Luis Seoane no Banco Israelita de Bos Aires.
"O libro de Ruth"
Ubicado na mítica e gardeliana Avenida Corrientes 2510, no antigo Banco Israelita do Río de la Plata. Agora no seu lugar hai unha galería-rúa peonal. Foi realizado por Luis Seoane no ano 1953 empregando pizarra e gres. Desgrazadamente o mural xa non existe, ao igual que o edificio onde ficaba. Non hai nin rastro nin datos do mural, nin se foi conservado após o derrube do edificio do Banco Israelita. Unha verdadeira magoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario