Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

domingo, enero 01, 2006

O barrio xudeo de Ribadavia (séculos XII-XVI)


Segundo a tradición os primeiros xudeos instaláronse en Ribadavia no século XI, cando o o rei Don García escolleu Ribadavia como capital do Reino de Galicia no ano 1063. Moitos xudios atopáronse encargados da xestión dos asuntos financeiros do Reino e posteriormente do señorío e condado de Ribadavia. Cando os Reis católicos promulgaron a vergonzante orde de expulsión dos xudios en 1492, uns fuxiron mais moitos se converteron. A comunidade xudía contribuíu de forma decisiva á prosperidade económica da rexión (sobre todo entre os séculos XIV e XVI). Os xudios especializáronse no comercio do viño e na administración de bens e rendas. Na vila de Ribadavia, a comunidade xudia vivía no area situada entre a Porta Nova da muralla e a laza da Magdalena. Nesta praza tópase unha casa blasonada que foi a Sinagoga de Ribadavia, a cal logo de 1492 pasou a mans dos dominicos que logo a venderon, pertencendo no século XVI ás familias representadas polos escudos da fachada.

No hay comentarios: