









A Asociación Galega de Amizade con Israel organiza para o vindeiro mes de novembro a súa terceira viaxe a Israel. Para ter máis información podes porte en contacto no sitio www.amizadeconisrael.org













Os amigos de AGAI - Asociación Galega de Amizade con Israel organizan unha expectacular viaxe a Israel no próximo mes de novembro. Para máis información pincha aquí
A dama que ía no branco cabalo

De Carlos Casares*
Texto incluído no seu libro "Os escuros soños de Clio" e publicado en GALIZA-ISRAEL
Fala o P. Heitor Joaquim Arrais no seu Relatarlo crítico sobre supersticdes, Coimbra, 1723, da viaxe que realizou a Galicia poucos anos antes da data de aparición do libro citado, para coñecer en persoa a un xudeo pontevedrés chamado Xacobe, sobre o que escoitara, sempre de labios de xente aparentemente responsable e digna de creto, que nacera e vivira nos tempos de Cristo. Era, polo visto, tal a cantidade de datos fidedignos que ofrecía o interesado e tan curiosas as cousas que contaba, que aínda os seus máis escépticos interlocutores acababan por rendirse diante da contundencia duns argumentos que ao parecer facían evidente o que dicía, por máis que a razón se negara a acéptalo de bo grado. Foi entón Arrais de Coimbra a Pontevedra para comprobar a falacia de canto escoitara, pondo especial coidado no segredo e na intención da súa viaxe a fin de evitar que o tal Xacobe se puidera enteirar dalgún xeitu, pois xulgaba moi importante para o éxito do seu propósito que o encontro tivera lugar sen previo aviso e por sorpresa.
Chegou o sabio bieito portugués a Pontevedra nos días amargos do despiadado ataque dos. ingleses do brigadeiro Ormond, coa cidade aínda media destripada e a xente acontecida polo feroz comportamento daqueles salvaxes extranxeiros. Preguntando, chegou ao Grande dos Alfaiates, onde vivía o xudeo referido, e alí mesmo deu, sentado nun pequeno banco de madeira á porta da casa, co cobizado home que buscaba. Observouno ben antes de dirixirlle a palabra e achou que era o xudeo Xacobe persoa miúda e de poucas carnes, case que amarelo de cor, pequeno, calvo e desdentado. Preguntoulle despois Frei Heitor pola súa gracia e non tivo resposta. Descabalgou entón para achegarse a el e ver de iniciar conversa, pero pese á arte e á paciencia con que procedeu, non conseguiu facerlle abrir a boca para nada. Insistiu un pouco máis, sen traspasar en ningún intre os límites da educación e da prudencia, pero o velliño ergueuse con xesto canso, recolleu o banco onde se sentaba e entrou na casa pechando amante e delicado a porta detrás de si. En vista da negativa, pensou Arrais na conveniencia de cambiar de táctica e acordoumeditar con tempo o camiño a seguir. Buscou, pousada no convento de San Francisco, onde o acolleron con agrado, falou eos frades animadamente do seu país e da nova ciencia, pero senexplicarlles a razón da súa viaxe, fixo as oracións canónicas do día e retirouse logo a descansar. Antes de caer no soño, matinou serenonos pasos que debía dar para conseguir entrevistarse con Xacobe, e despois quedou durmido. Ao día seguinte, unha vez cumpridas asobrigacións do seu estado e sen perda de tempo,saíu á procura do xudeo, ao que volveu atoparsentado á porta da casa, na mesma actitudetranquila e mansa do día anterior. Foise achegando a el o frade, sen lograr que o mirara, ecando se encontraba a menos de dous metros,ergueuse novamente o vello, colleu o banquiñode madeira e meteuse outra vez dentro. Entónsoubo xa o P. Heitor que Xacobe non falaría con el por moito que o intentar
a, pero aínda así, como para confírmalo ou probar por última vez a sorte, andou ata a porta e petou lixeiramente. Como esperaba, non recibiu resposta algunha. Voltou logo o padre portugués para o convento e decidiu confiarlle o seu propósito e o amargor do seu fracaso a un frade irmán. Respondeulle este que coñecía ben a Xacobe e que podía estar seguro de que non conseguiría arrincarlle unha soa palabra, pois había xa tempo que andaba escarmentado. Oitenta anos atrás, en Hamburgo, sometérano a tortura por dicir que el non era outro que Cartáfilo, agora bautizado Xacobe, aquel porteiro da casa de Pilatos que arrempuxara a Cristo camiño da rúa para que saíra pronto ao seu suplicio e que quedara por esto condenado a agardar a volta de El Señor ata o fin do mundo. En Londres fora acantazado polo mesmo. En Roma solicitara ser recibido polo papa dos cristiáns e non gañara senón dúas fortes pancadas no pescozo por parte dun cura grande e lambón que lle chamou impostor e falsario. En París queimárano en 1314 e, anque non morreu, saíu todo chamoscadiño do percance e con tantas dores que por primeira vez na súa vida buscou logo a imposible morte tirándose ao río. En Pontevedra tivo algúns problemas eos frades de Santo Domingo, que o investigaron e lle quixeron facer confesar que era un tramposo e un mentirán, de resultas do cal saíu medio coxo dunha