Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

domingo, febrero 26, 2006

Ribadavia no Camiño de Sefarad


En xeral, a xudería de Ribadavia conservase en bo estado, ainda cos inevitables engadidos que os sucesivos propietarios foron incorporando ás súas casas a través do tempo. Todavía vense longas e estreitas rúas que manteñen todo o seu sabor medieval. E recunchos de rúas e prazas así como patios arrodeados de fachadas polos que non parece ter pasado o tempo.

O centro do Barrio Xudeu o constitue a praza da Magdalena, asi chamada porque nela hai unha Igrexa dedicada a esta santa. Alí atópase a edificación que albergou o corpo principal da Sinagoga (antes ocupaba toda a fachada oeste da praza), dirixida cara o S. XII ao XIII, e que mantívose na súa estrutura orixinal ate principios do presente século, en que foi modificada a partir do primeiro andar.

A Sinagoga non só era casa de oración, xa que no complexo de edificacións que compuñan o seu entorno realizábanse moitas das actividades sociaies da comunidade, ademáis das de tipo ritual.

O barrio xudeu de Ribadavia, declarado Monumento Nacional, conserva multitude de vivendas con adegas que no seu día foron utilizadas para a elaboración de viño, ou como obradoiros artesanaies. Os voladizos existentes e as fachadas conforman un aspecto moi peculiar das vivendas. Así, dos balcóns sobresaen uns salientes que danlles un aspecto moi peculiar e tal vez típico das casas xudías, que se completaba coa colocación nas portas enlosadas de pedras a xeito de plataforma, elevada uns centímetros encol o nível do chan para evitar que entrase o auga nos locaies e así poder tirar maior rendemiento laboral.

Polo seu esplendoroso pasado xudeu Ribadavia forma parte (xunto con outras sete cidades de España) da "
RUTA DAS XUDERIAS", coñecida como "CAMIÑOS DE SEFARAD".