Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

domingo, julio 24, 2011

Sobre xudeus tudenses



Suso Vila. Historiador


A importancia da comunidade xudea de Tui reflíctese nunha documentación bastante completa da convivencia, expulsión e conversión dos xudeos tudenses e duns restos materiais que se manifestan en diferentes puntos da cidade. Un dos aspectos, entre outros, que diferencian a comunidade hebrea tudense das do resto de Galicia é a existencia de carnicería propia, tal e como sinala Gloria de Antonio Rubio (Los judíos en Galicia 1044-1492, F. Barrié de la Maza, 2006). Outro aspecto moi importante, engadiríamos, sería o do xudeo Davi, aliofareiro, un prateiro que se especializa en perlas (aljófar), o único que se rexistra en Galicia e que acompaña aos que aparecen na documentación doutras xuderías castellanas (F. Cantera, "La judería de Burgos", Sefarad, XII, p. 75; Fidel Fita Colomé, "La judería de Segovia. Documentos inéditos", http://www.cervantesvirtual.com). Isto non é casual, nos fala do comercio tudense, da importancia da cidade como para que radicasen nela especialistas destas características que traballaban por suposto para un mercado rexional, non simplemente local. Son estos datos os que fan de Tui unha cidade medieval notable no noroeste da Península Ibérica. O cronista oficial da cidade, nun alarde de acientificidade, ignora a etimoloxía da palabra "aliofareiro" (Diccionario crítico etimológico de la lengua castellana de J. Corominas) e se burla dos filólogos nunha clara manifestación do abandono do razonamento científico e nunha aproximación máis que lamentable a conxeturas fantasiosas que tentan infravalorar a importancia de Tui e da súa historia tal e como xa ten feito anteriormente. As obsesións do cronista oficial da cidade o leva a entrar en contradiccións, a perderse en divagacións esotéricas froito da mala praxis que ten feito do seu cargo, facendo críticas destructivas que levan ao descrédito da institución e de si mesmo. Recurrir a argumentos infantiles, como expresión dunha pataleta parvularia, non aporta cousa algunha ao debate e o perde nunha marea de verbas sen sentido
.

martes, julio 05, 2011

Tafona da Herminia (Visita guiada)



Desde o 30/06/2011 ao 31/12/2011. de 10.00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h.

Trav. Porta Nova de Arriba, 2

Ribadavia

Gratuíto

Para máis información:
Herminia
Trav. Porta Nova de Arriba, 2
32400- Ribadavia
OURENSE
Tlf: 988 47 10 04
Descripción do evento

Neste forno, Herminia fai doces típicos hebreos según a receita tradicional: kijelejdemon (masitas de semente de mapoula), ma´amul ( dátiles e auga de rosas), mostachudos (doce elaborado con noces, azúcre e cravo)... algúns dos ingredientes chegan importados directamente desde Israel.