perna. Desde entón, Xacobe enmudeceu para todo o mundo, incluso para os amigos máis achegados, aos que se dirixía soamente por señas. Pese a eso, o cariño dos veciños non sufriu unha miga e contaba co respeto e o mimo de todos eles. Por outra parte, o seu comportamento foi sempre exemplar e xeneroso. Cando o estropicio dos ingleses, deu mostras de gran valor e sentimentos nobres. No incendio das casas, meteuse entre o lume para salvar cousas, animais e xente, e na ponte do Burgo fixo frente el só a un batallón inglés da Santa Alianza, os soldados do cal fuxiron aterrorizados ao ver que despois de ser atravesado por máis de cen espadas que lle entraron por tódalas partes do corpo e despois de ser arcabuceado outras tantas veces, seguía vivo desafiando ao inimigo coa súa simple presencia. Escoitou Freí Heitor o relato do seu compañeiro con certo irónico escepticismo, que este último, alma simple e sinxela, non chegou a advertir. Inquiriu a continuación o visitante se non podería contar coa súa apreciada mediación para conseguir unha entrevista con Xacobe, e respondeulle o frade galego que non, que prefería non exercer violencia moral sobre un home tan delicado e ao mesmo tempo tan firme como aquel. Pensou entón o portugués de que xeito tería que obrar para descubrir as falsedades daquel refinado farsante e despois de moito discorrer, xa cun proxecto concreto na cabeza, dirixiuse ao chou á procura do que buscaba. Custoulle dar cun desalmado que se prestara ao ruin experimento, pero atopou por fin a un bergallán sen escrúpulos e bastante animal, acertadamente alcumado Bicho polos veciños, e puxo en marcha o seu revirado plan. Aquila mesma noite, o tal Bicho puido entrar, polo segredo e con arte, na casa do xudeo cando este estaba durmido, achegouse ao zorro á súa cama, apalpou as escuras o breve corpo baixo a manta e cando soubo que o tiña a tiro seguro, empezou a subir e baixar o descomunal coitelo con furia, ata que lle meteo máis de trinta puñaladas. Ao día seguinte foi Freí Heitor ao Grande dos Alfaiates para ver os resultados e non sen sorpresa atopou a Xacobe sentadiño no seu banco, silencioso e triste como sempre, sen sinal exterior de ter sufrido violencia. Cando o xudeo presentiu a non querida presencia do frade forasteiro, ergueuse e meteuse novamente dentro da casa. Sen emoción especial algunha, anque con certa curiosidade, voltou Frei Heitor ao convento, fixo correr un par de recados e logo agardou tranquilamente. Aquela noite volveron apuñalar a Xacobe, que ao día seguinte xa estaba outra vez sentado no banquiño. Trataron despois de afogalo con cabezais e con mantas, pero co mesmo terco resultado. E outro tanto ocorreu cando lle prenderon lume no xergón mentres durmía, cando lle deixaron caer unha enorme pedra enriba da cabeza desde un cabalo que pasaba, cando lle envenenaron a auga e cando lle meteron un espantoso alacrán negro dentro dun zapato. Invariablemente, cada mañá aparecía o vello sentado no seu sitio, unha miga desmellorado e aínda máis triste, doente e descolorido, con estampa de estar sufrindo de forma sobrehumana. Unha tarde, cismando en calquera cousa mala, pasou polo Grande dos Alfaiates o frade portugués, observou con atención a Xacobe, que se ergueu naquel intre, colleu o banco con grande esforzó e encamiñou os pasos cara á porta. O día estaba claro e notábase na rúa un gran rebuldicio, moitas voces e berros de ledicia, xogar de nenos e movemento de mercado. Ninguén viu, a non ser Freí Heitor, que dos ollos do velliño babeaban un par de bágoas redondas correndo despaciosas e lentas polas enrugadas meixelas abaixo. Había xa tres longas noites que Xacobe lle viña pedindo a Deus unha morte reparadora, tan canso estaba xa de padecer e de sufrir. Apareceulle por fin Cristo crucificado para dicirlle que comprendía a súa desesperación, soamente xustificable pola enormidade daquel vello pecado cometido, pero que desgraciadamente para el e para moitos que o querían, a morte non lle chegaría ata o día do Xuízo Final. Aceptou Xacobe resignado a divina vontade, pero quixo mostrar os centos de cicatrices que ao longo dos séculos lle foran castigando cada pulgada da peí do seu corpo, facendo especial insistencia nas derradeiras. Apiadouse entón El Señor diante de tantos e tan longos sufrimentos e tremendo de indignación e de cólera díxolle que aquela mesma noite ía precipitar por fin os astros sobre a Terra e que deste xeito recibirían castigo tódolos culpables ao paso que remataba dunha vez para sempre aquel o seu terrible padecer. Cando ao día seguinte, camiño xa de Portugal, pasou Freí Heitor Joaquim Arrais derrotado polo Grande dos Alfaiates, ignoraba aínda que se os seus duros ollos podían contemplar a fermosura transparente do aire da limpa mañá que se estreaba, debíallo á paciencia e á bondade daquel velliño pequeño e seco que xusto naquel intre se estaba erguendo para entrar na casa co seu banquiño na man.
