Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

miércoles, diciembre 31, 2008

Os habitantes das cidades


A nosa historia da editorial A Nosa Terra. Capítulo 9. "Os habitantes das cidades".

miércoles, noviembre 19, 2008

Galicia con Sderot

Nunha fantástica iniciativa, a Asociación Galega de Amizade con Israel - AGAI ven de trasladar in situ a súa solidariedade e seguro que tamén a de moitos galegos co pobo israelí de Sderot vítima do terror islamista indiscriminado de grupos palestinos. Máis información e fotografías na propia web de AGAI

domingo, octubre 19, 2008

Xudeus e conversos galegos


XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Notas para unha historia pendente
Roberto González Rouco
Xudeus e conversos atoparon en Galicia un territorio tolerante onde puideron convivir sen confrontacións. Esta é a principal tese do libro, unha aproximación didáctica á historia do pobo xudeu e a súa presencia no noso país. O autor afirma que é constante a arribada de xudeus a Galicia dende as matanzas de 1391 e 1414, datas nas que principiou un anti-xudaísmo feroz en Andalucía, Estremadura ou Castela, o que obrigou aos xudeus e máis tarde aos conversos, a se refuxiar en Galicia e Portugal. 'Xudeus e conversos estaban introducidos na sociedade galega e compartían negocios, xogaban nenos cristiáns con nenos xudeus, eran membros dos concellos e tiñan oficios non permitidos aos xudeus no resto de España. Cando había conflictos entre cristiáns e xudeus, as autoridades impartían xustiza sen mirar a que crenza relixiosa pertencían'.Roberto González Rouco fai así mesmo un breve percorrido pola historia deste pobo, dende a súa entrada na Península na época do Rei David, o tempo dos romanos, suevos e visigodos, a época árabe, a inquisición... ata a loucura nazi e os tempos modernos. Esta obra Xudeus e conversos galegos. Notas para unha historia pendente recolle tamén outros aspectos históricos de relevancia como a participación dos xudeus nas revoltas irmandiñas a favor do pobo contra a nobreza, ou a súa intervención na redacción das Cantigas de Afonso X.• Título: Xudeus e conversos galegos• Subtítulo: Notas para unha historia pendente• Autor: Roberto González Rouco• Idioma: Galego• Data 1ª edición: Outubro de 2008• PVP: 17 euros• ISBN: 978-84-89323-23-0• Páxinas: 146• Medidas: 13x23 cms• Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas• Colección: Oeste [divulgación&ensaio]Presentación do libro -->PREZO: 17,00 €
Edita:
Alvarellos Editora
Roberto González Rouco naceu en lugo en 1957. É licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro Galicia na encrucillada (1994), esta é a súa segunda obra.

martes, octubre 14, 2008

A voda xudea (Radio Cos)


O grupo galego Radio Cos interpretando un tema do legado sefardí. A voda xudea.

lunes, septiembre 08, 2008

Ribadavia pedirá a Israel a declaración de "Xustas entre Nacións" para as tres irmás

Tocado cunha kipá, Xulio Touza, xunto co concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, e o director xeral de Turismo da Xunta, Rubén C. Lois


EFE - 07.09.2008
Lola, Xulia e Amparo Touza formaron parte dunha rede clandestina que axudou a xudeus na súa fuxida dos nazis cara a Portugal
O Centro de Estudos Medievais de Ribadavia pedirá ao Estado de Israel a declaración de "Xustas entre as Nacións" para as irmás Lola, Xulia e Amparo Touza integrantes dunha rede clandestina que axudou a xudeus na súa fuxida dos nazis cara a Portugal. O presidente do Centro de Estudos Medievais, Xosé Luís Chao confirmou hoxe a Efe que cumprirá ese trámite tal como pediu hoxe a familia das 3 mulleres, formada actualmente polos tres netos de Lola Touza, a súa nora e varios sobriños, que asistiron á homenaxe que contou coa presenza da secretaria xeral da Rede de Xudarías de España, Asumpció Hosta. O acto permitiu recordar a Lola, Amparo e Xulia -falecidas entre os anos 1966 e 1983-, a dous taxistas e a un toneleiro protestante que fixo de intérprete nos anos 40. Durante o acto descubriuse unha modesta placa na súa casa, que foi casino, e colocáronse flores antes os seus nichos no cemiterio local. O neto de Lola, Xulio Touza, falou en nome da familia para agradecer a homenaxe e explicar a ausencia do presidente da Asemblea Sefadí Universal, Isaac Saboni, co que falou hoxe mesmo e que desistiu de asistir por un atraso no seu voo. Transmitiu, en nome de Saboni, que no ano do Talmud de 5768 (segundo o calendario xudeu) a xesta calada e heroica" das tres irmás. Touza leu varios textos alusivos á situación dos xudeus baixo o dominio nazi e do papel que xogou o escritor e libreiro Antón Patiño Regueiro por recuperar a historia no seu libro "Memorias de ferro".
Segundo Touza, Patiño Regueiro coñeceu o labor das tres irmás pola familia dun xudeu ao que axudaron e logo decidiu toparse con elas e reflectir a súa historia nun libro publicado en 2005, tres meses antes da morte do autor. O neto de Lola colocouse na cabeza un casquete litúrxico xudeu ou "kippah" para relatar a "progresiva desaparición" dos xudeus da sociedade nos últimos anos 30, dado que a estes prohibíuselles exercer calquera actividade profesional, participar no exército, criar pombas mensaxeiras ou entrar nas bibliotecas. "A xesta da miña avoa e as miñas tías vai moito máis alá do noso pobo e debe transcender fóra de Ribadavia", engadiu. Recordou que o Centro Peres pola Paz, creado en torno ao premio Nobel e presidente israelí Shimón Peres, plantou unha árbore nos montes de Xerusalén co nome de Lola, Xulia e Amparo hai tres meses, mostrou o diploma que o acredita, e aludiu ás 10.000 persoas que desde 1953 obtiveron o título de "Xustos entre as Nacións" polo seu labor de axuda aos xudeus.
O neto das mulleres homenaxeadas recordou que os requisitos para ese nomeamento son salvar a algún xudeu con risco e sen percibir nada a cambio, e expuxo a posibilidade de iniciar o trámite, ao que se comprometeu o presidente do Centro de Estudos Medievais. Pola súa banda, Asumpció Hosta dirixiuse ao centenar de persoas asistentes para dicirlles que hoxe "Ribadavia non está soa" senón que conta co apoio de 200.000 persoas de 30 países europeos integrados na Rede Sefardí que hoxe celebra o día da Cultura Xudía, conmemoración que comezou a celebrarse fai 9 anos. Declarou que o acto de Ribadavia é diferente aos demais, "marcará un antes e un despois, e darémolo a coñecer no resto de Europa para que outras cidades restauren a lexitimidade da historia coa memoria de persoas como as irmás Touza".
Pola súa banda, o secretario xeral de Turismo da Xunta, Rubén C. Lois, aludiu ao "orgullo" de ter en Ribadavia un referente tanto da tradición xudía e de tolerancia relixiosa que imperaron nos séculos XIV e XV, como para a súa vinculación posterior a través da rede clandestina de salvación.

A "lista de Schindler" das irmás Touza

Aurelio e Camilo Touza amosan a foto das súas tías ante a casa da praza de Ribadavia


As tres irmás participaron nunha rede clandestina que axudou aos xudeus a escapar dos nazis
Un artigo de Sabela Pinal para La Región
Coincidindo coa celebración o domingo da novena Xornada Europea da Cultura Xudía, Ribadavia rende homenaxe a tres irmás, veciñas da vila, que axudaron a escapar cara a Portugal a moitos europeos, entre eles xudeus, perseguidos polos nazis. A novena Xornada Europea da Cultura Xudía desenvolverá mañá domingo en Ribadavia un interesante programa de actividades, entre as que figura unha homenaxe ás irmás Lola, Xulia e Amparo Touza en recoñecemento do seu pobo natal polas vidas de moitos europeos que salvaron das garras do réxime nazi, entre elas a un bo número de xudeus. Mediante unha rede clandestina, os escapados chegaban a Ribadavia en tren e as irmás Touza conseguíanlles un refuxio seguro ata que os taxistas Xavier Míguez e Xosé Rocha trasladábanlles até Portugal. Os dous sobriños destas tres heroínas, Camilo e Aurelio Touza, residen en Ribadavia e conservan un entrañable recordo das súas tías. "Nós sabiamos que a casa dá Praza, a do noso avó, onde vivían, era un lugar de acollida e acórdome que cando eu era pequeno elas estiveron na cárcere, en torno ó ano 1940, aínda que non sabemos os motivos concretos, pero eran republicanas", sinala Aurelio Touza. O seu irmán Camilo apunta que elas nunca falaban das súas actividades clandestinas, de feito, "tiveron a un tío escondido na época de Franco durante catro anos, e foron moitas veces a buscalo pero nunca ou toparon e nin hoxe sabemos onde estivo". Ambos sobriños recordan a casa da praza como un lugar aberto para todo o mundo, onde acudían os pobres porque sabían que as propietarias eran persoas solidarias. "Lola tiña moito carácter, era moi respectada e a proba é que nunha ocasión levoulle unha nena para que a escondera a Afonso Vázquez, un veciño de Ribadavia que era franquista pero que sabía que a respectaba e que alí non a ían buscar". Son os recordos da nenez de Camilo e Aurelio Touza, que con todo, dada a discreción que mantiñan as súas tías, non se decataron até o ano 2005 da súa participación na fuga de numerosas persoas cara a Portugal. Foi a través do Centro de Estudos Medievais, que organiza esta homenaxe, como a familia e veciños de Ribadavia chegaron a saber da existencia dun libro sobre a Guerra Civil, titulado "Camiños de Ferro", do que é autor Antón Camiño. Un capítulo está dedicado precisamente á rede clandestina da que formaban parte as tres mulleres. Con todo, cando Camilo Touza tentou contactar co escritor, este falecera. "Sospeitamos que tiñan un contacto en Renfe e tamén contaban cun bispo Evanxélico chamado Ricardo Pérez, que exercía de tradutor coa xente que escondían", apuntou Camilo Touza. As irmás rexentaban un quiosco na mesma estación de Ribadavia no que vendían desde rosquillas a licores, e elas mesmas desprazábanse no tren vendendo os seus produtos até Ourense, segundo a información da que dispón o responsable do Centro de Estudos Medievais, Xosé Ramón Estévez. Lola, Amparo e Xulia non casaron e viviron xuntas na casa da praza de Ribadavia até a súa morte, en 1966, 1981 e 1983, respectivamente. Ademais de sobriños, xa que procedían dunha familia numerosa de sete irmáns, Lola Touza ten tres netos dun fillo que tivo de solteira. O domingo ás 11,30 darán comezo os actos de homenaxe en recoñecemento á coraxe destas tres veciñas de Ribadavia.

sábado, septiembre 06, 2008

Kadish por Lola, Amparo e Xulia. "As de Ribadavia".


