Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

viernes, diciembre 09, 2005

A xudaría de Monforte de Lemos



AVila Monforte na rede de juderías Camiños de Safarad. O actual alcalde de Monforte, D. Nazario Pin Fernandez, considerou como unha das mecas a acadar o pertencer á rede de juderías Camiños de Safarad. Foron anos de traballo intenso a nivel de estudos históricos de investigación, de xestións perante autoridades políticas e culturais do mundo israelí e dunha intensa comunicación coa presidencia e secretaría permanente da Rede. O traballo histórico que avalou o noso ingreso na rede e que confirmou a tradición que existe de que Monforte había sido un punto importante dentro de Galicia no cal albergáronse familias hebreas deu varios resultados positivos: Logrouse delimitar documentalmente as rúas de ámbito judio, é dicir, aquelas vias medievais monfortinas nas que segundo os datos recompilados viviron conxuntamente hebreos e cristiáns, e coñecer o lugar onde situouse a sinagoga.
A tradición local dicía que a xudaría se delimitaba á actual rúa denominada Abelardo Baanante, coñecida popularmente como A Calexa. Sen embargo hoxe podemos afirmar que tanto esta via como a Falagueira, A Rúa Vella, A Zapatería (hoxe coñecida como Travesía da Carcel Vella), a Praza do Açougue (Praza da Peixaría), a Rúa dos Ferreiros (hoxe parte da Praza de España), foron residencia de familias hebreas ata a expulsión de 1492. Tamén mencionar dentro dos restos físicos, a Casa da Familia dos Gaibores (a familia máis importante feixón e logo de conversos que viviron na cidade do Cabe), os restos da antigua ubicación da sinagoga, a lápida de marmol da capela que os Gaibores poseian no desaparecido convento de San Antonio, etc. Monforte foi ademais un salientado punto de referencia para os judeo-convesos durante os últimos anos do século XV e séculos XVI e XVII, procesando a Inquisición a un número moi importante destes convesos residentes en Monforte, tal e como comprobamos na Sección da Inquisición cuxa documentación consérvase en Madrid. Un claro exemplo da cantidade de judios conversos que viviron en Monforte é, por exemplo, a relación ata a data inedita que existe de familias sefardies que viven na actualidade, sobre todo en Centroeuropa e América, que aínda conservan o apelido Lemos a partir do sigol XVI, cando saíron da nosa vila, pasando de pais a fillos ata a actualidade. Lendas, refráns, etc, mencionaban este pasado conxunto.
Tras este estudo realizado polo investigador local D. Felipe Aira Pardo, sabemos que algunha lenda como "O Cristo dos Azoutes" ou "O Cristo da Coada" forman parte da historia local. Algún refrán como o que se cantaba no veciño municipio de Sarria dicía: Monforte de LemosMonforte dous deamoscincocentos veciñostrescentos ladronsou resto xudios. Ao longo destes últimos anos unha actividade máis que realizamos en prol de ingresar en Camiños de Sefarad, e ao mesmo tempo de estreitar lazos entre os dous pobos é a visita á nosa cidade de personaxes influentes do mundo sefardí, como poden ser o Embaixador de Israel en España, do Agregado Cultural e Económico desta Embaixada, o Presidente da Comisión Cultural das Comunidades Sefardies no mundo, o Vicepresidente da Autoridade Nacional de Ladino, o Presidente da Asociación de Xenealoxía Feixón de Marsella, de París, etc. D. Felipe Aira, Historiador do Concello de Monforte de Lemos.

No hay comentarios: