Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

domingo, enero 27, 2008

Vergonzosa actitude do BNG


O BNG IMPIDE QUE O PARLAMENTO CONDENE O NAZISMO E HONRE A MEMORIA DAS VITIMAS

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vítimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras “xudeo”, coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Vigo, 27 de Xaneiro de 2008

miércoles, enero 16, 2008

Tui reclama o seu pasado xudeu coincidindo coa publicación dun libro


Tui reclama o seu pasado xudeu coincidindo coa publicación dun libro Tui reclama o seu pasado xudeu coincidindo coa publicación dun libro A publicación do libro “Xudeus e conversos en Tui” de Suso Vila Pérez está a servir para reclamar o pasado xudeu desta vila, que segundo o autor podería ser mesmo máis importante que o de Ribadavia. Vila Pérez apunta que existe unha ampla documentación sobre a presenza xudía, que se prolongou entro o século XII e o XVII dentro dos muros da vila. Na súa obra, o investigador indica a localización de diferentes casas e construcións desta comunidade, e recolle a existencia de hebreos e de conversos relevantes na historia de Tui.