Pedro Gómez-Valadés*

O vindeiro domingo e ao abeiro do Día Europeo da Cultura Xudía, celébrase na vila ourensá de Ribadavia un acto que a pesar da súa sinxeleza e inexplicable case anonimato, será sen dúbida un día moi especial para moitas galegas e galegos. O vindeiro domingo será o día de Lola, Amparo e Xulia, "As de Ribadavia". Tres pequenas grandes mulleres que nestes tempos confusos reconcíliannos con nós mesmos na nosa condición humana. Pequenas pola extrema sinxeleza e humildade coa que viviron e coa que foron auténticos anxos da garda de centos de seres humanos que fuxían da tolemia hitleriana. E grandes pola súa firme e valente militancia a prol da vida en tempos e lugares nos que a vida non era precisamente un ben intocable. Lola, Amparo e Xulia, salvaron da gadaña nazi a centos de xudeus que fuxían á desesperada da Europa, da nosa Europa, arrasada pola barbarie e o asasinato planificado e industrial. Na cultura xudea, na relixión mosaica, hai unhas oracións moi especiais, os Kadish, para recitar na lembranza e na homenaxe dos finados. Antón Patiño Regueiro no capítulo que no seu fermosísimo libro "Memoria de Ferro" dedica a Lola, Amparo e Xulia, compón de certo o mellor e maís fermoso Kadish que poideramos recitar na súa memoria. Con tristura non podo deixar de preguntarme que pensarían hoxe Lola, Amparo e Xulia da vergonzosa actitude do BNG ao negarse en xaneiro do ano que andamos, a subscribir no Parlamento de Galicia unha declaración institucional de Lembranza das Vítimas do Holocausto nazi. Que centos delas foran galegos republicanos non importou inexplicablemenmte ao BNG que preso da intolerancia propia do fundamentalismo de non sei que, vetou na casa común das galegas e galegos un texto de honra e lembranza. Un kadish que era tamén por Lola, Amparo e Xulia.
* Presidente de AGAI polo que expulsado hai uns meses do Bloque.

jueves, septiembre 04, 2008

Tui celebra esta fin de semana a “Xornada Europea da Cultura Xudea".


TUI CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA AS “XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDÍA”

Esta mañá tivo lugar a presentación do programa da “Xornadas europeas da cultura xudía” a celebrar nesta vindeira fin de semana en Tui; na rolda de prensa participaron o alcalde tudense, Antonio F. Fernández Rocha, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e a concelleira de turismo e medio ambiente, María José Rosada Silva.

Por vez primeira a cidade de Tui participará nas actividades que na primeira fin de semana de setembro se organizan baixo a denominación de “Xornada Europea da Cultura Xudía” e que acadan neste ano a súa novena edición. Estas actividades están organizadas en España pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, que agrupa a diversos municipios españoles que conservan testemuñas da presenza do xudeus na súa historia. O Concello de Tui está interesado en sumarse a esta agrupación de municipios e coma primeiro paso neste proceso promove a celebración desta xornada que abrangue dúas visitas guiadas ao longo desta vindeira fin de semana.

O principal obxectivo desta xornada, que se celebra en toda Europa nesta mesa data, é promover o coñecemento e o achegamento ao patrimonio xudeu que se conserva nas nosas cidades, o legado histórico de Sefarad e as xentes que o habitaban.

Para a cidade de Tui a celebración destas xornadas é un novo xeito de poñer en valor o noso conxunto patrimonial, que salienta non soio pola amplitude da súa superficie senón polos vestixios que agocha no seu interior, moitas veces incluso descoñecidos para os propios veciños de Tui.

O programa previsto é o seguinte:
Sábado, 6 de setembro de 2008 – 12,30 h.:
Visita “in situ” aos “sambenitos” do Museo Diocesano de Tui” a cargo de Jesús Casás Otero, director do Museo
Domingo, 7 de setembro de 2008 - 12,30 h.:
Visita guiada aos vestixios xudeos no conxunto histórico de Tui, a cargo de Suso Vila Botanes, historiador. Inicio da Porta da Pía.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración destas xornada sobre a cultura xudía patentiza nunha nova oportunidade o importante traballo que dende o Concello desenvólvese para a posta en valor do patrimonio cultural tudense e para a súa difusión. Cabería lembrar o programa de visitas didácticas para escolares celebrado na pasada primavera, ou a celebración das “Xornadas europeas de Patrimonio” que este ano terán lugar nos días 20 e 21 de setembro, logo do éxito acadado na edición do pasado ano.
De seguido a concelleira de turismo e medio ambiente, amáis de amosar a súa satisfacción pola celebración deste evento reclamou a colaboración do veciños da nosa cidade para a posta en valor do noso patrimonio, en concreto, insistiu en solicitar a colaboración veciñal para a súa limpeza, especialmente usando os contedores soterrados e non depositando o lixo noutros lugares ou colaborando na erradicación das pintadas denunciando aos seus autores.
Pola súa banda o Alcalde tudense alabou ambas iniciativas (a celebración das xornadas e petición de colaboración veciñal) pois contribuien a conservación e posta en valor do patrimonio cultural da cidade de Tui.

Coa celebración desta xornada sobre a cultura xudía rescatáse do esquecemento a importante aportación que esta comunidade realizou á vida e a historia da nosa cidade ao longo de moitos séculos. Coas visitas guiadas organizadas e a cargo de recoñecidos especialistas os asistentes poderán achegarse ao coñecemento deste aspecto da historia tudense, pois Tui é un dos principais enclaves da presenza xudía no Noroeste hispánico, aínda que as veces este coñecemento fique restrinxido ao ámbito de especialistas. Con estas actividades pretendese a difusión destes aspectos que contribuirán á valorización da historia tudense e dos monumentos que se conservan como testemuñas desta evolución histórica.

Tui e o seu pasado sefardí


Tui mostra o seu patrimonio sefardí na xornada europea da cultura xudía

O programa inclúe unha visita aos "sambenitos" e un percorrido guiado


A cidade de Tui inicia a súa proxección como punto principal da cultura xudía en Galicia coa súa participación na Xornada Europea dá Cultura Xudía que organiza en España a Rede de Xudarías. Este é un paso previo á incorporación de Tui nesta agrupación de municipios. A presentación de devandita xornada contou onte co alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, o concelleiro de Cultura Moisés Rodríguez e a concelleira de Turismo María José Rosada Silva. Esta iniciativa desenvolverase o vindeiro sábado día 6, a partir das 12.30 horas, coa visita aos "sambenitos" que se gardan no Museo Diocesano de Tui, onde as persoas que desexen participar contarán coa explicación do seu director, Jesús Casás Otero. Os "sambenitos" son probablemente os únicos que se conservan en Europa. Trátase de lenzos que no século XVII colocábanse de lado a lado da nave da catedral e nos que aparecen debuxados os rostros de conversos, cos seus nomes que lles identificaban na sociedade de entón. O domingo, día 7, ás 12.30 horas, realizarase unha visita guiada aos vestixios xudeus que existen en Tui, contando como guía co historiador Suso Vila Botanes. Entre outros lugares, percorrerase o claustro da catedral polos signos lapidarios que testemuñan a presenza xudía, unha vivenda particular de tipoloxía medieval e a "torre do xudeu". A asistencia é gratuíta.

domingo, agosto 24, 2008

Tres mulleres en desafío

Nesta casa de soportais, onde tamén estivo o Casino de Ribadavía, vivían as tres irmáns Touza Domínguez

GALICIA HOXE 24.08.2008

O sete de setembro, a Asemblea Universal Sefardí ‘Isaac Siboni’ renderá homenaxe a tres mulleres de Ribadavia –Lola, Xulia e Amparo Touza Domínguez– por axudar a varios xudeus a fuxiren dos nazis a Portugal durante a II Guerra Mundial. A xesta heroica destas tres mulleres foi relatada especialmente polo falecido Antón Patiño Regueiro, que no seu libro ‘Memoria e ferro’ relatou o funcionamento desta rede clandestina, todo un reto á ditadura e os seus aliados nazis en plena época do terror
ROSA VEIGA
A súa "absoluta xenerosidade" é o que evoca Julio Touza cando recorda a súa avoa Lola e as súas tías Xulia e Amparo Touza Domínguez, as tres irmás de Ribadavia que serán homenaxeadas pola Rede Sefardí de España o 7 de setembro por axudar a varios xudeus, a fuxir dos nazis a Portugal, durante a II Guerra Mundial.
Touza viviu coas tres mulleres ata 1967 e repasou algúns recordos da súa infancia e detalles do que investigou sobre o labor das súas tías-avoas, como os agochos que utilizaban baixo o chan da cantina que rexentaban.
A rede de salvación de xudeus cara a Portugal, dixo, "debeu funcionar entre os anos 1943 e 1946, os anos máis duros da Segunda Guerra Mundial e na que a Alemaña nazi de Hitler decidiu exterminar os hebreos de Europa". Desde Portugal, a fuxida seguiría cara a América ou a portos de Marrocos e Alxeria, aínda que moitos hebreos quedaron alí.
Aínda que nunca lle falaron directamente ao seu neto do "que facía" para axudar os xudeus, el recorda retallos das conversacións que mantiñan entre elas, "sempre en galego" e que entón non alcanzaba a entender sobre a súa altruísta actividade.
Claro que todo isto ocorreu moito despois, "tras o peche do casino nos anos 50", no dormitorio onde vivían, unha sala de cen metros cadrados e na que habitualmente facían, "en voz alta un repaso do día, contaban anécdotas e recordaban feitos pasados".
Unha noite, cando Xulio tiña 7 anos, as irmás empezaron a falar e referíronse a Patiño e "logo de dicir que lles veu falar dun grupo de xudeus, calaron", pero "a min impactoume e quedóulleme gravada", agregou.
Antón Patiño Regueiro foi un libreiro e escritor de Monforte de Lemos, quen posteriormente reuniu no libro Memoria de ferro -publicado en 2005, pouco antes da súa morte- relatos sobre a represión franquista no que figuran catro páxinas dedicadas ás irmás de Ribadavia e a outros tres membros da súa rede clandestina.
Touza, que viviu coas mulleres ata que morreu a súa avoa Lola en xuño de 1966, investigou pola súa conta e contactou nos anos 70 con persoas que coñeceron a Patiño en Santiago de Compostela e que achegaron os datos "suficientes para descubrir a absoluta xenerosidade das miñas tías", subliñou.
Nese sentido, dixo que na Guerra Civil, as tres foron apresadas en varias ocasións por lles daren comida e bebida aos presos do cárcere situado no actual Concello de Ribadavia enfronte "de onde elas vivían e tiñan o casino", agregou.

miércoles, agosto 20, 2008

A tafona de Herminia en Ribadavia


Xosé Lois García

Na travesa da Porta Nova de Arriba, no gueto xudeu de Ribadavia, está a antiga tafona (forno) de Herminia Rodríguez Carballal que prodixiosamente vive da artesanía reposteira, unha tradición hebrea que os sefarditas de Ribadavia practicaron. Unha tradición que foi desartellada pola expulsión dos xudeus e perseguida pola canónica católica. Pese ao acervo inquisitorial, o espazo clandestino non deixou esmorecer esa fecunda tradición gastronómica. A culinaria sefardita que tantas inventivas procesou nos diversos espazos da península Ibérica e que introduciu receitas tan distintas e sempre en función dos produtos que se daban neses espazos e, tamén, en función da climatoloxía. Nesa impetuosa Ribadavia, sempre en desafío cos que tentaron matar a lembranza e a saudade daqueles meritorios xudeus que crearon cultura e arte, nada rudimentaria, que articularon unha serie de pratos que enaltecen a cociña ibérica. Os nosos xudeus tamén fomentaron en Galiza unha distinguida variedade de doces que enalteceron a calidade da nosa gastronomía. Pese a que os axentes inquisitoriais silenciaron esa inventiva do bo comer e beber, rexorde en Ribadavia boa parte da repostería que floreceu e lle deu pulo a esta vila, capital do Ribeiro. O orgullo renacido e novamente contemplado nesa artesanía de ingredientes, como a que fai a Herminia na súa tafona.

A variedade de doces con múltiples sabores veñen configurar a recuperación dunha cultura étnica que practicaron os xudeus galegos. Unha cultura, a da diversidade, lexitimamente nosa, que tivo raíces e da que agora podemos contemplar a súa floritura orixinal. Como orixinal é a reconstrución de parte daquela dieta de sobremesa que a señora Herminia esplendidamente ofrece, lexitimando unha estética orixinaria. No mostrador da entrada do forno observamos o hexagrama hebreo (máis coñecido por estrela de David ou selo de Salomón). Herminia afánase amablemente por informar sobre seus produtos e a primeira información que nos dá é a través dun pequeno folleto que indica: "Tafona da Herminia, doce artesanal especialidade en doces hebreos", e no interior do mesmo especifícanse os seguintes: "Bocadiños de améndoas, elaborado con améndoas e canela". "Kamisch-Broit, elaborado con noces ou améndoas". "Mamul, ingredientes básicos: froitos secos, pétalos de mapoulas e augas de azar". "Ma"Amul, ingredientes básicos: crema de dátiles e auga de rosas". "Ghora Yebah, elaborado con fariña integral de abelá". "Mostachudos, ingredientes básicos: noces e cravo de olor". "Bocadiños de dátiles, ingredientes básicos: dátiles, noces e azucre integral moreno". "Kupferlin, elaborado con fariña integral de améndoa". "Kijelej de Mon, elaborado con sementes de mapoulas". "Masiñas de mapoulas, ingredientes básicos: sementes de mapoulas e esencia de vainilla". "Cardamomo, ingredientes básicos: améndoa e cardamomo".

A presenza de todos estes ingredientes tan particulares e nada exóticos configuran unha creatividade orixinal que grazas á sabedoría dos antigos sefarditas e ao bo facer da Herminia renacen neste espazo tradicional que os xudeus lexitimaron e que cruelmente tiveron que abandonar estes eidos por culpa da asasina espada e pola brasa ardente do integrismo católico. Perseguindo, liquidando e prohibindo aos que tiñan outras prácticas alleas aos destes perversos inquisidores. Así foi como Ribadavia floreceu cos xudeus e coa idea única católica decapitaron un proceso progresista que os diferentes construíron pacientemente. Polo tanto, é moi valioso o labor de Herminia, traballando esas figuriñas de pan, dando forma e sabor a eses doces que os xudeus de Ribadavia degustaban en témporas de liturxia que o Pentateuco esixía, e outras que formaban parte da dieta e que están novamente redimidas.

A nosa Biblia Kennicott ao público na Coruña


A nosa Biblia Kennicott, a biblia xudía de Galicia
Desde 18/07/2008 ate o 15/09/2008

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais mostra algúns libros sobre a historia de A Coruña coincidindo co 800 aniversario da súa fundación e presenta unha serie de libros que tratan de cómo era a cidade herculina por aquela época: vida, comercio, urbanismo, literatura, música, educación... Entre as obras que se poden ver, destaca unha reproducción facsímil da Biblia Kennicott, que se terminou en 1476 na principal escola de iluminadores hebreos de Europa que funcionaba na A Coruña e cuxo orixinal se conserva na Universidade de Oxford. A mostra poderá ser visitada ata o próximo 15 de setembro de 2008 na propia Biblioteca.
Biblioteca Municipal de Estudos Locais rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña - Tel.: 981 184 386 Extensión: 16091 (mostrador) - Fax: 981 184 385 - bestudiosl@coruna.es

miércoles, julio 30, 2008

Homenaxe a tres irmás de Ribadavia por axudar aos xudeus a fuxir dos nazis


Homenaxe a tres irmás de Ribadavia por axudar aos xudeus a fuxir dos nazis

En setembro vinte localidades españolas celebrarán a IX Xornada Europea da Cultura Xudía, entre as que se atopa o pobo de Ribadavia. Dentro das celebracións realizarase unha homenaxe ás irmás Lola, Amparo e Xulia Touza Domínguez de Ribadavia (Ourense) por axudar a numerosos xudeus na súa fuxida dos nazis cara a Portugal durante a Segunda Guerra Mundial. Estas tres irmás axudaron aos xudeus perseguidos polo nazismo a escapar, proporcionándolles un lugar no que esconderse para despois levalos en automóbil até Portugal. Un proceso que levaron adiante durante os anos da Segunda Guerra Mundial de forma clandestina. Un dos organizadores do evento, Xosé Ramón Estévez, explicou que a historia das irmás Touza é descoñecida para os seus veciños da vila ourensá «a pesar de que vivían a cinco metros da praza Maior no Barrio Xudeu e atendían unha cantina circular da estación de tren de Ribadavia e todo o mundo recordaas por iso». Segundo Estévez, só queda constancia da actividade clandestina das tres irmás nun relato do escritor e libreiro Antón Patiño Regueira que recolleu na súa obra "Memoria de ferro" os retratos dos seus compañeiros de mocidade antifranquista. Segundo Patiño, Lola, Amparo e Xulia vendían no seu quiosco melindres, rosquillas, pavías de Beade e Vieite (Leiro), licor café e viños do Ribeiro «e da venda obtiñan o necesario para manter a súa vivenda na vila».

TRABALLO EN SEGREDO

Tras a Guerra Civil, as tres irmás, segundo o relato de Patiño, se «xuramentaron» para crear unha rede de apoio aos xudeus perseguidos en Europa e encargábanse de envialos a Portugal coa complicidade dun familiar taxista e outro amigo con vehículo. As mulleres escondían primeiro aos fugitivos na súa propia casa e pola noite enviábanos á fronteira nos vehículos amigos pola estrada que cruza Arnoia, Cortegada e Ponte Barxas. A primeira en falecer foi Lola, en 1966, logo Amparo en febreiro de 1981 e Xulia en xuño de 1983 e están enterradas nun grupo de nichos do cemiterio de Ribadavia, xunto cos seus outros catro irmáns, e alí recibirán unha homenaxe en forma de ofrenda floral prevista para o día 7 de setembro. Este será un dos cen actos previstos para os primeiros días de setembro nas vinte vilas e cidades de España e outras de trinta países europeos máis, integradas na rede de Xudarías e noutras cinco que farán de colaboradoras

La Región.26.07.08

sábado, julio 26, 2008

domingo, julio 06, 2008

O meu tío xudeu


Grazas ao enorme traballo de www.galiza-israel.org descubro este libro de Antón Patiño no que aparece o seguinte fermoso texto:
O meu tío xudeu
Por Antón Patiño Regueira

Rafael Maceiras, artista toneleiro, mantiña taller de honra na Moura coruñesa. Os seus ollos eran azuis e a súa ollada tan doce que cativaba os que o vían laborar sempre con kippah. Admiraban nel as maneiras suaves no facer e o seu falar mu­sical e vagaroso coas palabras. Era o meu tío avó. Xudeu practicante en 1930, sentía por el todos os meus respectos. Teño matinado sempre sobre as súas orixes e no meu miólo aboiaban sen resposta certa. Que apelidos xudeus serían os seus? Cal sería a súa familia de orixe antes de lle ordenar a conversión? Pertencera as familias que non cederán na diáspora sefardí? Nunca o souben. Tampouco se chegara dos ramallos xudeos que asentaran en Monforte e Ribadavia ou se emparentaba coa xudaría doceira de Sober. Nin se tina liña cos que moraban en Compostela mantendo apelidos dos xudeus galegos conversos: os Castiñeira, Sobreira e Moreira, os Carballo, Maceira ou Moure.

Aínda o meu tío soubo do insulto de marraos adicado a eles. Como os que, ano si ano non, recibían os da Calexa de Monforte logo de seren acusados de meter o Cristo da Régoa nunha bogada quente. Algún veciño daba en correr a voz e mesmo que escoitara os berros do Xesús escaldado pola auga férvida para, decontado, comezar o saqueo de tendas e negocios. Voltaban os xudeus a refacer os seus comercios e, como formigas, de novo prendían un labor para eles de vida e esperanza. Novas transaccións e novos acopios até o día que calquera outro veciño, tamén comerciante, viñese outravolta co contó do Cristo da Bogada. O que aínda hoxe se mostra na igrexa da Régoa.

Cando poucos xudeus quedaban xa por espolicar acabou a lenda dos laios do cristo escaldado. Os da Calexa foron encartando e o tempo foi dispersándoos e entrelazando coas familias veciñas. Xa ninguén preguntou se eran conversos ou cristiáns vellos. Mais ao meu tío Rafael Maceiras si llo fíxeron. Víriase obrigado a se achegar case todos os días ao cuartel da garda civil despois de xullo de 1936. Querían saber das prácticas dos xudeus da Coruña aqueles beneméritos que construían polo ruin o seu imperio de terror. Petaban tamén na ventá do meu tío avó no taller da Moura cando lle entraba a vea a calquera parella camiñeira da garda civil. A súa horta eterna chegoulle, logo de sufrimentos para el e a súa familia, quizais ala en Xudea como soñaba. Rafael Maceiras, construtor de sellas, baldes e bocois. o meu tío, era un santo de ben e un artista toneleiro.
"Memoria de ferro". Edicións A Nosa Terra (2005)

jueves, mayo 22, 2008

Os doces xudeus de Ribadavia






Hai na vella e fermosísima Ribadavia un lugar moi especial. O mestre Cunqueiro falaba do estómago coma a porta da alma e neste recuncho da Ribadavia xudea un pode topar pequenas chaves para abrir calquera alma por moi doente que esta sexa. A Tafona de Herminia e os seus soborosos doces xudeus. Imprescindíbel. Cantas tafonas e cantas vellas Herminias poboaron a nosa terra algún día. En Betanzos, en Monforte, en Allariz, en Pontevedra, en Baiona, na Coruña... agora fica só este lugar máxico. Xa me contaredes.

domingo, mayo 11, 2008

El pétreo silencio de Ribadavia


El pétreo silencio de Ribadavia
La famosa judería está más bella que nunca, pero vacía. Si no se remedia, el centro histórico de la capital de O Ribeiro corre el riesgo de convertirse en un museo inerte para turistas
Autor: Kiko Novoa
LA VOZ DE GALICIA
10/5/2008

De aquella Ribadavia comerciante de la Galicia medieval poco queda. Las calles del casco antiguo, otrora bulliciosas y llenas de vida, emergen pétreas, limpísimas y luminosas, sí, pero también presas de un silencio que de mañana se hace eterno. La comunidad hebrea que prosperó hace nueve siglos en la villa no hubiese permitido tal cosa. Por entonces, alrededor de la Porta Nova se formó una gran judería basada en una extraordinaria actividad económica y una artesanía de calidad, cuyo patrimonio se esconde ahora entre las piedras, con un eco que por momentos ensordece. Solo el río Avia, con el mismo vigor de antaño, grita y transpira el paso del tiempo al final del callejeo.

El caminante agradece la puesta en escena. La plaza Maior, con la Casa Consistorial y la torre del Campanario, del siglo XVI, anuncia los contrastes. Atrás quedan la paradójica rúa Progreso y un amplio aparcamiento que facilita la estancia en el casco antiguo, justo enfrente al castillo, una de las joyas que todos los años recrea la archifamosa Festa da Istoria. Cuando hace ocho años se inauguró la Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico, la judería vivía de espaldas a la villa, con zonas intransitables y calles angostas.

Las casas se caían. A nadie le interesaba arreglarla. ¿Para qué? ¿Quién está dispuesto a buscar acomodo entre las ruinas? Y, sin embargo, ahora, cuando el pasado se ha vuelto habitable, en medio de un paraíso medieval, la población huye. «O que fan falta son cartos e postos de traballo. Eu tamén son moi ecoloxista pero se non hai diñeiro a xente marcha e isto queda como o vedes», exclama la dueña de un negocio. Por esta zona ni siquiera se estila el botellón que atormenta a los vecinos de muchos cascos históricos gallegos. En Ribadavia hay un par de pubs y los jóvenes prefieren Ourense y O Carballiño. Eso sí, son incontables las placas de bufetes de abogados y procuradores. A medida que discurre la jornada medra el ambiente.

La nueva normativa permite acumular las ayudas que la Xunta y la Administración central destinan a rehabilitación de viviendas hasta alcanzar en determinados presupuestos el 80 por ciento del total. Sin embargo, todavía es difícil romper las barreras minifundistas que se erigen también en una ciudad. El Concello de Ribadavia asegura que la difusión de boca en boca es el mejor reclamo para acercarse a las oficinas de las arquitectas municipales, que asesoran con todo detalle sobre el procedimiento y los requisitos para solicitar las subvenciones. Cada vez entra más gente joven. Hubo vecinos que, incluso antes de iniciarse el proceso de recuperación, tuvieron la sensibilidad suficiente para remodelar la casa con materiales tradicionales y armónicos. «Xa daquelas pagamos unha cantidade grande, pero merecía a pena. O negocio abriuno a miña familia hai máis de 70 anos», relata Carmen Escudero, responsable de O Mario, un establecimiento de ropa cercano a la calle principal.

Por la mañana, los coches de reparto recorren en silencio la zona vieja para surtir a los establecimientos hosteleros de la plaza Maior. Ni una colilla en el suelo. Una, quizás. Las paredes se presentan sin pintadas grafiteras, y solo un par de ejemplos permiten conservar tamaña tradición galaica: en una calle pegada a la iglesia de Santiago un artista deja claro que «Raúl está por Laura», mientras otro escribano detalla que «soi [sic] Cristian, Rita». Al fin, alguien, con tanto criterio como escasa sensibilidad, tacha a los primeros de «porkos todos».
Al margen de la citada incursión literaria, Ribadavia escapa de los dolores de vista que destrozan el patrimonio por Galicia. Ni pegatinas de colores ni cartelitos que venden Seat Ibizas. Habrá que estar atentos para retratar la excepción. Solo los anuncios telefónicos atraen la vista del caminante. Son bastantes los ventanales que acogen la oferta, pero también son muchas las casas desocupadas que no parecen dispuestas a esforzarse en buscar inquilino. Hay anuncios que parecen puestos por los mismísimos hebreos medievales. El periodista decide llamar a uno de ellos:

-Estoy interesado en la casa.
-Sí, hay mucha gente interesada pero al final?
-¿Pide mucho?
-60.000 euros. Son dos pisos, un bajo y una buhardilla.
-Ya, pero dentro no hay nada, habría que arreglarlo todo?
-Sí, pero todos los papeles están en regla. Por mi parte no hay ningún problema. Está todo en el notario. También le soy sincera: otra cosa son los problemas que le pongan en el Ayuntamiento.
-¿A qué se refiere?
-Yo quise arreglar la casa hace tiempo. Pero ponen pegas por todo, hay que hacerlo como dicen ellos, si no, no te dejan.

Quizá los judíos que moraban detrás de los iluminados soportales hubiesen tenido más tacto para culminar la venta de un indeciso cliente, pero se ve que la sinceridad y la denuncia pesan más que la persuasión y el desengaño. Así, será difícil que la gente regrese a Ribadavia, por mucho que nunca antes se hayan ofrecido tantos recursos económicos para desarrollar un proyecto de rehabilitación. Es posible que la falta de información dinamite el futuro del casco urbano, si bien en el concello aseguran que la recomendación vecinal es su mejor aliado.

La capital de la comarca de O Ribeiro mantiene una comunión absoluta con el cultivo de vino, pero solo en la plaza Maior es posible degustar un caldo en presencia de la piedra. A medida que se acerca la noche, si el buen tiempo lo permite, el gentío llena de voces la historia, concentrada en un gran espacio desde el que se intuye el cercano castillo, allí al margen de las murallas. En la Festa da Istoria, todo cambia. Miles de personas recrean el museo que hoy permanece a la espera. Es como si las calles hubiesen sido acostadas para concluir su misión una vez al año, como si nada importase entre ese largo paréntesis.

La gente se va. Hace ocho años se creó la Oficina de Rehabilitación del Conjunto Histórico para evitar que se cayera la piedra. Pero contra la caída de la población no pudo. La zona nueva y la atracción de otras ciudades siguen siendo el drama de las pequeñas ciudades de Galicia. Ribadavia está bien comunicada por carretera y ferrocarril, a 30 kilómetros de Ourense y cerca de O Carballiño. De allí a Santiago, hay un paso. Muchos jóvenes se han marchado y no parecen dispuestos a regresar para siempre. «É moi difícil volver a casa cando non ten nada que ofrecer. A min encántame Ribadavia, é fantástico pasear polas xuderías, pero vivir ao día é unha cousa distinta», reconoce una joven estudiante de la universidad compostelana.

A pesar de todo, los pocos que quedan se empeñan en mantener con fuerza la memoria. Un turista jamás entendería que alguien pueda abandonar un lugar tan bello. Los dirigentes municipales admiten que ahora el objetivo es el comercio. El movimiento de dinero es un excelente punto de partida para encontrar soluciones que eviten tamaña musealización. Es el momento de desempolvar los viejos manuales hebreos. Quizá allí se muestren las garantías mínimas para que la piedra vuelva a ser pisada.

martes, abril 29, 2008

Comunicado de AGAI sobre a expulsión de Valadés do Bloque


A DECISION DO BNG DE EXPULSAR A VALADES É ARBITRARIA, VERGONZOSA E FASCISTA

Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos

A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.

A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego

A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.

Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.

Vigo 28 de Abril de 2008

domingo, abril 20, 2008

O Pesah na Coruña


O pasado sábado 19 de Abril (14 de Nisan) a Comunidade Xudía Ner Tamid da Coruña, celebrou o Séder de Pesah no Restaurante SEFARDÍ 515. Desde aquí, desde a Rúa Xudea FELIZ PÉSAJ JAG PESAJ SAMEAJ!!!

sábado, abril 19, 2008

Viaxe a Israel organizada por AGAI

A Asociación Galega de Amizade con Israel organiza para o vindeiro mes de novembro a súa terceira viaxe a Israel. Para ter máis información podes porte en contacto no sitio www.amizadeconisrael.org

domingo, abril 13, 2008

Música xudía klezmer en Vigo

Desde Galitzia a Galicia: A música xudía klezmer patrimonio cultural de Europa

Charla-Coloquio
O vindeiro 29 de Abril ás 20:00 horas e na Casa do Libro en Vigo, e organizada pola
Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) terá lugar unha charla-coloquio sobre a música xudía klezmer como patrimonio cultural europeo. O acto principiará coa proxección dun video sobre o son da música klezmer.
Presenta:
Pedro Gómez-Valadés
Intervén:
Piotr Grudzien. Músico (violinista) e profesor

Entrada Libre

sábado, marzo 08, 2008

A nova do restaurante nos medios

A nova da inauguración do restaurante xudeu na prensa:

Inaugurado o primeiro restaurante xudeu de Galicia


O pasado xoves inaugurouse na Coruña o primeiro restaurante kosher, de comida tradicional xudea en Galicia. Sen dúbida unha fermosa boanova e para afeccionados ao bo xantar. É magnífico ver como pouco a poco e de vagar a Comunidade xudía Ner Tamid vai consolidando a súa presenza na Coruña e xa que logo en Galicia, 515 anos após do Edicto de Expulsión dos Reis Católicos. Para os interesados dicir que o restaurante Sefardí 515, estará ubicado na rúa Alfredo Vicenti 38 (ollar mapa), e disporá tamén dunha tenda de produtos kosher
E-mail:
Tlfno:
981 263442

martes, febrero 12, 2008

Queres mirarlle a cara a un xudeu galego?






¿Que sabemos dos xudeus galegos? As sombras que quedaron nos pergameos dos aristócratas. O medo instalado no rural galego durante séculos pola Inquisición. Apelidos de frutais. Pero non nos quedaron nin anacos da súa voz, a diferencia doutros lugares; non se salvaron escritos nos que desenvolveran cábala, matemáticas, economía, se cadra algún papel administrativo, algun contrato, algún pleito. E nada máis, nada que nos levara ata a súa vida cotiá. Non pensaba eu que teriamos o privilexio de ver as súas caras, a súa expresión. Ata onte. Ata onte mesmo, e guiounos David e a xente da aldea ata elas. Puidemos mirarlle á cara pétrea dun xudeu galego, que debeu traballar nese rural ao servizo administrativo dalgún terratenente do viño do Ribeiro. Estas ruínas, estas silveiras bravas, son, de verdade, un lugar excepcional e único. En ningún outro sitio de Galicia podes ver o retrato dun matrimonio sefardita. En ningún outro lugar, a súa memoria recuperada son ollos, narices, boca, sombreiros, flores pétreas.

Esta familia tiña unha destacada casa no alto do lugar de Quintela, en Cabanelas. Desde o dintel da entrada a parella mira para os visitantes que atravesan esta porta. Hoxe, cinconcentos anos, son eu o que me meto neste dintel, con silveiras prendidas ata nas orellas, e miro para vós coma un parvo. ¿Como vos chamariades? Baruch e Mariam, se cadra? ¿Colleriades a mula en 1492, correndo atropeladamente ata a fronteira portuguesa, sen mirardes atrás? Fuxiriades coas riquezas nas sacas, nenos da man, por enésima vez na Historia, á noite? Que vos dirían os labregos, ao saber que marchabades ás caladas e escuras por esa estreita e húmida ruela de escadas de pedra, mentres cáseque se escoitaban os cabalos dos lacaios bufando polo camiño de Ribadavia? Calarían eles? Cuspirían ao voso paso en vinganza polo teu traballo pouco grato e innóbel? Daríanvos refuxio na casa de familiares das montañas?

Ou, trala expulsión, os habitantes da casa ¿seríades vós mesmos, ou os vosos fillos, cristianados? Con prudencia, os propietarios construíron un avance por diante deste perigoso dintel, pero a Historia desvélanos un detalle íntimo. Non esborrallaron, non tocaron a antiga estrela da fe davídica, nin os retratos dos fundadores. Quedaron gardando esa casa de Sefarad. E esa tamén debeu ser unha historia digna de ser contada. Agora xa non. Agora xa todo esmorece, coma sempre, diante nosa, nun labirinto de casas ruinosas e unha aldea agónica.

domingo, enero 27, 2008

Vergonzosa actitude do BNG


O BNG IMPIDE QUE O PARLAMENTO CONDENE O NAZISMO E HONRE A MEMORIA DAS VITIMAS

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vítimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras “xudeo”, coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Vigo, 27 de Xaneiro de 2008

miércoles, enero 16, 2008

Tui reclama o seu pasado xudeu coincidindo coa publicación dun libro


Tui reclama o seu pasado xudeu coincidindo coa publicación dun libro Tui reclama o seu pasado xudeu coincidindo coa publicación dun libro A publicación do libro “Xudeus e conversos en Tui” de Suso Vila Pérez está a servir para reclamar o pasado xudeu desta vila, que segundo o autor podería ser mesmo máis importante que o de Ribadavia. Vila Pérez apunta que existe unha ampla documentación sobre a presenza xudía, que se prolongou entro o século XII e o XVII dentro dos muros da vila. Na súa obra, o investigador indica a localización de diferentes casas e construcións desta comunidade, e recolle a existencia de hebreos e de conversos relevantes na historia de Tui.