Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

martes, abril 10, 2007

Os apelidos de orixe xudea en Galicia.

Non é doado saber con precisión o fixamento de familias xudeas na Galiza, ainda que hai referéncias deles no século IV en vilas con movimentos comerciais: A Coruña, Lugo, Chaves, Tui, Ourense, Iria Flavia, Quiroga. A partires do século XI empezan abundar datos en vilas do camiño de Santiago: Allariz, Monforte, Rivadavia...sendo durante o século XII e XIII onde se produce un medre importante da povoación sefardí na Galiza. Outros lugares con fonda presenza xudea foron Ribadeo, Viveiro, Celanova, Vigo, A Guarda, Pontevedra...máis os estudos recentes realizados pola historiadora Gloria de Antonio Rubio, na sua tese “Comunidades judías gallegas, siglos XI al XV”, destaca que houbo comunidades xudias en todo o território galego. A finais do século XV e comezos do XVI, produce-se a conversión da meirande parte deles en cristiáns, os chamados cristiáns novos. O resto decide acatar a expulsión decretada polos Reis Católicos ao non aceptar a relixión que se lles queria impoñer. Uns emigraron, via Portugal, a Franza, Paises Baixos, Inglaterra, Alemaña... outros fara-no a Marrocos, Exipto, Turquia e incluso a Palestina:
Segundo o historiador Felipe Aira Pardo, historiador i experto na Xudaría de Monforte de Lemos: “Os conversos soian poñerse apelidos de nova factura para non amolar aos cristiáns vellos”. Entre os apelidos probabeis de orixe sefardí, nomean-se: Gaibor, Céspedes, Oliveira, Freixo, Pérez, Azor, Gavilán, Trigo, Centeno, Coello, Falcón, Cordeiro, Piñeiro, Raposo, Teixeiro, Pereira, Pomar, Tella, Franco, Horta / Orta, Pacio, Ocampo, Carballeira, Carballo, Cerdeira, Xesteira, Xestoso, Gato, Pita, Castiñeiro, Castiñeira, Carneiro, Palomo, Pombo, Carrizo, Xato, Lemos, etc... Máis haberia que matizar isto, dado que moitos destes apelidos adoptados por familias xudeas xa existian e eran empregados por cristiáns vellos. Por exemplo, non podemos dicer que os Freixos sexan de ascendéncia sefardita senon que pode haber unha galla deste apelido que teña a devandita orixe. Entre as profesións máis salientábeis están as comerciais, xoieiros, prateiros...e como non a mediciña, destacando aos irmáns Guadalupe, de Castro Caldelas, e a Francisco Sánchez, de Tui. No Hospital de Santiago atopamos un feixe de médicos xudeosconversos nos que podemos citar os apelidos: Andrey, Varela de Montes, Teijeiro, Freire, Novoa Santos, Rodríguez Cadarso, etc. Entre a nobreza galega, unha boa parte ten sangue xudeo, podemos falar dos Fonseca, Alvarado, Cordoso (Cardoso?), Pardo, Correa, Guzmane (Guzmán?), Sotomayor, etc. Entre os apelidos que sinala o historiador Felipe Aira en Monforte, atopamos: Coronel, Pereira, Céspedes, León, Lucena, Fonseca, Paz, Guadalupe, Mezquita, Oliveira / Olibeira / Olibera, Ávila, Núñez de Freytas / Freitas, Feijoo, Alvarez, Carneiro, Falcón, Trigo, Centeno, Carrizo, Xato, Lemos, etc. Lalo Vazquez Gil, en "Retrincos da historia de Vigo", comenta que en Vigo e en Galiza hai apelidos que poideran ter algunha das suas galla de orixe xudea, entre os que atoparian: Coello, Falcón, Prado, Trigo, Cordeiro, Piñeiro, Raposo, Teixeiro, Pereira, Pedreiro, Manzano, Pomar, Pumar, Pumariño, Tella, Huerta / Horta, Pacio, Ocampo, Carballeira, Carballo, Cerdeira, Freixo, Funes, Xesteira, Xestoso, Paxaro, Gato, Pita, Castiñeiro, Carneiro, Palomo, Pombal, Carrizo, Xato, Lugo, Luaces, Chao, Rio, Fonte, Montaña, Penedo e Roca.

No hay comentarios: