Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

miércoles, junio 20, 2007

Manifestación contra as ameazas de Irán a Israel



Irán debe ter unha resposta contundente. Non é admisible a súa actitude xenocida.

"Shalom", 500 anos despois


«Shalom», 500 anos despois


O primeiro de maio do ano 1492, os Reis Católicos promulgaban o edito de expulsión dos xudíos do reino de Castilla. Tiveron que pasar máis de 500 anos -ate o 15 de Sivan do 5767, según o calendario hebreo, o que equivale ao pasado 1 de xuño- para que unha comunidade xudía volva a conformarse en Galicia de modo oficial. Trátase da Javurá Ner Tamid, ubicada na A Coruña. «Javurá significa grupo de amigos, unha fraternidade. Alá onde a comunidade non era o suficientemente numerosa para formar unha sinagoga, comezaron a reunirse estos grupos, máis informais. O que non quita que nun futuro pretendamos crear unha sinagoga, para o que necesitaremos apoio das autoridades locais», explica Adiel Cangado, oficiante da javurá coruñesa. Definido polos seus máis cercanos como o que será o «primeiro rabino galego», Adiel, natural de Lalín, por agora é o Shaliaj Tzibur, experto na Torá, e encargado de dirixir as distintas ceremonias. «Non tiñamos onde ir -lembra Luisa Conde, vicepresidenta da comunidade-. As celebracións tiñan lugar en familia, en segredo. Non podíamos casarnos nin recibir sepultura según os nosos ritos, xa que a sinagoga máis cercana está en Oviedo. É maravilloso poder escoitar shalom, despois de tanto tempo». De feito, ate hai pouco non existía contacto entre os xudíos de Galicia. Internet permitiu que desde hai dous anos se celebren reunións na Coruña, onde son unhas 50 familias as que participan, en maior ou menor medida, e calculan que en Galicia pode haber 300 xudíos. Según explica Ramón de Oliveira, presidente da comunidade, o obxectivo de ésta e duplo: «Queremos que sirva aos xudíos galegos, pero tamén ao resto da comunidade. Que sexa un referente a nível social e cultural. Hai que manter as portas abertas; o descoñecemento crea pantasmas e prexuizos». Incluso se atreve a vaticinar un aumento do turismo: «Un xudío se informa antes de visitar unha cidade de se ésta ten sinagoga». «Nunca nos hemos ido. Aquí sempre houbo unha arraigada tradición xudía», asegura Ramón de Oliveira. Esta afirmación ven avalada por documentos como a Biblia Kennicott, o manuscrito relixioso medieval máis relevante de Galicia, tamén coñecido como a Biblia de A Coruña e cuxo orixinal se encontra en Oxford; ou os asentamentos de Ourense, Ribadavia ou Tui.

http://www.nertamid.blogspot.com/

LA VOZ DE GALICIA

20 DE xUÑO DE 2006