Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

lunes, diciembre 31, 2007

A lingua dos xudeus de Galicia


A lingua dos xudeus de Galicia
Xose Luís Méndez Ferrín

Os xudeus de Galicia falaban a lingua das cidades e vilas nas que moraban, ou sexa a galega. Os nomes persoais dos varóns eran bíblicos (Isaque, David, Abraham) pro eles tiñan a atención de nomear as súas mulleres de xeito galego e meliorativo: Clara, Rica, Ouro, Alegría. En canto aos nomes de familia e alcumes, parece que na súa maioría eran galegos (Méndez, Pereira, Espiñosa, Sánchez), Certo que Pérez é moi numeroso entre xudeus, tamén pode ter unha procedencia hebrea coincidente co patronímico galego. Podían levar os nosos xudeus apelidos hebreus ou de escura fasquía semítica (escura para min); así: Cohén, Benveniste (coma o lingüista) Mardochai (V. Risco dicía ser este o verdadeiro apelido de Marx), Calvasan. Chaman a atención, polo caracter hebreu deliberado, os nomes de Ioseph Ibn Hayyim e de Moisés Ibn Zabarah, iluminados e calígrafo, respectivamente, da Torah ou Biblia de Kennicott, ambos os dous artistas coruñeses, que fan ostentación da súa veciñanza galega.

Seguiron falando galego os xudeus dispersados e expulsos de fins de século XV? –pregúntame Lucía Pereira Espinosa. Voulle responder cunha hipótese.

Logo do degredo de expulsión lanzado pola intolerancia dos ben chamados Reis Católicos en 1492, é fama que a maioría dos xudeus de Galicia pasaron a Portugal. Gozarían do beneficio dunha rede social de apoio nas xudarías daquel reino. Pro, poucos anos despois (1496-1497), o rei don Manoel ordenou a conversión obrigatoria ou, alternativamente, o exilio de todos os hebreus de Portugal.

Penso eu que os conversos e cristiáns novos que quedaron en Galicia fóronse confundindo co resto da poboación e non parece que existisen verdadeiros núcleos criptoxudaicos. Con todo, sabemos que un acusado de xudaísmo foi queimado en auto de fe que se celebrou na Praza Maior de Madrid a fins do século XVII e presidido por Carlos II. Esta víctima levaba o apelido moi galego de Carballo.

O continxente de xudeus galegos, portugueses e cataláns que se asentou no Mediterráneo Oriental foi absorbido lingüísticamente polo continxente maioritario dos xudeus que falaban o castelán. E conformouse de tal modo a lingua e a cultura sephardita: sobre a base dunha preponderancia castelá. Reproduciuse nesta Diáspora, pois, o fenómeno da hexemonía e dominación castelá na Península Ibérica sobre as linguas galega e catalá, e, aínda despois, da portuguesa.

Entendo que houbo unha porción de xudeus galegos e portugueses que arraízaron nos Países Baixos. Nese asentamento, a lingua dos xudeos galegos e portugueses reunificouse. Pasaríase, así, a unha sorte de novo galegoportugués, neste caso sephardita. Tal lingua foi usada polas familias de ascendencia galega e portuguesa nos Países Baixos até a Idade Contemporánea moi avanzada. Documentos en lingua sephardita galegoportuguesa consérvanse en arquivos de Amsterdam, teño entendido. O sephardita galegoportugués utilizouse como lingua oral e escrita nos Países Baixos deica a segunda metade do século XIX ou aínda máis adiante. Supoño que por eses tempos as nosas comunidades xudías dos Países Baixos se achegarían ao asquenazismo e adoptarían como lingua propia o neerlandés Non coñezo estudos nos que se elucide o elemento galego deste galegoportugués dos Países Baixos nin que falen do elemento galego presente no xudeocastelán sephartita.

E ben, tanto na Europa Occidental coma na Oriental e no N. de África, perdida a lingua galega ou non, os sepharditas de orixe galega mantiveron moitos dos seus apelidos até os nosos días, aínda que sexa nalgúns casos difícil diferenciar o que é galego de aquilo que é portugués. En Galicia estamos moi orgullosos da posíbel orixe galega de certos sepharditas. Por exemplo: Francisco Sánchez, teorizador extremo do escepticismo no século XVI; Baruch Spinosa (Espiñosa, supoño, na orixe), filósofo revolucionario e único do século XVII; Pierre Mendès-France, o político perfecto do radicalismo pequenoburgués.

Observación

Hoxe os cursidosos da historia dos xudeus en Galicia poden aproveitarse da lectura dunha obra moito documentada e compendiosa de Gloria de Antonio Rubio: Los judíos en Galicia (Fundación Barrié, A Coruña 2006). Gustaríanos precisar que os hebreus que aparecen mencionados en dous documentos do ano 1044 que se inclúen no Tombo de Celanova, sendo os primeiros de tal nación que figuran localizados en Galicia, non viviron, segundo a información que chegou a nós, en Celanova Vagamente aparecen localizados (nin sequera fixados) no val do Arnoia e nas proximidades das aldeas de Fechas e Soutomel, como dependente dun feudal e para nada do abade de Celanova. En 1044 Celanova non era un núcleo urbano, senón só un convento. En todo caso, a vila de Allariz atópase a uns 12 quilómetros do teatro dos acontementos nos que se mencionan estes primeiros xudeus advertidos na documentación galega. E Allariz si que tivo xudaría ben poboada e documentada anos máis tarde.

miércoles, diciembre 26, 2007

Tes sangue xudea?


Os apelidos que poden consultarse nas seguintes ligazóns foron publicados polo periodista e escritor catalán Pere Bonnín no seu libro "Sangre judía. Españoles de ascendencia hebrea y antisemitismo cristiano" (Flor de Viento Ediciones. Barcelona, 1ª edición 1998). Estos apelidos están tirados das listas de penitenciados polo Santo Oficio, dos censos das xuderías e de outras fontes que indican claramente que a persoa portadora do apelido é xudea ou xudeoconversa. Por conseguinte, todos estes apelidos son potencialmente de ascendencia xudea, ainda que os seus titulares non teñan conciencia.
A B C D E F G H I J K L M N
O P Q R S T U V W X Y Z

jueves, diciembre 20, 2007

Israelitas. Un artigo de Méndez Ferrín


Xosé Luís Méndez Ferrín
Temos falado eiquí da orixe xudía, nunca probada, de certas familias de Vilanova dos Infantes, incluída a miña. No ronsel desta idea escríbeme Lucía Pereira Espinosa desde A Coruña para saber sobre a miña opinión sobre dúas cuestións. Primeira; qué é o que significa ser xudeu ou xudía. Segunda: se é que existen comunidades sepharditas de orixe galega que conservan a nosa lingua. Non me sinto capacitado para responder a estas difíciles preguntas, máis intentareino con atrevemento temerario.Serán xudeus, hebreus, israelitas, aqueles que proveñan de comunidades predominantemente urbanas que se extenderon por Europa, N. de África e Orinte Próximo desde a Idade Antiga e que tiñan como signo identitario a relixión étnica e o relato nacional que se cifra no que nós chamamos Pentateuco e eles Torah e o hebreu coma lingua sagrada e de cultura. A respecto do hebreu, os xudeus, segundo o grande relato, dende os días do Cativerio de Babilonia deixaron de falalo para asumiren diversas linguas do mundo, ás veces adaptándoas ás súas peculiaridades culturáis. Se a lingua hebrea era a da relixión e do culto na sinagoga nos días de Xesús Xosé e María, poño por caso, eles non a falaban e si a aramea en cambio. Tamén non falaba hebreu Flavio Iosefo.Na Idade Moderna, as comunidades xudías, do Mediterráneo Oriental principalmente, construíron unha identidade sobre a lingua castelá evoluída de modo particular chamada djudio ou ladino, que é coñecido tamén como xudeocastelán. Estas comunidades foron chamadas sepharditas porque procedían de Sepharad, ou sexa da Península Ibérica, de onde foron expulsados polas monarquías cruéis e católicas do absolutismo nacente en España e Portugal a fins do século XV. “Hay una tierra al Oeste/ que nunca puedo olvidar./ Hay una tierra al Oeste:/ Es mi dulce Sepharad”. Un grande continxente de xudeus vivían nos ghettos ou xudarías de Centro e Leste de Europa e alí foron fraguando unha outra identidade que tiña coma lingua o Jüddisch ou yiddish, palabra que, como o djudío sephardita, significa “xudeu”. Este Jüddisch é alemán transformado nas comunidades de que falamos e que son chamadas askenazís. Por outra parte, ao longo do tempor fóronse conformando outras culturas e sociedades xudías de lingua árabe, amhárica (en Etiopía) e máis das que só temos moi vaga referencia no Fondo dos Espellos.Os universos sepharditas e askenazí son moi diferentes e semellan ter só en común a referencia á Torah e ao Talmude. O sionismo xurde da cultura askenazí a fins do século XIX e proponse co obxetivo heroico de resucitar o hebreu como lingua oral e viva e fundar en Palestina, mediante unha sorte de Reconquista, un Estado Xudeu que necesariamente tería que desprazar a poboación árabe autóctona. Tal obxetivo cumpriuse ao termo da II Guerra Mundial e eu observo moi poucas personalidades sepharditas na nomenclatura política do Estado de Israel.Pro, cando nos preguntemos por quén é realmente xudeu, os problemas son moitos e penso que irresolubeis. Serán verdadeiros xudeus os sionistas laicistas para os que a relixión é só unha compoñente histórica e nacional? Eles din que si. Pro, podesmo considerar xudeus os sepharditas Francisco Sánchez, filósofo escéptico extremo do século XVI, ou Baruch Spinoza, xenio do século XVIII que teorizou o panteísmo? Diríamos que era xudeu o descrido e falsamente converso Fernando Rojas, autor de La Celestina, ou o heterodoxo para os católicos Frei Luis de León? Poderíamos chamar xudeus a Karl Marx, Albert Einstein, Sigmund Freud, Leon Trotski ou mesmo Woody Allen ou Bon Dylan por moito que proviñesen de familias de boa torgueira askenazí? Marx pensaba que non, e aborrecía o modo de vida xudaico en canto que o anti-xudeu Vicente Risco, e outros que forman estúpida lexión, pensabal e pensan que xentes coma estas conspiraban e conspiran no nome da mentira dos “Protocolos de Sión” para minar, disolver e destruír a civilización cristiá e demáis fantasías. E o que aínda é máis difícil de precisar: era xudeu Saulo, ou Paulos de Tarso, que arrincou a idea étnica do Deus privativo de Israel da sinagoga e chamos a todos os xentís, con éxito, a asumila ao tempor que fundaba o cristianismo?Lectura recomentada: Reflexións sobre a cuestión xudía de J.P. Sartre. En próximas entregas seguirán pasando israelitas polo Fondo dos Espellos . Especialmente falaremos da nosa lingua no mundo da diáspora sephardita.

sábado, noviembre 17, 2007

Presenza hebrea en Compostela


A presenza hebrea non decae en Galicia durante toda a Idade Media. O descubrimento do sepulcro do Apóstolo xudeu e o voto de Santiago, establecido por Ramiro I, como agradecemento por vencer aos mouros coa axuda de Santiago na batalla de Clavijo, vincularán perpetuamente aos reis a Compostela. Os xudeus estarán presentes en todas as manifestacións do mito xacobeo, sobre todo no comercio e industria que as peregrinacións demandan. As rutas que utilizarán os peregrinos a Compostela son as mesmas que, máis ou menos difusas, aparecen noutros momentos históricos, aínda que cobra especial relevancia o chamado Camiño francés. Este xa fora utilizado polos suevos e por Afonso II para comunicarse coas Galias, nunha relación non do todo valorada. Debe destacarse que na primeira fase da monarquía asturiana, no século vin e comezos do ix, Lugo foi a cidade máis importante do reino cristián do Noroeste.12 É de supor que os xudeus estarían presentes na actividade impulsora de que falamos. Con todo, Compostela chegaría a ser a cidade máis apreciada e honrada polos reis, pasando a ser o centro relixioso e político do reino. Compostela será a cidade obrigada para a consagración dos reis e para o recoñecemento da súa realeza. Ordorio I nomeou rei de Galicia ao seu fillo Afonso, que sería III o Magno, e que embeleceu Compostela con notables monumentos, construíndo a primeira catedral prerrománica. Afonso V foi criado polo conde galego Menendo González, que foi o seu titor. Sancho Ordóñez foi coroado en Compostela polo bispo Hermenexildo. En 982, os galegos proclamaron rei a Bermudo II, fillo de Ordoño III, coroándolle tamén en Compostela. Os reis seguintes contraeron matrimonio con damas galegas ou estaban emparentados coa nobreza do país, por cuxo motivo era moi viva a súa vinculación con Galicia, ademais da propia derivada do poder real. A atracción que exercía Compostela era enorme. Os xudeus seguían aos reis e aos seus cortes, tanto por obter a súa protección canto polas posibilidades que a instalación real traía consigo. Compostela xa por entón contaría con poboación xudía, que se iría incrementando conforme o seu prestixio e importancia ascendían. Á sombra de reis, nobles e prelados, os xudíos ian poboando a cidade, residindo nas inmediacións da catedral, na zona das Algalias.

jueves, noviembre 01, 2007

Os xudeus en Galicia


OS XUDEUS EN GALICIA*
Felipe Torrobo de Quirós


O ceo galaico, a dozura e ferocidade daquelas terras ubérrimas cos verdes prados, os emparrados de vide e os soportais de granito, atraeron ben pronto nutridas colonias hebreas. A terra verdeante, zumenta e fértil, a proximidade dos portos, tan conveniente aos seus afáns mercantís, e a hospitalidade e excelente trato que as xentes galegas dispensáronlles sempre, fixeron que alí se sentisen como na súa propia casa, adoptando os costumes, a lingua galega e ata a defensa do país galaico. Por iso arraigaron alí tan hondamente e quedaron tantos recordos e vestixios israelitas naquela terra.
As colonias hebreas establecéronse en Tui, Pontevedra, Vigo, Baiona, Santiago, Noia, Monforte, Rivadavia, Betanzos, Ourense, A Coruña e en moitas outras vilas e cidades galegas. En todas partes instalaron o seu comercio de panos, sedas e platería, e en moitos lugares permaneceron, logo de conversos ao cristianismo. Foron moi útiles en Galicia e contribuíron ao desenvolvemento do comercio e a economía. Cando se deterioraron as vías trazadas polos romanos ou as creron insuficientes para o tráfico e as comunicacións mercantís, dedicáronse os xudeus a abrir novos camiños e carreiros que estreitaron as relacións das diversas rexións galegas entre si. Así mesmo construíron, como os árabes, un sistema de canles e acequias a fin de regar e fertilizar as terras. quedaron vestixios dos israelitas en multitude de cidades, vilas e poboados de Galicia. En Lugo, no veciño municipio de Outeiro do Rei, existe un lugar que se chama ?dá Sinoga?. En Monforte, a tradición xudaica é constante; en Ribadavia dise que viviron máis de 1.500 hebreos; en Ourense constituían xentío, e o mesmo noutras vilas da Galicia meridional.
En Monforte quedou unha fermosa lápida, exhumada fai anos por Benito F. Alonso, que se refire ao hebreo Juan Gaibor e o seu fillo Jorge, xefes da comunidade desa vila. Esa lápida formaba parte do muro dunha casa e di «Aquí xacen Juan Gaibor e o seu fillo...». En Pontevedra conserváronse documentos que se refiren a contratos de compravenda, foros, etc., outorgados por xudeus, e permaneceu ata o século xvn o nome de «Campo dous Xudeos», un polígono de terreo próximo á igrexa de San Bartolomé, que posteriormente se destino a hortas e que formaba parte da herdade de Bartolomeu de Veiga Cru e da súa esposa, Leonor, no recinto da cidade, que máis tarde pasou ás casas marquesales de Leis e Montenegro. Dise que foron grupos de xudeus de Monforte a repoboar a vila de Ares, próxima a Betanzos, cuxa igrexa parroquial de Santa Eulalia conserva arcos de ferradura, restos do edificio da antiga sinagoga que foi.
Na Coruña habitou unha colonia hebrea de notable importancia da que quedou memoria. Na cidade vella, na rúa da Sinagoga e en cásaa número 4 existe un antigo aljibe que ao dicir de moitos era para o servizo do templo, deducíndoo así do nome da rúa. Segundo outros non é senón unha cisterna para a auga, necesaria dentro do recinto da cidade en caso de sitio, por carecer de fontes, que se achaban fóra do recinto amurallado. A cisterna é de sillería, abovedada e con chanzos para descender ao fondo. Nun dos seus muros falta un sillar, e a fantasía do vulgo fixo crer que polo oco entrábase nun pasadizo que levaba á Colexiata de Santa María, sendo utilizado polos xudeus para apoderarse da Sacra Forma e profanala. Igualmente se exhumaron fai ,anos na capital galega unhas curiosas inscricións sepulcrais, pertencentes aos xudeus dos séculos XIII e XIV, as cales, aínda que escritas en carácteres hebraicos, lense en castelán e non en galego, o que evidencia a orixe castelán dos xudeus, que entón eran moi numerosos na cidade, na que aínda permanece a rúa de «a Sinagoga». Ese nome parécelle estraño a C. Candí, quen opina debeu ser unha errada tradución dalgún nome galego, xa que os xudeus habitaban nun barrio aparte, o de «A Rabiada». Nos altos comprendidos entre a rúa de Juan Flórez, o Monte de Santa Margarita e a rúa da Falperra crese que estivo o barrio xudeu da Coruña, como o recorda o lugar chamado de «A Rabiada» (de Rabí). É máis natural que así fose, non que radicase no corazón da cidade primitiva, como aseguran outros, fundándose no nome da rúa da Sinagoga. É moito máis probable que estivese en «A Rabiada», xa por acharse distanciado e illado da cidade, cuxo recinto era pequeno, xa porque na parte baixa achábase a ensenada dá Palloza, próxima á cal estaba a pena denominada dos «Xudíos», que se supón era lugar de enterramento para eles, polas lápidas sepulcrais que alí se atoparon. «A pena dúas Xudíos» desapareceu ao invadir o mar aquel lugar.
Unha interesante monografía do P.Fita, «Os xudeus galegos no século XI», revela que existen poucos datos acerca dos hebreos nas terras galaicas. Na provincia de Ourense, unha das máis antigas referencias é unha escritura de capitulación entre o nobre galego conde Menendo González e o xudeu Arias Oduáriz. O P. Fita, ao referirse a unha carta de ordenanza do tombo de Celanova, en 1289, afirma que os hebreos tiñan unha aljama en Allariz. Tamén as houbo en Orense, Ribadavia e Monterrei. Allariz foi quizá o lugar no que primeiramente se instalaron os israelitas, e desde alí foi-. ron estendéndose e ampliando o seu tráfico mercantil. Nesa vila quedan os vestixios máis antigos, pois existen documentos do século XII relativos a contratos entre os moradores cos xudeus. En Ourense, o mesmo que noutras vilas de Galicia, os hebreos estaban en inmellorables relacións cos cristiáns. Dedicábanse, como de costume, ao comercio, e compartían os cargos públicos e prebendas cos cristiáns. Consérvase un documento de concordia e concesións que por certo o populacho obrigou a asinar ao bispo Don Pascual García no cal interviñeron, entre outros, os xudeus Ruy Sánchez de Espiñenta, Ruy Lorenzo, Juan Ares e Meen Yáñez. Entre outros cargos facíanse ao prelado o de «obrigar aos veciños a gardar e vixiar polas noites á xudía Gorina Pérez, condesa de Froniesta, que facía encantamentos e ceras». (Dedicábase a curar maleficios e vender cera virxe fiada por tres doncelas que levasen o nome de María.) «Gorina foi sen dúbida da caste de Isabel Broklin, a xudía de quen descenden os «nobres» apelidos dos Fonsecas e Ulloas de Galicia e os marqueses de Alcañices, abolengo que lles iguala cos ilustres vastagos dos condados de Monterrei, A Coruña, Vilaverde e Benavente, descendentes de Ruy Capón e a súa muller, xudeus, alcabalero el e almojarife de réinaa Dona Urraca; e con estes poden contarse os que veñen dunha «Fulana Expulgamanteles», a xudía, que son entre outros, os duques de Maqueda, Medina-Sidonia e Ponce de León, como os descendentes de Dona María de Juncos, chamada «a Coneja», tamén xudía conversa, penitenciada polo Santo Oficio de Zaragoza;' os de Camarasa, Osuna e Sástago...» (15). Os xudeus de Ourense tiveron o seu aljama nunha das rúas principais, a Rúa Nova, que alá polo século XV estaba situada nas proximidades da Praza Maior e Horta do Concello; A comunidade xudía de Ourense tivo a súa judería collendo a parte que entón era coñecida co nome de Rúa Nova e alcanzaba ata a horta «dás Ouliveiras», transformada despois en rúa do Instituto e horta do Concello, e nesta última rúa, hoxe de Pereira e Praza do Bispo Cesáreo, existe aínda, a casa co número 13, que ata os nosos días conservou o nome de ?a casa dá Xudía? A construción de dous edificios que aínda se ostentan na que foi aljama, levantados no século XVI, cambiaron a face da Rúa Nova, pero non os seus moradores en absoluto. Alí foi a residir Cadórniga, o encarnizado inimigo dos hebreos. «En sitio talvez moi próximo estaba a Sinagoga, que ocupaba unha parte do terreo en que, a mediados do século XVII foron emprazadas as obras da Igrexa e colexio da Cía. de Jesús...» «En canto á forma da Sinagoga, non será fácil precisala cando nesta zona da poboación todo cambiou. O terreo que quedaba da Rúa nova está ocupado polo que hoxe é Seminario Conciliar, e non subsiste nin aínda o nome da rúa...» (ibíd.).
Alí habitaba a xente máis rica da poboación, e nalgún documento noméanse algúns dos moradores: «David ó Xudío; Samuel, Xudío; á Xudía muller de Rovio, xudío; Ou'Colondro; Ou'Zapateiro; Juan Patino é sua nai, xudíos; Salamon Tecelan (tejedor)...». E é de advertir que «de cando en cando a xustiza do Concello tivo que facer ningún embargo na Rúa Nova, dedicados ao comercio, platería, arrendadores, cobradores, alcabaleros, foron donos do movemento pecuniario da provincia, ricos en facenda, mercancías, alfaias, roupas e casas, obtendo relativa protección do clero e dos bispos»- Noutros documentos menciónase á xudía Aldonza e a un tal Salamon, «xudeu plateyro», e a un Juan Dorribo que foi encarcerado por vender no seu tablajería da Rúa dás Chousas a carne máis cara aos xudeus que aos demais veciños. No libro de acordos do Municipio, 1441, hai un que mostra a tolerancia dos xustizas de Ourense cara aos hebreos, os cales, a pesar diso, dicíase que alcumaban «nazarenos» aos cristiáns e «Capeluda» á Virxe, expresando sen ambaxes a súa aversión aos ritos católicos. E fálase de «un Meen Potiño, Jues, que por razón que tina preso no seu cadea a Mose Marcos, plateyro xudeu por rason que diso que disera et desia contra Deus é Santa María, dicindo que a Virxe parirá tres veses». Noutros documentos cítase a «David ou xudío» e a «Carrasco ou xudío» e dos seus negocios de préstamos e pezas con cristiáns, nomeándose a un Ñuño Patino, notario e xudeu.
O clero e as autoridades de Ourense eran moi benévolos coa comunidade xudía. En cambio, algúns nobres feudais, como Gonzalo Díaz Cadórniga e a súa muller, Beatriz de Castro, profesábanlles verdadeiro odio. No ano 1442 os Cadórniga colmaron de persecucións aos xudeus ourensáns «chegando á triste situación de ver arrasada a Sinagoga, destruído o «Talmud» e roubados os obxectos que ao abrigo do templo custodiábanse». Outro membro do clan cometeu unha serie de abusos contra a comunidade mosaica, que se relatan nos escritos da época: «... ítem tomaron por forza a moza de Alvaro de Mira é dormiron con ela et apancarona... ítem sen escudeiro Alvaro Gandió matou a noso desiño Alonso, xudeu». En cambio, o Concello observaba con eles a maior tolerancia, permitíndolles a fabricación e venda de rosarios, crucifixos, cálices e outros obxectos sacros; que modificasen ao seu xeito o bautismo «cando, .chamadas as súas matronas, botaban, no caldeiro de auga de socorro ao recentemente nado, alfaias, moedas de ouro e pedras preciosas, vaticinando que Divos faría rico ao neno; que chamasen «Capeluda» á Virxe e que na Sinagoga maldixesen tres veces ao día aos «nazarenos».
En Ourense, os xudeus, como en toda Galicia, gozaban de plena e total liberdade nos seus asuntos comerciais. O escribano Afonso Enríquez e Samuel Abraham tiñan poderes para contratar cos cristiáns, sen que haxa referencia de que realizasen grandes usuras, como os de Braga, a quen houbo de esixir Afonso IV que nas súas escrituras usurarias non percibisen máis de «ou terço». Con todo, o Ordenamento da raíña Catalina e o Concilio de Zamora prohibíanlles ser cambiadores, alíflojarifes e recadadores, e prescribía que non gastasen pano que custase máis de 30 maravedíes a vara, que se cortasen o pelo e a barba e que non fosen albeitares, xastres, pellejeros, tundidores, calceteros, carniceiros, etc., e que os cristiáns fuxisen do seu trato. Había, emporiso, algúns grupos que desempeñaban cargos importantes, médicos, avogados, algúns moi renombrados, como os Guadalupe, que alcanzaron elevadas dignidades.
Aquela familia Guadalupe ocupou sinalada posición na Corte de Castela. Eran dous irmáns, ambos os médicos, Antonio e Pablo, orixinarios de Castro Caldelas, de onde pasaron a Ourense. Pronto foron soados polo seu saber e a Raíña Católica colmoulles de mercés, mentres príncipes e nobres disputábanse a súa amizade. Cando morreron os Reis Católicos pasaron ao servizo do Emperador Carlos V, acompañándolle nas súas viaxes e nas súas campañas. En Italia, os Países Baixos e Alemaña, e ata en América, deixaron pegada da súa sabedoría. Algún tempo logo de estar na corte rexia convertéronse ao cristianismo, facéndoselles nobres e exentos de. toda mácula ou «Sambenito.», autorizados a usar escudo de armas e departir coa verdadeira nobreza. No escudo figuraba un león negro en campo de ouro.
Moitas outras personalidades descollaron entre os xudeus ourensáns, como Abraham Vázquez, sabio xuíz rabino ; os escribanos Afonso Enríquez, Enrique Ismael e Nuno Patino; o avogado Luís Enríquez, que pleiteó contra Jerónimo Rodríguez, tamén hebreo e avogado de Ribadavia e contra a desdichada Isabel Coronel; os Méndez, Catalina de León, Arias, Morades, todos eles moi ricos; os Caminero, Pereyra, Tecelán, Espiñenta e Samuel ; o sabio Felipe Álvarez, os catequistas Jerónimo e Domingo e moitos outros. Os Arias e os Méndez foron famosos en Allariz e en Xinzo de Limia; os Bacaredo e Oduáriz en Celanova, e os Sánchez no Avia. E é posible que fose oriúndo de Ourense o soado filósofo Benito Espiñenta ou Spinoza; iso apóiao o feito de que o marqués de Bóveda de Limia era un Espiñenta e os seus dominios na provincia de Ourense chegaban ata Verín e Valdeferre. A Sinagoga de maior importancia era a de Ourense, onde igualmente radicaba o Sanhedrín, a «Tora» e o «Talmud». Houbo outra en Allariz, e no Cartulario de Sobrado dous Monxes faise referencia a un terreo designado como «Sinagoga». En Allariz, Celanova e Ribadavia contaban os hebreos co seu Consello de Anciáns para dirixir aos seus individuos, o mesmo no espiritual que nos asuntos comerciais.
En Ribadavia, vila que ten hoxe uns tres mil habitantes, había no século XIV máis de 1.500 israelitas, que habitaban o barrio próximo ao Miño. Cando os ingleses de Lancaster atacaron Ribadavia en 1386, os moradores, sen guarnición militar, defendéronse bravamente, con axuda dos xudeus, que resistiron na muralla pola Porta Nova e o Arrabal. Ao cronista Froissart houbo de sorprenderlle a encarnizada resistencia dos moradores e os xudeus, quen perderon ouro e prata en grandes cantidades ao entrar a saco os ingleses. Estes arrasaron a aljama, pero non queimaron a vila enteira por crela útil como praza forte.
En Ribadavia entrou un bo día o lendario Pedro Madruga, quen para vingar a morte da condesa Elvira de Ziíñiga, atacada a lanzadas polo populacho queimou a vila e levou preso, entre outros, ao prior de San Clodio, nun burro e cunha ristra de allos ao pescozo dicindo, irónico, ao despedirse: «Adeus, xudeus de Ribadavia».
Era entón Ribadavia un centro de contratación que estendía as súas operacións ata Vigo e outros portos, e penetrando ao interior da provincia de Ourense concorría cos tratantes de peixe das rías, cos de cereais e viños de Santiago, Ribeiro e Amoeiro, os de panos e os prateiros de Monforte e os mercadores de ferro, bronce e estaño que proviñan das minas de toda Galicia. Así chegou a vila a ser unha das primeiras prazas de Galicia, polo seu gran tráfico mercantil. Desde mediados do século XIII tiña xa o seu albóndiga, os seus hospitais de peregrinos, lazaretos, etc. Logo de expulsados, non esqueceron os xudeus a Ribadavia, legando aos seus o recordo daquela terra amada, e así, no século XIV, volveron conversos e establecéronse nun arrabal dela vila, facendo dela en pouco un florecente emporio comercial. Non é de estrañar que os veciños de Ribadavia profesasen gran afecto aos hebreos, do cales acusaban os poboados próximos. Aínda en tempos bastante recentes representábase alí unha pantomima de xudeus e filisteos. . A expulsión dos israelitas de Galicia ocasionou un decrecimiento xeral e notorio do comercio. A Inquisición actuou duramente en Ourense, deixando o peor recordo o inquisidor Gamarra, «tanto polos intereses que arrebatou aos acusados en favor das arcas do Tribunal como pola crueldade con eles executada». Foi acusada de feiticeira a moza Constanza de Pazo, de Lamala, dicíndose que succionaba o sangue aos nenos recentemente nados. Acusouse a Juan Gómez, de Verín, por ler libros cabalísticos e os de matemáticas de Patricio Sinot, profesor de Santiago ; a Juan Asturiano, de Verín, de que «para facer arar á súa vaca tomou unha candea e varios ramos de loureiro e oliva benditos, facendo deles catro cruces e derramando cera na auga».
O Tribunal confiscou os bens dun xudeu de Valdeorras, Méndez, por valor de máis de 40.000 ducados, e o mesmo fixo cos doutros potentados, como Marcial Pereyra, Antonia de Sarabia e outros. O maior pecado dos hebreos non foi a usura, nin a hechicería, senón a delación. Por delatora mereceu o repudio dos seus a tristemente famosa Isabel Coronel. Por medo á Inquisición, que segundo os cronistas actuou en Galicia con maior dureza que no resto de España, delatábanse uns a outros coa maior vileza. A fins do século XVI non quedaba no reino un xudeu sen converterse. A partir de entón, a Inquisición de Santiago emprendeuna contra os judaizantes, deixando triste fama o visitador Pedro Gamarra na rexión galega, segundo evidencíase nuns versos populares:
«Pedro Pérez é mais ó bandullo van vos dous ata ó cabo do mundo.'»
Os xudeus de Ourense e Pontevedra, durante as persecucións, alternaban a súa vida en Galicia e en Portugal, establecéndose acá ou alá, segundo íanlles as cousas e o rancor que lles profesaban os seus denunciadores. Se un decreto refuxiáballes no país veciño, outro lles facía volver. Así permaneceron, conversos, a maioría deles.
* Extraído do libro “LOS JUDIOS ESPAÑOLES” (1957)