Tirado do libro OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO
De Álvaro CunqueiroNon me estrañou ler en erudita nota que o astrólogo Guido Bonnatti asegura que o Xudeu Errante -Ahasvero, Catófilo ou Buttadeo, que tal é o seu aderezo onomástico- visitara Compostela como peregrino no ano de 1267. Hai un verso que vén en Mistral, pero que me cheira a xentileza de barqueiro provenzal, que di que “baixo a ponte de Aviñón todo o mundo pasou”. Compostela, das súas abertas portas, igual podía dicir. Por que non ía vir a Compostela unha parte tan esencial e significativa da humanidade pecadora coma o Xudeu Errante? Se é verdade o que Ernesto Helio -ese gran escritor sobre o que foi derramado o escuro licor do esquecemento- asegura, que onde o Xudeu Errante pasou a noite fica setenta veces sete anos o doloroso amargor da súa sombra, non andará aínda, vagabunda, pola enorme pedra compostelá, fría “como unha espada mergullada en negra auga”, a sombra alongada de Cartófilo? E digo alongada porque Boemehe, un cóengo de Bruxas, paseando a beira daquelas canles por onde tamén o noso Luís Vives paseou, cantando, ao que era moi afecto, con aquela voceciña desagradable que tiña; digo que paseando o cóengo viu pasar a Ahasvero, e a súa sombra, sobre as mangas augas da amarela canle, alongábase extrañadamente, vermella e movediza. Recentemente non hai noticias de que fora visto. Viuno Werner en Roma? É posible. Cóntase que pousou a súa man sobre un libro que Werner lía, e como brasa, aquela man pecadora, queimouno. Werner conservou, ate os seus últimos días de Salzburgo, o libro sinalado. (Sempre me gustou imaxinar a Werner, e a frei Vernero, no convento franciscano de Salzburgo, onde medran as roseiras do milagre e o reiseñor aniña nas maceiras. Non hai un momento en Werner, como no pobre Enrique von Kleist, no que sobre a súa sombra aterrada e fuxitiva se pousa a sombra terrible de Bottadev?)... Cóntase que Napoleón topouno en Soissons cando os Cen Días, pero parece contradicilo o testemuño de Dumas pai, neno. Relátao Lenotre. Chegou a Soissons a carruaxe imperial e Dumas, curioso, atendía na posta ao cambio de tiro. O Emperador descorreu a cortiniña e preguntou:
-Onde estamos?
-En Soissons, sire.
-A cantas leguas de París?
-A quince, sire.
-A cantas deLyon?
-A oito, sire.
E cambiando o tiro, seguiu a viaxe. Unhas semanas máis tarde Napoleón regresaba a París, e en Soissons, tamén ante Dumas neno, fixo as mesmas preguntas. Entre viaxe e viaxe, Waterloo. Viu a batalla Fabrizio do Dongo, unha personaxe de Stendhal. Pero en Soissons, Napoleón non falou con Ahasvero.
Ía agochado no fondo da carruaxe, contando os Cen Días coma cen pérolas vermellas, derramadas desde as súas mans sobre o eterno campo das batallas... Finalmente, Raissa Maritain conta que León Bloy recibiu unha carta na que se lle aseguraba que tal día de tal mes de tal ano, o Xudeu Errante estaría en Lyon, nunha ponte sobre o Ródano. Bloy viña de publicar “A salvación polos xudeus”, e tomou a carta como misteriosa sinal. Pero, o esmoleiro ingrato non tiña diñeiro para ir a Lyon.
Gustaríame preguntar ás compostelás pedras se as acariñou a sombra xigantesca e sen par do Xudeu Errante. Cal queimou o libro de Werner, non deixaría nalgunha pedra de Santiago o sinal do lume irremisible? Desde agora que sei que Ahasvero estivo peregrino en Compostela, sempre que vaia á cidade, terei abertos os ollos, e espreitarei máis aló de onde a luz se humílla na sombra, por se unha sombra máis profunda arde, fuxitiva, nun recuncho.