]Presentación do libro -->PREZO: 17,00 €
Edita:
Alvarellos Editora
Roberto González Rouco naceu en lugo en 1957. É licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro Galicia na encrucillada (1994), esta é a súa segunda obra.

martes, octubre 14, 2008

A voda xudea (Radio Cos)


O grupo galego Radio Cos interpretando un tema do legado sefardí. A voda xudea.