viernes, agosto 31, 2007

Fantástica viaxe a Israel desde Galicia

Os amigos de AGAI - Asociación Galega de Amizade con Israel organizan unha expectacular viaxe a Israel no próximo mes de novembro. Para máis información pincha aquí

sábado, agosto 25, 2007

Poema de Álvaro Cunqueiro en Hebreo

A dama que ía no branco cabalo
levaba un paño de seda bordado,
Na verde fror
as letras van de amor!
O cabaleiro do cabalo negro
levaba unha fita colléndolle o pelo.
Na verde fror
as letras van de amor!
No medio do río cambiaron as vistas,
el para o paño e ela prá fita.
Na verde fror
as letras van de amor!
As vistas lies virón no río cambiar
e o paño e a fita por se namorar.
Na verde fror
as letras van de amor:
Con amor vivirás !
De Álvaro Cunqueiro

viernes, agosto 24, 2007

Voda xudía na Festa da Istoria 2007

Voda Xudía
No pasado, e hoxe en día en algúns círculos relixiosos, a elección da parella non era feita polos noivos senon pola familia e dentro desta principalmente os pais eran os que escollian o futuro do seu fillo ou filla. A cerimonia se efectuaba baixo un palio chamado Jupá. O oficiante, xeralmente un Rabino, era quen casaba á parella. Despois da cerimonia o noivo rompia cos pes unha copa de viño, mostrando a súa alegría polo casamento. Dentro da “Festa da Istoria” a voda xudía se limita a unha representación do que foi unha realidade. A actividade é seguida por centos de persoas tanto na súa cerimonia coma no percorrido polas rúas do casco historico, debido á singularidade do vestiario e os canticos sefardíes que recrean o ambiente de aquela época.

miércoles, agosto 22, 2007

Programa da Festa da Istoria 2007



PROGRAMA 2007
23,24 e 25 de Agosto de 2007
XOVES 23
20:30 - ACTUACIÓN MUSICA NA IGREXIA DE SANTIAGO. GRUPO "CORO DA ISTORIA" (CORAL CLUB ARTISTICO) E GRUPO DE MUSICA MEDIEVAL "XOGRARESCA".
VENRES 24
21:00 - ANIMACIÓN DE RÚAS. Actuación do Grupo Cabraloca polas rúas e prazas da vila.
22:30 - DESFILE dos SBANDIERATORI DI CASTEL MADAMA (ITALIA). Saída do Cruce do Carballiño.
23:00 - ACTUACIÓN dos SBANDIERATORI DI CASTEL MADAMA na Praza Maior.
23:30 - A SANTA COMPAÑA. Actuación dos grupos: "A Tres Manos" e Cabraloca"
SABADO 25
10:00 - LECTURA DO BANDO DA ISTORIA polas rúas e prazas da vila.
10:30 - APERTURA DO BANCO DA ALHÓNDIGA na praza maior
11:30 - DESFILE DA ISTORIA con saída dende o pavillón.
12:15 - PREGÓN DA ISTORIA na praza maior.
12:30 - ENTREGA DE MEDALLAS DA ISTORIA na praza maior.
13:00 - VODA XUDEA na Sinagoga da Madalena.
13:00 - XADREZ VIVINTE no auditorio do castelo.
13:30 - CARREIRA DE PIPOTES saída do cruce do carballiño.
13:45 - BAILE MEDIEVAL na praza maior.
14:30 - ACTUACIÓN DO GRUPO CABRALOCA na praza de San Xoan.
16:00 - DESFILE dos SBANDIERATORI DI CASTEL MADAMA polas rúas da vila.
16:30 - ACTUACIÓN dos SBANDIERATORI na praza maior.
17:00 - TIRO CON ARCO no campo da feira.
18:00 - TORNEO MEDIEVAL no campo da feira. Grupo Legend Especialistas.
19:30 - CETRERIA. Grupo FALCON Exhibición no campo da feira.
20:00 - ESGRIMA MEDIEVAL. Club de Esgrima el Olivo no Auditorio do Castelo.
20:30 - BAILE MEDIEVAL no auditorio do castelo.
21:30 - TEATRO "O MALSIN" no auditorio do castelo.
22:30 - CEA MEDIEVAL na Igrexia da Madalena.
22:30 - PECHE DO BANCO DA ALHÓNDIGA.PENSANDO NOS NENOS.
12:00 - XOGOS PARA NENOS ATE AS 13:00 H.16:00 - XOGOS PARA NENOS ATE AS 20:00 H.17:00 - TITERES.17:30 - CONTA CONTOS.

jueves, agosto 16, 2007

O xudeu Xacobe. De Carlos Casares


De Carlos Casares*

Texto incluído no seu libro "Os escuros soños de Clio" e publicado en GALIZA-ISRAEL

Fala o P. Heitor Joaquim Arrais no seu Relatarlo crítico sobre supersticdes, Coimbra, 1723, da viaxe que realizou a Galicia poucos anos antes da data de aparición do libro citado, para coñecer en persoa a un xudeo pontevedrés chamado Xacobe, sobre o que escoitara, sempre de labios de xente aparentemente responsa­ble e digna de creto, que nacera e vivira nos tempos de Cristo. Era, polo visto, tal a cantidade de datos fidedignos que ofrecía o interesa­do e tan curiosas as cousas que contaba, que aínda os seus máis escépticos interlocutores acababan por rendirse diante da contundencia duns argumentos que ao parecer facían evidente o que dicía, por máis que a razón se negara a acéptalo de bo grado. Foi entón Arrais de Coimbra a Pontevedra para comprobar a falacia de canto escoitara, pondo especial coidado no segredo e na intención da súa viaxe a fin de evitar que o tal Xacobe se puidera enteirar dalgún xeitu, pois xulgaba moi impor­tante para o éxito do seu propósito que o en­contro tivera lugar sen previo aviso e por sor­presa.
Chegou o sabio bieito portugués a Ponteve­dra nos días amargos do despiadado ataque dos. ingleses do brigadeiro Ormond, coa cidade aín­da media destripada e a xente acontecida polo feroz comportamento daqueles salvaxes extranxeiros. Preguntando, chegou ao Grande dos Alfaiates, onde vivía o xudeo referido, e alí mesmo deu, sentado nun pequeno banco de madeira á porta da casa, co cobizado home que buscaba. Observouno ben antes de dirixirlle a palabra e achou que era o xudeo Xacobe persoa miúda e de poucas carnes, case que amarelo de cor, pequeno, calvo e desdentado. Preguntoulle despois Frei Heitor pola súa gracia e non tivo resposta. Descabalgou entón para achegarse a el e ver de iniciar conversa, pero pese á arte e á paciencia con que procedeu, non conseguiu facerlle abrir a boca para nada. Insistiu un pouco máis, sen traspasar en ningún intre os límites da educación e da prudencia, pero o velliño ergueuse con xesto canso, recolleu o banco onde se sentaba e entrou na casa pechando amante e delicado a porta detrás de si. En vista da negativa, pensou Arrais na con­veniencia de cambiar de táctica e acordoumeditar con tempo o camiño a seguir. Buscou, pousada no convento de San Francisco, onde o acolleron con agrado, falou eos frades anima­damente do seu país e da nova ciencia, pero senexplicarlles a razón da súa viaxe, fixo as oracións canónicas do día e retirouse logo a des­cansar. Antes de caer no soño, matinou serenonos pasos que debía dar para conseguir entre­vistarse con Xacobe, e despois quedou durmido. Ao día seguinte, unha vez cumpridas asobrigacións do seu estado e sen perda de tempo,saíu á procura do xudeo, ao que volveu atoparsentado á porta da casa, na mesma actitudetranquila e mansa do día anterior. Foise achegando a el o frade, sen lograr que o mirara, ecando se encontraba a menos de dous metros,ergueuse novamente o vello, colleu o banquiñode madeira e meteuse outra vez dentro. Entónsoubo xa o P. Heitor que Xacobe non falaría con el por moito que o intentara, pero aínda así, como para confírmalo ou probar por últi­ma vez a sorte, andou ata a porta e petou lixeiramente. Como esperaba, non recibiu resposta algunha. Voltou logo o padre portugués para o con­vento e decidiu confiarlle o seu propósito e o amargor do seu fracaso a un frade irmán. Respondeulle este que coñecía ben a Xacobe e que podía estar seguro de que non conseguiría arrincarlle unha soa palabra, pois había xa tempo que andaba escarmentado. Oitenta anos atrás, en Hamburgo, sometérano a tortura por dicir que el non era outro que Cartáfilo, agora bautizado Xacobe, aquel porteiro da casa de Pilatos que arrempuxara a Cristo camiño da rúa para que saíra pronto ao seu suplicio e que quedara por esto condenado a agardar a volta de El Señor ata o fin do mundo. En Londres fora acantazado polo mesmo. En Roma solici­tara ser recibido polo papa dos cristiáns e non gañara senón dúas fortes pancadas no pescozo por parte dun cura grande e lambón que lle chamou impostor e falsario. En París queimárano en 1314 e, anque non morreu, saíu todo chamoscadiño do percance e con tantas dores que por primeira vez na súa vida buscou logo a im­posible morte tirándose ao río. En Pontevedra tivo algúns problemas eos frades de Santo Do­mingo, que o investigaron e lle quixeron facer confesar que era un tramposo e un mentirán, de resultas do cal saíu medio coxo dunha perna. Desde entón, Xacobe enmudeceu para todo o mundo, incluso para os amigos máis achegados, aos que se dirixía soamente por señas. Pese a eso, o cariño dos veciños non sufriu unha miga e contaba co respeto e o mimo de to­dos eles. Por outra parte, o seu comportamento foi sempre exemplar e xeneroso. Cando o es­tropicio dos ingleses, deu mostras de gran valor e sentimentos nobres. No incendio das casas, meteuse entre o lume para salvar cousas, ani­mais e xente, e na ponte do Burgo fixo frente el só a un batallón inglés da Santa Alianza, os sol­dados do cal fuxiron aterrorizados ao ver que despois de ser atravesado por máis de cen espadas que lle entraron por tódalas partes do corpo e despois de ser arcabuceado outras tantas veces, seguía vivo desafiando ao inimigo coa súa simple presencia. Escoitou Freí Heitor o relato do seu compañeiro con certo irónico escepticismo, que este último, alma simple e sinxela, non chegou a ad­vertir. Inquiriu a continuación o visitante se non podería contar coa súa apreciada media­ción para conseguir unha entrevista con Xacobe, e respondeulle o frade galego que non, que prefería non exercer violencia moral sobre un home tan delicado e ao mesmo tempo tan firme como aquel. Pensou entón o portugués de que xeito tería que obrar para descubrir as falsedades daquel refinado farsante e despois de moito discorrer, xa cun proxecto concreto na cabeza, dirixiuse ao chou á procura do que buscaba. Custoulle dar cun desalmado que se prestara ao ruin experimento, pero atopou por fin a un bergallán sen escrúpulos e bastante animal, acertadamente alcumado Bicho polos veciños, e puxo en marcha o seu revirado plan. Aquila mesma noite, o tal Bicho puido en­trar, polo segredo e con arte, na casa do xudeo cando este estaba durmido, achegouse ao zorro á súa cama, apalpou as escuras o breve corpo baixo a manta e cando soubo que o tiña a tiro seguro, empezou a subir e baixar o descomunal coitelo con furia, ata que lle meteo máis de trinta puñaladas. Ao día seguinte foi Freí Heitor ao Grande dos Alfaiates para ver os resultados e non sen sorpresa atopou a Xacobe sentadiño no seu banco, silencioso e triste como sempre, sen sinal exterior de ter sufrido violen­cia. Cando o xudeo presentiu a non querida presencia do frade forasteiro, ergueuse e meteuse novamente dentro da casa. Sen emoción especial algunha, anque con certa curiosidade, voltou Frei Heitor ao convento, fixo correr un par de recados e logo agardou tranquilamente. Aquela noite volveron apuñalar a Xacobe, que ao día seguinte xa estaba outra vez sentado no banquiño. Trataron despois de afogalo con cabezais e con mantas, pero co mesmo terco re­sultado. E outro tanto ocorreu cando lle prenderon lume no xergón mentres durmía, cando lle deixaron caer unha enorme pedra enriba da cabeza desde un cabalo que pasaba, cando lle envenenaron a auga e cando lle meteron un espantoso alacrán negro dentro dun zapato. Invariablemente, cada mañá aparecía o vello sentado no seu sitio, unha miga desmellorado e aínda máis triste, doente e descolorido, con estampa de estar sufrindo de forma sobre­humana. Unha tarde, cismando en calquera cousa mala, pasou polo Grande dos Alfaiates o frade portugués, observou con atención a Xacobe, que se ergueu naquel intre, colleu o banco con grande esforzó e encamiñou os pasos cara á porta. O día estaba claro e notába­se na rúa un gran rebuldicio, moitas voces e berros de ledicia, xogar de nenos e movemento de mercado. Ninguén viu, a non ser Freí Heitor, que dos ollos do velliño babeaban un par de bágoas redondas correndo despaciosas e lentas polas enrugadas meixelas abaixo. Había xa tres longas noites que Xacobe lle viña pedindo a Deus unha morte reparadora, tan canso estaba xa de padecer e de sufrir. Apareceulle por fin Cristo crucificado para dicirlle que comprendía a súa desesperación, soamente xustificable pola enormidade daquel vello peca­do cometido, pero que desgraciadamente para el e para moitos que o querían, a morte non lle chegaría ata o día do Xuízo Final. Aceptou Xacobe resignado a divina vontade, pero quixo mostrar os centos de cicatrices que ao longo dos séculos lle foran castigando cada pulgada da peí do seu corpo, facendo especial insisten­cia nas derradeiras. Apiadouse entón El Señor diante de tantos e tan longos sufrimentos e tremendo de indignación e de cólera díxolle que aquela mesma noite ía precipitar por fin os astros sobre a Terra e que deste xeito recibirían castigo tódolos culpables ao paso que remataba dunha vez para sempre aquel o seu terrible padecer. Cando ao día seguinte, camiño xa de Portu­gal, pasou Freí Heitor Joaquim Arrais derrota­do polo Grande dos Alfaiates, ignoraba aínda que se os seus duros ollos podían contemplar a fermosura transparente do aire da limpa mañá que se estreaba, debíallo á paciencia e á bondade daquel velliño pequeño e seco que xusto naquel intre se estaba erguendo para entrar na casa co seu banquiño na man.

Tirado do libro OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO

Máis fermosas imaxes da nosa Biblia Kennicott




O xudeu errante, en Compostela. De Álvaro Cunqueiro

De Álvaro Cunqueiro
Publicado en GALIZA-ISRAEL

Non me estrañou ler en erudita nota que o astrólogo Guido Bonnatti asegura que o Xudeu Errante -Ahasvero, Catófilo ou Buttadeo, que tal é o seu aderezo onomástico- visitara Compostela como peregrino no ano de 1267. Hai un verso que vén en Mistral, pero que me cheira a xentileza de barqueiro provenzal, que di que “baixo a ponte de Aviñón todo o mundo pasou”. Compostela, das súas abertas portas, igual podía dicir. Por que non ía vir a Compostela unha parte tan esencial e significativa da humanidade pecadora coma o Xudeu Errante? Se é verdade o que Ernesto Helio -ese gran escritor sobre o que foi derramado o escuro licor do esquecemento- asegura, que onde o Xudeu Errante pasou a noite fica setenta veces sete anos o doloroso amargor da súa sombra, non andará aínda, vagabunda, pola enorme pedra compostelá, fría “como unha espada mergullada en negra auga”, a sombra alongada de Cartófilo? E digo alongada porque Boemehe, un cóengo de Bruxas, paseando a beira daquelas canles por onde tamén o noso Luís Vives paseou, cantando, ao que era moi afecto, con aquela voceciña desagradable que tiña; digo que paseando o cóengo viu pasar a Ahasvero, e a súa sombra, sobre as mangas augas da amarela canle, alongábase extrañadamente, vermella e movediza. Recentemente non hai noticias de que fora visto. Viuno Werner en Roma? É posible. Cóntase que pousou a súa man sobre un libro que Werner lía, e como brasa, aquela man pecadora, queimouno. Werner conservou, ate os seus últimos días de Salzburgo, o libro sinalado. (Sempre me gustou imaxinar a Werner, e a frei Vernero, no convento franciscano de Salzburgo, onde medran as roseiras do milagre e o reiseñor aniña nas maceiras. Non hai un momento en Werner, como no pobre Enrique von Kleist, no que sobre a súa sombra aterrada e fuxitiva se pousa a sombra terrible de Bottadev?)... Cóntase que Napoleón topouno en Soissons cando os Cen Días, pero parece contradicilo o testemuño de Dumas pai, neno. Relátao Lenotre. Chegou a Soissons a carruaxe imperial e Dumas, curioso, atendía na posta ao cambio de tiro. O Emperador descorreu a cortiniña e preguntou:
-Onde estamos?
-En Soissons, sire.
-A cantas leguas de París?
-A quince, sire.
-A cantas deLyon?
-A oito, sire.
E cambiando o tiro, seguiu a viaxe. Unhas semanas máis tarde Napoleón regresaba a París, e en Soissons, tamén ante Dumas neno, fixo as mesmas preguntas. Entre viaxe e viaxe, Waterloo. Viu a batalla Fabrizio do Dongo, unha personaxe de Stendhal. Pero en Soissons, Napoleón non falou con Ahasvero.
Ía agochado no fondo da carruaxe, contando os Cen Días coma cen pérolas vermellas, derramadas desde as súas mans sobre o eterno campo das batallas... Finalmente, Raissa Maritain conta que León Bloy recibiu unha carta na que se lle aseguraba que tal día de tal mes de tal ano, o Xudeu Errante estaría en Lyon, nunha ponte sobre o Ródano. Bloy viña de publicar “A salvación polos xudeus”, e tomou a carta como misteriosa sinal. Pero, o esmoleiro ingrato non tiña diñeiro para ir a Lyon.
Gustaríame preguntar ás compostelás pedras se as acariñou a sombra xigantesca e sen par do Xudeu Errante. Cal queimou o libro de Werner, non deixaría nalgunha pedra de Santiago o sinal do lume irremisible? Desde agora que sei que Ahasvero estivo peregrino en Compostela, sempre que vaia á cidade, terei abertos os ollos, e espreitarei máis aló de onde a luz se humílla na sombra, por se unha sombra máis
profunda arde, fuxitiva, nun recuncho.

martes, agosto 07, 2007

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) demanda a volta a Galicia da Biblia Kennicott.



Nunca debeu marchar. Súmome a petición da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) para a súa volta.

jueves, agosto 02, 2007

A presenza xudea en Allariz

A PRESENZA XUDÍA EN ALLARIZ
Antonio Blanco Rodríguez
A historiografía xudaico-alaricana amósase parca en datos. Dificultade que xa atoparon Cid Rumbao e José Puga, principais estudosos do tema. O arquivo da parroquia de S. Esteban, fundamental neste caso, foi vítima do lume no s. XVII. O mesmo lle aconteceu máis recentemente ao do Concello, se ben este xa comezara a desmantelarse con anterioridade. Por ende a presen-
te aproximación á presenza xudía en Allariz ten un carácter fundamentalmente compilatorio.


1.-Orixe do asentamento xudeu:
No Foro de Allariz, outorgado por Afonso VII á Vila en 1.157 e que regulamenta minuciosamente as relacións de convivencia, non se fai a máis mínima alusión
á presenza xudía. A primeira referencia documental topámola en 1.186, data na que o Xudeu Maior merca ao Concello un pedazo de terreo con destino a cemiterio. Esta transación foi posible en virtude da doazón feita en 1.181 polo
Rei Femando II ao Concello das súas propiedades na Vila e no termo xurisdicional. Este primetro asentamento ubicábase nos suburbios da Parroquia de S. Pedro, entre Torre Lombarda e a Porta de Vilanova, dentro da
muralla e delimitado pola Rúa de S.Lázaro, en lugar de notable desnivel, no que aínda perdura o topónimo Barranquiño. Entre a muralla e o río extendíase o Campo dos Coiros, hoxe Portovello- cunha incipiente actividade de curtición ligada á presenza xudía que perdurará na evolución socioeconómica daVila.


2.-O período álxido: s. XIII e s.XIV:
Se ben a lexislación -a primeira lei de apartamento ditara Sisebuto no 3ª Concilio de Toledo- establecía a obrigada segregación de comunidades étnicas e relixiosas, todo parece indicar que a práctica cotiá obviaba ou cando menos difuminaba este rigorismo. Nembargantes puntualmente deberon producirse numerosos conflitos e enfrontamentos como se tira das sucesivas cartas
de avenencia e conciliación entre ambas comunidades. A primeira delas data de 1.249: "Sepan cuantos vieren esta página para siempre valedera que los que habitan en el atrio, por sí y por su parte y los que habitan enVilanova y en S.Pedro por sí y por su parte, hacen en, firme el siguiente pacto de amistad..."
Intento evidente de achegamento entre os cristiáns que habitan nas imnediacións do adro de S.Pedro e os xudeus dos suburbios da mesma parroquia e de Vilanova. Chama a atención a masiva concentración de institu
cións destinadas a grupos marxinais ou de presenza cercana non desexable
(leprosario de S. Lázaro, Hospital de peregrinos do Seixón e Hospital do Conde na rúa do mesmo nome, Albergue de S.Pedro...) durante estes séculos nas inmediacións da Parroquia de S.Pedro. A Vila xurdira e medrara en rúas paralelas ao castelo xusto no outro extremo, sendo aínda hoxe perceptible unha maior densidade de edificación na zona leste, preto do castelo, que na oeste, preto de S.Pedro. O 20 de maio de 1.289 asínase o principal documento en relación coa comunidade xudía: a Carta de avenencia que debe regular de
mutuo acordo a convivencia entre etnias. Non é o caso de entrar aquí
na clásica controversia deAmérico Castro e Sánchez Albornoz sobre a
convivencia e colaboración entre as tres culturas, incluidos os mouros ou mouriscos. O certo é que o pacto asínase en pé de igualdade, baixo a autoridade real representada por Pero Eanes, meiriño da Vila. Na orde relixiosa acórdase separar as celebracións públicas sen presenza dos uns nas doutros. Tamén se acorda que os cristiáns non morarán na xudería e viceversa. O Xudeu Maior, Isaac Ismael, deberá entregar en prenda "a casa do burgo polos danos que seus
xudeus hi feçeren..." O que pon de manifesto que os xudeus tiñan
propiedades no barrio criastián e incluso no novo barrio de O Couto onde se está a construir o Convento de Sta.Clara ao que na mesma carta establece o compromiso de doar en herdade "a orta que hi ten....por que as Donas do
Mosteiro podan.... façer seu cimeterio". O documento sinala claramente a ubicación da sinagoga e cemiterio: no Subcastelo, en solar cedido polo Concello en 1.186. Asemade faise unha primeira referencia ao barrio de O Couto, confirmado posteriormente por Carta puebla de Sancho IV de 1.293 e
que, co tempo, rematadas as obras, será ocupado polos xudeus.
Así poís, semella comprobado documentalmente que a finais do s.XIII os xudeus habitaban no barrio de S.Pedro e Vilanova e tiñan cemiterio e sinagoga no Subcastelo. Nin a carta de 1.249 nin a de 1.289 deberon eliminar os conflitos étnico-relixiosos na súa totalidade. A Festa do Corpus fora instituida por bula de Urbano IV en 1.272 e a súa procesión ordenada por
Xoán XXII en 1.316. Pola súa banda, a Cofradía do Corpus Deus estableceu
se en Allariz na Parroquia de S.Pedro e perdurou ate 1.875. No primeiro ano de celebración da procesión xa se produciron conflitos entre xudeus e cristiáns.
Neste contexto deben situarse os acontecementos de 1.317 con Xoán de Arzúa como protagonista. Subido a un boi guiado polos seus criados, a golpes de fariña e formigas bravas, vai escorrentar aos xudeus cara ao seu barrio.
Sentiuse tan orgulloso da súa fazaña que decidiu crear unha Fundación co seu nome e capital para perpetuar a súa memoria, o que aínda hoxe se fai anual e
puntualmente. Malia á Pragmática de Carlos III,en Allariz antívose a tradición, entre outras razóns pola Carta outorgada polo mesmo Rei en 1.766, posiblemente a petición do Concello, que sanciona a costume e permite a súa celebración. Nin a Picouta dos Xudeus, no Eirado de S.Pedro, debeu cumprir o efecto disuasorio agardado. En 1.319 trasladouse ao Outeiro da Forca -eufemísticamente rebautizado como O Xardin- e dalí, a finais do s.XV, ao Outeiro da Godalla. O topónimo orixinal mantense na Praza do Eiró, no que foi adro de S.Pedro.


3.-Decadencia e extinción:
Durante o conflito sucesorio mantido entre Henrique de Trastámara e Pedro I a presenza xudía en Allariz era aínda de notable entidade. Este último nomea a Fernando de Castro administrador dos reinos de Galicia, León e Asturias, quen mediante Carta outorgada de 5 de maio de 1.366 declara en Allariz unha especie de amnistía xeral, tanto a xudeus como a cristiáns: "... por cualesquier maleficios que cualesquiera de ellos hayan hecho o se hayan guardado de hacer en cualquiera manera, tanto judíos como cristianos...".
As décadas finais do s. XIV e o decorrer do s. XV significan un
camiño de decadencia cara a extinción numerosa da colonia xudía. Sen
dúbida os sanguentos acontecementos que no conxunto dos reinos se viven a partir de 1.391 deixaron tamén a súa pegada en Allariz. A colonia xudía trasládase, agora xa extramuros, ao Subcastelo e O Couto onde remataran as obras do Convento. A Lei de apartamento das Cortes de Toledo de 1.480 sentará principios xurídicos aínda máis rigurosos. Con todo enAllariz, seguindo a
tradición, se non se ignoran, sí que se interpretan moito máis benignamente.
A altura de 1.487 o párroco de S.Esteban manda Carta de aforamen
to en beneficio dos xudeus para que ampliaran o seu cemiterio.
Igualmente significativo resulta o caso de Mosé Peres, xudeu recadador de alcabalas reais en Ourense que, ao ser requerido para que se apartara á Rúa Nova desta cidade, manifesta que el era veciño de Allariz, o que sen dúbida amosa unha maior tolerancia aínda nestas datas na Vila que na capital. No mesmo senso semella aclaratoria a referencia a Juan Alfonso Carpintero, dirixente da revolta irmandiña en Allariz, que en 1.467 convoca unha fronte común de cristiáns e xudeus contra os cabaleiros do reino. A nova situación político-social de finais de século remata coa Pragmática de expulsión ditada polos Reis Católicos en Granada en 1.492. En Allariz os efectos da mesma deberon ser mínimos por canto a comunidade xudía xa se integrara por conversión masiva ou abandonaran os menos a Vila sen maiores problemas. A primeira consecuencia desta extinción "oficial" foi a remoción do "fossar" ou cemiterio xudeu do Campo da Mina practicada en 1.500,onde "...aparecieron cadáveres sentados en sus sepulcros en forma de silla con hebraicos caracteres en larga cartela funeraria". Posiblemente polas mesmas datas desmantelouse tamén a sinagoga.


4.-Pervivencia da tradición xudía:
A presencia da tradición xudía en Allariz, aínda que máis difusa,manterase ao longo dos séculos seguintes. Ao desmantelamento de cemiterio e sinagoga seguíulles a desafectación por parte do Concello. É máis que probable, como afirma Cid Rumbao, que as pedras correran cara abaixo, é dicir, cara ao río e
se empregaran na reconstrucción da ponte de Vilanova (1.559-1.600) ou no encoro e muiño da Puchina nas imnediacións do recinto de Vilanova que os cabaleiros da Orde de Malta rexentaron. No s. XVII o párroco de S.Esteban, Juan Antonio Conde, decidiu queimar o arquivo ante as continuas disputas entre cristiáns novos (conversos) e vellos. Neste mesmo século, co fin de desvirtuar a conciencia xudía, construiuse un Calvario no camiño que unía Vilanova co "fossar" ou cemiterio xudeu. Mauro Rivera, secretario do Concello en 1.740, deixounos a primeira descrición do Subcastelo: "secano, de inferior calidad, cabida tres fanegas, que sirve de pasto al común. Linda E.muralla de
la Villa; O., Castillo de ella; N., rio Arnoya y S. dicha muralla". De semellante xeito figura no Catastro de Ensenada de 1.749. Precisións análogas fará Juan
Manual Mascareñas, informante de Pascual Madoz en 1.836 para o seu Dicionario Histórico Geográfico de España: "El Campo de la Mina (cemiterio) es un sitio al ENE- y a cien pasos de la puerta principal de la Iglesia de S.Esteban en donde se enterraban los hebreos que subsistieron
en la Villa hasta el s.XVI". Ate 1.840 a Vila contou con cemiterios no adro de cada parroquia. Nesta data construiuse o cemiterio cristián de Vilanova, para o que se utilizou pedra da ala N. da muralla e a que quedaba da sinagoga e fossar. Curiosamente os documentos desta época ao referirse a este cemiterio utilizan o termo "fosario", o que avala unha influencia mutua das dúas culturas.
Desaparecidas as pegadas materiais, mantivéronse por séculos as actividades económicas, en mans dos agora conversos do barrio de S.Esteban, vencelladas ao curtido, "piliteiros", zapateiros, tecedores ou oficios menestrais xunto a pro-
fesións liberais. A tradición dos amendoados, gardada polas monxas do conven
to, ten relación coa colonia xudía. Un párroco de Santiago, en abril de 1.830, a vista de que as disposicións de Carlos III non surtían efecto sobre os disciplinantes, comentaba: "Reminiscencias mal extinguidas de la superstición judaica que labró la perfidia hebrea en el Sinaí". Son moitas as testemuñas directas que José Puga aínda tivo ocasión de recoller e que confirma a vixen
cia da tradición xudía no s. XIX e comezos do s.XX. Aos de S.Pedro seguíaselles a chamar "rifeños" pola súa actitude de provocación permanente. De igual xeito aos de S.Esteban se lles coñecía como "os da sinagoga", sendo frecuente o insulto de "touciños" ou "marráns", pois comían en público carne de porco para demostrar a verdade da súa conversión. Tamén na procesión de Semana Santa a figura do Nazareno ía custodiada por dous saións vestidos de romanos: o xudeu da corneta, que a máis de este instrumento levaba na outra man a soga de Cristo e o xudeu da tralla que portaba unha especie de látego. Se chamarlle a alguén "xudeu" xa era un insulto, este multiplicábase se a fórmula utilizada era "xudeu da corneta". En 1.910 produciuse un apedreamento contra estes xudeus da procesión que deu pé ó conseguinte xuizo, sen que ficara claro se as pedras tiñan como destinatarios aos xudeus ou aos seus portadores. De todo isto, o principal documento que pervive na actualidade constitúe o Festa do Boi de Corpus que a Fundación con nome de Xan de Arzúa debe preocuparse non só por conservar senón tamén por investigar e autentificar.


Fontes bibliográficas:

AMADOR DE LOS RIOS, José:
"Historia de los judíos en España y Portugal" Madrid, 1984.
BARROS, Carlos: "O outro admitido. A tolerancia cara os xudeus na
idade media galega". Universidade de Santiago.
CASTRO, Américo: "España en su historia. Cristianos, moros y judíos". Barcelona, l983.
CID RUMBAO, Alfredo: "Historia de Allariz". Ourense, 1984.
LOPEZ CARREIRA, Anselmo: "Os xudeus de Ourense no s.XV". Ourense, 1983.
MONSALVO ANTON, J.M.: "Teoría y evolución de un conflicto social. El antisemitismo en la Corona de Castilla en la Baja Edad Media". Madrid, 1985.
PUGA BRAU, José : "Os xudeus de Allariz". Ourense, 1996.
SÁNCHEZ ALBORNOZ, Glaudis: "España, un enigma histórico". Barcelona, 1985.

viernes, julio 27, 2007

Texto de Álvaro Cunqueiro sobre os xudeus galegos en Salónica.



Lin en www.galiza-israel.org, magnífico e valente sitio de referencia para moitos, este precioso texto de Álvaro Cunqueiro sobre a presenza de xudeus de orixe galega en Salónica.

Gallegos en Salónica

El Instituto Arias Montano, del CSIC, ha publicado las actas del primer simposio de estudios sefardíes, celebrado en Madrid en junio de 1964. Una de las comunicaciones discutidas en dicho simposio fue la presentada por el sefardí Sr. Uziel sobre características del ladino, y su folklore. En la discusión surgió la g salonicense, es decir, la geada de aquellos judíos, que dicen jato por gato. El Sr. Molho –otro sefardí, cuyo apellido nos declara claramente su procedencia portuguesa–, explicó que la investigación sobre la geada en juderías como la de Salónica podía ser muy importante para conocer cuál es el origen de muchos sefardíes establecidos en Salónica, y como el dice en su parla, «en sus alderredores». El Sr. Uziel. aportando alguna explicación a la geada de Salónica, dijo:

—La provenencia puede ser de Galicia. En Salónica, ande se usa la geada, hubo, parece, un grande contingente galiciano, gallego; porque había en Salónica un cortijo que lo llamábamos «a los jallejos», y una expresión muy corriente era: «somos jallejos y no nos entendemos»- El elemento gallego en Salónica puede ser el que influenció con la geada.

A lo que el Sr. Molho contestó, precisando y negando:

—Los gallegos en Salónica eran poco numerosos. Tenían un patio, un barrio particular, pero eran pocos. La prueba es que ellos no fundaron una sinagoga «Gallegos», como había una sinagoga «Catalán» y «Aragón». Como los gallegos eran ignorantes y no tenían dirigentes –eran muy ignorantes porque eran todos hombres «de pena», aguadores, etc.—, no pudieron fundar una quehilá*, y por eso se afiliaron a los aragoneses. Eran pocos e ignorantes.

A mi no me sorprende, naturamente, que haya sefarditas de origen gallego en Salónica, judíos de Ribadavia, de Monforte, de Lugo, de Ourense; de esta ciudad, los descendientes de aquellos cuyos nombres conocemos por los documentos publicados por Ferro Couselo en A vida e a fala dos devanceiros: Judá Péres, Abrafán de Allaris, Salomón Castelao, don Ouro, Samuel Ciano, doña Judía, o de aquella otra. también innominada —acaso doña Sol, doña Noche, doña Sorprendida, doña Agua...—, «e a judía de Monterrey». O algún pariente de aquel desdichado« o xudío, o rubio e capado»... Lo que si me sorprende es que aquellos paisanos nuestros —me exijo a mí mismo llamarles así— hayan conservado , para soltárselo mutuamente en horas de discordia, o escucharlo como burla en otras bocas, aquel decir de Payo Gómez de Barbeita cuando iban los gallegos a la campaña de Antequera, que mandó el infante don Fernando, el que luego fue a reinar a Aragón en virtud del Compromiso de Caspe; digo que iban los gallegos, y pasada Sanabria se pusieron a discutir airadamente los señores capitanes, Andrade, Ulloa, Moscoso, que los tres querían para sí el mando, y Payo Gómez de Barbeita, iniciando la vuelta a casa, exclamó en voz alta:

—¡Somos galegos e nónos entendemos!

La «gente de pena» de Salónica repetía el decir del fidalgo nuestro, viviendo la miseria de su pequeño barrio, y saludando respetuosamente a la puerta de la sinagoga de Aragón a aquellos ricos señores emparentados con los de la Espina, los Enríquez, los Santángelo, los de Caballería, que eran como príncipes allá en Zaragoza... Tan pobres eran los nuestros, que tendrá razón el Sr. Molho, que ni siquiera pudieron llevar a Salónica la geada. Vendían, eso si, cantando, agua de las fuentes.


* quehilá: comunidad, sinagoga (Nota de Álvaro Cunqueiro).

miércoles, julio 25, 2007

FAMILIAS XUDÍAS SEFARDITAS DE APELIDO “LEMOS” OU “DE LEMOS”

FAMILIAS XUDÍAS SEFARDITAS DE APELIDO “LEMOS” OU “DE LEMOS”

De Felipe Aira Pardo

El vocablo “Lemos” o “de Lemos” es singular de nuestra tierra y da nombre a nuestro valle. Su significado si seguimos, por ejemplo, a Manuel Murguía, Padín y Bullete, etc., alude a un suelo húmedo, lo que encaja, perfectamente, con nuestro país. Lym, Leman, Limoges, Limia, etc., son algunos topónimos españoles y europeos que, al igual que nuestro “Lemos”, titulan poblaciones de suelos fértiles y húmedos. Los Oestrymnios, gente rica en lomo y estaño, fueron los primeros moradores de nuestra tierra, de los que se tienen noticias. En el siglo VI a. de de J.C., son expulsados por los Saefes o Safes. Los Lemavos: por geógrafos e historiadores, con unanimidad digna de ser destacada, son situados en la comarca que ocupa la tierra de Lemos, citados por Plinio a los que se llama también Lemavi, Lemavus, Lemorvios, Lemabus y Lemaborus, que tuvieron como centro y capitalidad el Castro Dactonium. El P. Flórez, en su obra “España Sagrada” dice que los celtas introdujeron este nombre, posiblemente, aludiendo a la ciudad Lemoviae, que tenían en la Galia, situada en un pequeño collado, parte de ella en un río. Murguía fue quien en su “Galicia”, desarrolló la teoría del origen celta del nombre y tribu de los Lemavos, asociando su etimología a las de Lym, Leman, etc. Nuestra tierra fue ocupada por una gran tribu celta, tanto si se considera que provienen de Leman, con pronunciación oscura, como si hubiese tomado nombre de la gente hermana del pago Lemovicense en Limoges, Francia. Los Lemavos fueron citados, asimismo, por Strabón, Ptolomeo, Mela, etc., constitiyendo una de las más importantes estaciones celtas de Galicia. Cuevillas señala en su etnología de la cultura castreña, que Lemavos es un nombre introducido por Sefes, con correspondencia en las Galias y, por tanto, de origen celta, así como la filiación étnica de sus habitantes, descontada, asimismo, su céltica procedencia.

De ahí tomó nombre nuestro valle, el Valle de Lemos.
El Castro Dactonium, capitalidad de los Lemavos, para la mayor parte de las fuentes se hallaba en el monte de S. Vicente, en el lugar donde hoy se encuentra el Parador Nacional de Turismo. En documentos de los siglos IX,X,XI, se cita el “Castro Actonium” “Actonio” “Luctonio”. Entre otros eruditos, Amor Meilán, M. Rubén Alvarez, Villa-Amil, Barros, etc., se inclinan por la correspondencia de Dactonio con Monforte de Lemos. Desde la Alta Edad Media, “de Lemos” dio nombre a los titulares de la villa, Señores y, luego, Condes hereditarios y perpetuos, por encima de los apellidos, Castro, Enríquez, Osorio, etc. Una de las ramas de la familia de los López, que se distinguió desde los primeros momentos de la Reconquista, poseía propiedades y castillos en el valle de Lemos, señoreando los actuales municipios de Sober y Pantón. Para diferenciarse de las otras ramas de la familia, se colocaron el término “de Lemos”, formando la gloriosa y gran familia de los López de Lemos. Las familias hidalgas y vasallas de apellido “de Lemos” o “Lemos” avecindadas en el vecino país lusitano, procedían de nuestra valle de Lemos. Asimismo, las que se trasladaron por Europa y, a partir del siglo XVI a las Américas. No existe ninguna otra población, elemento geográfico que se denomine Lemos o de Lemos, solamente, como dato curioso, decir que en el municipio de Rianxo (A Coruña) existe una pequeña aldeal perteneciente a la parroquia de Araño, llamada “Os Lemos”, con una veintena de vecinos; "En la provincia de Lugo, Concello de Paradela una parroquia se denomina Castro de Rei de Lemos. Tiene cerca de cuarenta entidades de población o barrios."
.
En el año 1916 y a petición de Correos, el Estado aprueba que el nombre oficial de Monforte pasaría a ser MONFORTE DE LEMOS. Correos realizaba la petición para diferenciar a nuestra ciudad de otros poblaciones de España y del mundo que también se llamaban y llaman MONFORTE.

Lemos o de Lemos apellida a un destacado número de personas, de familias, establecidas en poblaciones gallegas, en otras comunidades del Reino de España, en Europa, en América, etc., pero lo que resulta ciertamente interesante y sorprendente, además de destacable, ES LA GRAN CANTIDAD DE FAMILIAS JUDIAS SEFARDITAS QUE, DESDE EL SIGLO XVI HASTA NUESTROS DÍAS TIENEN COMO DENOMINADOR COMÚN EL APELLIDO “LEMOS” o “DE LEMOS”. Los judíos sefarditas son los que, tras el edicto de expulsión de 1492, comenzaron una nueva diáspora por diversas partes del mundo. Expulsados de España por no convertirse al cristianismo, se vieron obligados a abandonar su hogar, “SEFARAD”, nombre con el que los judíos conocían y conocen a la Península Ibérica. Desde hacía siglos, vivían en España y Portugal y, ahora, en 1492, se veían obligados a dejarlo todo: su patría, como ya consideraban a Sefarad, y buscar nuevos lugares donde vivir en paz, libertad y tranquilidad. Con el paso de los décadas, de los siglos, por diversos motivos, buscando mejorar sus condiciones de vida, muchas familias sefarditas o sefardíes, que se habían convertido al cristianismo, en su mayor parte, de manera falsa, (llamados marranos, judaizantes, etc.,) también salieron de suelo peninsular. A estos judíos también se les conocía de diferentes modos: cristianos nuevos, conversos, etc.

Esta nueva diáspora del hermano pueblo sefardita, tuvo varias rutas:

- Una de ellas fue al norte de África, desde Marruecos hasta Egipto, el principal lugar fue Palestina.

Otra cuyo principal destino fueron los países de Italia, Grecia, Turquía y Rumanía, sobre todo, Turquía.

- Una tercera, cuyo destino fueron los Países Bajos, desplazándose desde allí al centro de Europa, sobre todo Alemania e Inglaterra.

Durante la segunda parte del siglo XVI muchas familias judías tuvieron como punto de referencia América. Por ejemplo, la inmigración judía sefardita a Estados Unidos tuvo tres momentos importantes y con características diferentes:

- La primera oleada de 1654 a 1820 estuvo compuesta en su enorme mayoría por familias judías procedentes de España y Portugal.

- La segunda oleada, de 1820 a 1860, procedía, esencialmente, de Alemania.

La La tercera oleada, de 1880 a 1924, huía de los países del este de Europa.

Estos datos tomados del libro de Eric Santoni “El judaísmo”, se completan con la siguiente información:

“ (...)Los marranos término aséptico que se propagó en América y Países Bajos para designar a los judíos que procedían de España y Portugal, como ya se ha visto, sinónimo de judaizantes, fueron los primeros judíos que llegaron a Nueva Inglaterra. Allí fundaron una comunidad judía americana que, desde entonces no ha dejado de crecer, hasta convertirse en la actualidad en la comunidad judía más poderosa de Nueva York.”

Eric Santoni escrito lo anterior en el año 1997.

Hasta bien entrado el siglo XVII, los que se habían quedado en Sefarad, no se casaron con familias de cristianos viejos, poniendo en práctica lo que podíamos llamar “endogamia”.

Este apasionante capítulo de nuestro trabajo “LA COMUNIDAD JUDIA Y JUDEOCONVERSA DE MONFORTE DE LEMOS”, que trata sobre familias judío sefarditas de apellido “de Lemos” o “Lemos”, se inició de una manera inesperada.

En el año 1995, antes de que comenzásemos a realizar el estudio histórico, una joven pareja estadounidense de raíces sefardíes, visitaron nuestra ciudad. Su móvil principal era conocer la ciudad de Monforte de Lemos, pues, como ellos mismos dijeron, existe en su familia la tradición pasada de padres a hijos de que sus raíces y ancestros procedían de Galicia y Portugal. Hablaron con nuestro amigo, el historiador y periodista Ángel Arnáiz, al que le facilitaron una carta que viene a decir, textualmente:

“Las únicas cosas de las que estamos seguros es que Daniel de Lemos nació en 1770 en Altoona un sitio en Hamburgo. Él se casó primero con Ludica Mendes y tuvieron tres hijos. Luego se casó con Rosahen Samson Sussman, también de Hamburgo. Esther de Lemos nacida en 1828 en Hamburgo. El padre de Daniel de Lemos se llama Abraham y su madre Sara Tratto. Se dice que la familia llegó desde Portugal vía Amsterdam. La familia podría ser de cualquier religión (...)”

Al final adjuntan un listado de matrimonios descendientes de sefardíes, todos domiciliados en Hamburgo:

Abraham de Lemos, año 1827.
Abrahm de Lemos (Age 42) (1827-30). Vivía en Amsterdam
Adolfo de Lemos, (1853)
Ant-Be de Lemos (1840)
Pnne Man Kewioz de Lemos (1848)
Benjamín de Lemos (1837)
Betty de Lemos (1864)
David de Lemos ( 1865)
David de Lemos (1847)
Gabriel de Lemos (1859)
Jehendith de Lemos (1861)
Joss de Lemos (1860)
Josua Lac de Lemos (1843)
Miryam de Lemos (1837)
Mordechai de Lemos (1837)
Mosen Abraham de Lemos (1841)
Rahel de Lemos (1853)
Sara de Lemos (1844)
Sara de Lemos (1858)
Simson de Lemos ( 1848).

Cuando comenzamos nuestro trabajo de investigación nos pusimos en contacto con las siguientes ilustres personalidades del mundo cultural sefardita, para tratar esta parte del trabajo:
El Doctor Mordehai Arbell, perteneciente al Congreso Judío Mundial; el Doctor Moshe Shaul, Vicepresidente de la Autoridad Nacional del Ladino y Director de “Aky Yerushalayim”, la única publicación editada completamente en LADINO. El ladino es la lengua que hablaban los sefarditas expulsados de SEFARAD, en el momento de su expulsión y que fue pasando de generación en generación, de padres a hijos, hasta llegar a nuestros hijos. Hoy, la Autoridad Nacional del Ladino, creada por Decreto Ley del Parlamento de Israel, tiene como objetivo prioritario, que el Ladino no desaparezca, difundirlo y mantenerlo vivo. Que gran riqueza es el Ladino y que amor tenían aquellos judíos hacia SEFARAD. Expulsados, simplemente por no tener la misma religión que los cristianos, lejos de cualquier tipo de odio por ello, no olvidaron la lengua de SEFARAD, la mantuvieron viva entre sus descendientes, hasta llegar a nosotros. Cabe destacar a otras personalidades que nos ayudaron en este apartado del trabajo, como la Sra. Claudie Blamont, Presidente del “Círculo de Genealogía Judía de París”, el Sr. Paulo Valadares, el Sr. Faiguenboim de la “Asociación de Genealogía Judía de Brasil, Sr. Marcelo Benveniste de la “Asociación de Genealogía Judía de Argentina”, el Sr. Arlene E. Jacob de EEUU, etc.

Pues bien, con la ayuda de estos amigos hemos localizado más de 100 familias judías sefarditas de apellido “de Lemos” o “Lemos”.
Vamos a citar algunos ejemplos, solamente, para no extendernos en demasía.

El Doctor Mordehai Arbell, perteneciente al Congreso Mundial Judio y uno de los mayores conocedores, sino él que más, de familias sefarditas de Centroamérica, nos dice:

“Tenemos varias familias sefardíes de apellido de Lemos:

(...) En Curaçao:
Moses de Daniel Benjamín con Rachel de Joseph de Lemos Benveniste.

Moses da Costa Lemos con Rachel Morales se casaron antes del año 1762.

En Santo Domingo:
Zelia de Lemos, nacida en la República Dominicana el 7 de octubre de 1875, falleciendo en Panamá el 3 de junio de 1916, casada con Isaac Levi Toledano, nacido en St. Thomas el 9 de octubre de 1867, falleciendo el 14 de mayo de 1933. Zelia era hija de Samuel de Lemos, nacido en Prusia en el año 1854 y murió en Panamá en el año 1897. Se conserva la lápida sepulcral.
Altoona es hoy una parte de Hamburgo, en el pasado pertenecía a Dinamarca que recibió judíos ibéricos. Fue una comunidad independiente a la de Hamburgo que con los años se unificaron. Del matrimonio entre Zelia e Isaac Levi, sabemos de los siguientes descendientes:
Raymond Levi Toledano de Lemos, nacido en Panamá en 1897 y fallece en el año 1960. Casado con Rachel Evelyn Melhado nacida en Panamá en 1907....
Vera Toledano de Castro...
Bertha Branca Toledano de Fidangue...
May Toledano de Maduro, casada con Félix Brandon Maduro...

En 1882, el general Luperon inicio un proyecto: llevar judíos de Ucrania para Sto. Domingo. Para ello recibió el apoyo de los judíos residentes en Puerto Plata y Santo Domingo, dirigidos por Jacob de Lemos. Jacob de Lemos escribe en febrero de 1882: “Siempre hemos sido recibidos, entre todas las clases del pueblo Dominicano, con una hospitalidad exquisita y hemos gozado de relaciones que apreciamos mucho. “ Residentes hoy en Santo Domingo: Doctora Celine de Lemos Rivas, Rubén Lemos, José de Lemos, Mirna de Lemos, Miguel de Lemos, Rafael de Lemos. La familia Toledano de Lemos vive en Panamá. Los conozco, tienen una empresa grande de pollos y huevos.

En Hamburgo, se conserva la lápida tumbal de Yosej Haim de Lemos con el siguiente escrito: “sa/do Benaventurado/Yoseh de Lemos/ Fo En Ya 267 de Tisrianno 5456/SAGDG, que traducido dice: Lápida de entierro del preciado y prestigioso Yosef Haim de Lemos. Falleció el miércoles, 26 del mes de Tishrei. Año 5456, año cristiano de 1695.

Panamá. Max de Lemos nació en 1887 (...) se conserva la lápida funeraria que dice que fue “buen padre y hermano”, que significa que hubo otros “de Lemos”.
Claudia de Lemos, nacida en el año 1910 y fallecida en el año 1974.”

Hasta aquí un primer escrito enviado por el Doctor Mordehai Arbell.
Otro escrito dice:
“Recibí del Sr. Ramón Sarraga de Detroit, lo escrito en lápidas tumbales en Hamburgo = de Joseph Hisquiau de Lemos, su esposa Abigail, y de Daniel de Lemos y su esposa (...)”

