
Recentemente reaberto na A Coruña, o único restaurante xudeu de Galicia. Cóntovos a crónica que un bo amigo fixo da súa reconfortante visita.
"A semana pasada achegueime á hora do xantar e probei o único establecemento de comidas kosher. No local funcionaba antes outro restaurante, polo que o ambiente transmite esa sensación de transición, no que algunhas cousas semellan herdadas da anterior decoración, e os novos propietarios, por falta de tempo ou investimento, aínda non lle cambiaron por completo o estilo. En todo caso, é amplo e moi agradable, e dá a impresión de ter unha boa acústica, algo que, por desgraza, non acontece en moitos sitios. A carta está composta ábrese coas entradas -cinco ou seis propostas, entre as que se atopan hummus- e falafel e unha mezze, ampla selección de entrantes, que foi pola que me decidín. Antes dos primeiros pratos tamén hai unha breve relación de sopas -a bortsch entre elas- e outras moitas ensaladas. Logo veñen pratos de pasta -con lasaña vexetal-, peixe -bacallao con pasas- e carnes: entrecot, adafina -unha especie de cocido que tradicionalmente se toma á cea-, orisa -un guiso de cebada con tenreira e boniato- e "La tentación de Esaú": lentellas con verduras e pequenas albóndegas especiadas. Todas as preparacións respectan os preceptos kosher. A mezze incluía hummus, croquetas, crema de berenxena, empanada de bonito, falafel, chourizo -de tenreira ollo- picante e doce, morcilla, pastrami -cociñado e frío-, ovos haminados -cocidos durante doce horas ate que a clara toma unha cor marmórea-, encurtidos e, como introducción, un chupito de iogur con pepino. A variedade fai deste prato unha proposta moi atractiva, na que, loxicamente, un ten os seus favoritos. No meu caso, as croquetas e o hummus. Despois tomamos orisa e "La tentación de Esaú". Na orisa, a carne estaba tenra pero sen desfacerse e o boniato tiña unha dozura exquisita; As lentellas estaban moi reconfortantes, como é apropiado, e as pequenas albóndegas combinaban ben co prato. Coa comida tomei dúas copas de viño Rioxa kosher, e de sobremesa outra combinación: fudge de chocolate, baklava -pastel de froitos secos- e haroset -unha pasta tamén de froitos secos con chocolate; porcións que se acompañan dun licor doce e moi suave".
Hai menú do día por 12 euros e un menú infantil por 7.50. Sefardí 515 está na rúa Alfredo Vicenti da A Coruña, no estremo máis próximo ao Estadio de Riazor. Unha cita imprescindible nas visitas a Coruña.