El Doctor Mordehai nos detalla lo que ponen las inscripciones de las lápidas. Luego, nos añade:
“Además, en Hamburgo, en el calendario hebreo:
Joseph de Lemos, de Hamburgo
Isaac de Lemos.
Joseph de Lemos casado con Sara del Monte.
Jospeh Hisquiau de Lemos Benveniste.
Hice un estudio sobre los libros que tenemos en Israel con referencias a Bayonne en Francia, pero no encontré los “de Lemos”. El profesor Gerard Nahon de la Sorbona, historiador de Bayonne me dijo en su visita en Israel que está seguro que hubo “de Lemos” en Bayonne”. Abrigail Hadash de Joseph de Lemos se casa con Isaac Daniel de Lemos. Benjamín de Lemos estudió Derecho en la Universidad de Halle en 1731. Josephus de Lemos, estudió medicina. Fueron parientes suyos el Rabino Jacob Benveniste y en 1748, el Doctor Médico Joseph de Daniel Benveniste. En Berlín, Dr. Benjamín de Lemos, fue el primer Director del hospital judio de Berlín. Su hija Henriette de Lemos 1764-1847, conocida como “la hermosa judía” se casó con el doctor Markus Hertz conocido como “el filósofo”. En su casa, la Sra. Henriette de Lemos, manejó el más culto y famoso salón literario. Su educación, conocimiento de muchos idiomas y belleza incomparable le han hecho una de las mujeres más atractivas de Berlín. Con su marido estudiante de Mendelsoh y Kant y ella amiga de la élite alemana como Nicolas, Dohm, Ramler, Teler, fundó la “Asociación de buena conducta” siendo dos de sus miembros fundadores, los hermanos Wilhelm von Hunboldt (político) y Alexander von Humdoldt (investigador botánico y biólogo). Después de la muerte de su marido la corte de Prusia le propuso ser maestra de estudios de la hija de la reina Charlotte. La única condición fue que se convirtiera al cristianismo. Ella lo rechazó. Charlotte fue la esposa del rey Nicolas II de Rusia. Henriette no tuvo hijos.

Cuando residí un año en Guatemala (1991) me informaron que un alto oficial salvadoreño de apellido de Lemos, llegara a Guatemala y a su sinagoga, para regresar al judaísmo, siendo pariente del presidente de el Salvador “de Lemos”.”

Finalmente, tras facilitarnos más datos, termina diciendo:
“El camino, sin ninguna duda, de muchos de los ancestros de los judíos sefardíes de Lemos fue: MONFORTE Y SU TIERRA DE LEMOS = PORTUGAL =EUROPA = AMÉRICA.”

Hasta aquí algunos datos extraordinarios facilitados por esta autoridad del mundo cultural sefardita. El Sr. Mordehai se jubiló como diplomático al haber estado en diferentes embajadas de Israel, amén de haber sido profesor universitario. Actualmente, reside en Jerusalem.

Vemos que el apellido de Lemos o Lemos, en la mayor parte de las ocasiones va acompañado por apellidos castellanos o lusitanos, como el conocido Toledano, Benveniste, Dacosta, etc. Disponemos de las fotografías, en algunos casos de no muy buena calidad, de muchas tumbras sepulcrales de cementerios judíos ubicados en diferentes países, sobre todo, Alemania, países de Centroamérica, etc., en las que se puede ver escrita la palabra LEMOS o DE LEMOS. Pertenecen a judíos sefarditas que llevaron el nombre de nuestra tierra, de nuestro valle, de nuestra ciudad, a multitud de lugares.


Evaristo Correa Calderón, en su obra “Índice de utopías gallegas”, en las pags. 275-276, comenta:

“Los judíos gallegos.
Hablábamos un día mi amigo Stevan Savin de Yugoslavia y yo, de los muchachos judíos que estudiaban en Toulouse y le pregunté, entonces, si había entre ellos algún sefardíe. “Sí, me dijo; hay varios que se llaman españoles.”
Algún tiempo después nos presentaba a tres estudiantes –aquellos amigos de quienes os hablé- morenos, de facciones finas, de mirada penetrante, pero recelosa en principio. El uno se apellidaba Toledano. Otro se llamaba Samuel Bivas. Procuré franquearme con ellos, les mostré mi simpatía, les hablé de España con ternura y entusiasmo. Yo veía cómo reaccionaban. Uno de ellos, desde la última trinchera, aún quiso defenderse, y me habló de la injusticia que con sus ascendientes se había cometido. Hablé con calor, situando el hecho en su propio ambiente, siglos de ignorancia y ceguedad; de la lucha religiosa, fiebre de aquel mundo de entonces (...). Hemos llegado a ser grandes amigos. Estos me han dado una satisfacción extraordinaria, presentándome a otro de ellos. He aquí que habiéndole preguntado si alguna vez oyera hablar de España a sus viejos, me dice que sí, que su abuelo decía que sus antiguos vinieran de “MONTE FORTE, EN LA GALLIZIA”

martes, julio 10, 2007

Conferencia do Profesor Carlos Barros


Os xudeus na Galiza

Carlos Barros

Universidade de Santiago de Compostela

Trascrición literal da conferencia dictada en Allariz, o 6 de xuño de 2006, no ciclo de conferencias "Os xudeus e a Festa do Boi”, organizado pola Asociación Cultural Xan de Arzúa e o Concello de Allariz.

-Antonio Blanco Rodríguez, presentador: Boas tardes. A Asociación Cultural Xan de Arzúa e o concello de Allariz teñen asumido o compromiso non só de organizar a Festa do Boi, senón tamén de manter a súa tradición histórica e cultural e afondar no seu coñecemento. Ás xa numerosas iniciativas que se teñen producido ata o de agora únese esta do foro Boi. Estamos no ano da memoria e dela cómpre botar man. Afondemos entón no coñecemento deste noso legado cultural e expliquemos case oitocentos anos máis tarde por qué segue correndo un boi polas rúas de Allariz.
A tradición do boi de Corpus en Allariz xira arredor de tres elementos fundamentais: os cristiáns, os xudeus, e o boi no medio. O foro boi desta edición de 2006 elixiu para o seu estudio o tema dos xudeus, estando previsto aplicar este mesmo esquema, este mesmo formato en edicións vindeiras, a outros temas colaterais. Relatorios, cine, exposicións e música, terán pois como denominador común ós xudeus. Abrimos esta xornada inaugural ca intervención de Carlos Barros que disertará sobre os xudeus na Galiza. Carlos Barros é profesor titular de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela, doutor vencellado ó Consello Superior de Investigacións Científicas, coordinador da rede académica internacional Historia a Debate, autor de numerosísimas publicacións en relación con temas medievais, ca historiografía, organizador de varios congresos, eu teño suliñado aquí un pola temática que nos toca aquí hoxe sobre os “Xudeus e conversos na Historia” realizado en Ribadavia, e porén ten numerosísimos foros, sería interminable a lista, en todo o mundo, e é autor tamén de moitísimos traballos e publicacións académicas. Semellaba convinte empezar este foro cun achegamento global ó fenómeno dos xudeus en Galiza, para posteriormente, nos próximos días, ir descendendo hacia realidades máis próximas a nós como as que aquí trataremos, dos xudeus en Ribadavia, os xudeus en Ourense, ou os xudeus en Allariz. A Carlos fíxenlle o encargo específico de que fixera unha presentación global do movemento xudeu en Galicia, inda que eu estou ben convencido de que non se resistirá a falar dos xudeus en Allariz, porque me consta que ten estudiado este fenómeno, eu teño manexado documentación del sobre os xudeus en Allariz, e seguro que algo delo nos contará. Así pois, ten a palabra sen máis Carlos Barros.
-Carlos Barros: Boas tardes amigas e amigos de Allariz. Primeiro agradecer a Antonio e á súa presentación, a Asociación Xan de Arzúa pola invitación, e non podo empezar a falar sen saudar previamente tamén o señor alcalde e ó delegado de cultura de Allariz. Empezo preguntándome por qué o interese sobre os xudeus na Idade Media, incluso na Idade Moderna, é maior na provincia de Ourense ca noutros lugares de Galicia, en Ribadavia, en Ourense e en Allariz principalmente. Primeiro porque hai máis documentación en cantidade, do Arquivo Municipal de Ourense afortunadamente se conservou bastante documentación, iniciada a súa publicación por Ferro Couselo e continuada por López Carreira. En Celanova, para os comezos da Idade Media hai moita documentación, a mellor probablemente de toda Galicia, pero tamén en calidade, porque en Allariz só un documento ó que faremos referencia vale un imperio para o coñecemento das relacións entre xudeus e cristianos, non só en Allariz, e non só en Galicia. E logo en Ribadavia hai unha mención cronística breve pero de enorme valor tamén para coñecer o pasado xudeu de Ribadavia e Galicia. Tamén no sur de Galicia, no que é hoxe a provincia de Ourense, foi máis temperán a presencia xudía, podemos demostralo documentalmente, que noutros lugares. No século X, nos anos novecentos e pico, a estas alturas é a última investigación que fixen aínda sen publicar, está clara unha presencia non só xudía senón tamén moura nas terras de Celanova. Logo, e ten que ver co anterior, non hai lugares de Galicia como Ribadavia e Allariz onde haxa unha tradición hoxe en día tan grande sobre o pasado xudeu, que hai que remontarse a feitos de séculos atrás: a festa da Historia en Ribadavia e a festa do Boi en Allariz, que teñen un sentido distinto, incluso podría parecer contradictorio, complementario, diría eu. Pero claro, as tradicións orais e escritas, porque se van alternando, como neste caso que dura tantos séculos, son plurais naturalmente. Eu creo que a razón dese maior interese pola presencia xudía no sur de Galicia, na provincia de Ourense, é consecuencia (cheguei á convicción logo de darlle moitas voltas), de que o sur de Galicia estivo non vintecinco anos como dicimos normalmente, a historiografía tradicional di baixo dominio islámico, nos diríamos vivindo dentro de Al-Ándalus, senón que estivo cento cincuenta anos, o cal é unha influencia grande de tipo cultural, de tipo demográfico, de tipo político, que normalmente pasa desapercibida. Entre o ano 865 e o ano 920, o que a historiografía oficial española chama a Reconquista, medrou nunhas décadas rapidamente cara o sur primeiro, a toma de Ourense chegaron ó Miño, logo chegaron ó río Limia ca toma de Viana do Castelo, e nunha segunda fase xa a principios do século X, chegaron as tropas, que segundo a terminoloxía actual denominaríamos cruzadas, ata o río Douro, é dicir Porto, e ata o río Mondego, é dicir Coimbra. E de pronto todo este territorio que está por riba e por debaixo do río Limia, que é un territorio enorme e relativamente despoboado, forma parte do reino de Galicia, que á súa vez controlaba ou estaba dentro do reino de Asturias. ¿Qué quere dicir eso? Quere dicir que houbo que integrar unha civilización que non só era islámica, senón que era extremadamente tolerante co mundo xudeu e co mundo cristiano, que se chama mozárabe, ós cristianos que vivían en Al-Ándalus. Realmente as tres culturas, das que presumimos na Idade Media española, teñen a súa orixe na Escola de Traductores de Toledo no mundo islámico, en Al-Ándalus, na España islámica que durou oito séculos como ben sabemos. Prodúcese certo choque entre unha tradición visigótica bastante persecutoria incluso respecto dos xudeus no que iba sendo o reino de Asturias, que quería reproducir esa tradición do reino visigodo, que fora destruido pola ocupación islámica do ano 711. Entón dende un estado visigodo onde existía certa persecución non demasiado efectiva cara os xudeus a estas tres culturas de Al-Ándalus, hai un contraste tan grande que eso realmente empeza a darnos unha pista de qué pasa cos xudeus e cos mouros de Ourense para abaixo, entre Ourense e C oimbra, entre o século IX e o século X. Don Claudio Sánchez Albornoz di que probablemente os xudeus na Alta Idade Media chegan a Galicia cós mozárabes, é dicir, ó crearse ese núcleo de resistencia ó Islam no norte de Galicia e en Asturias, atrae efectivamente a cristiáns que vivían en Al-Ándalus e que chamamos mozárabes. E eso é certo dende logo se falamos do clero: o primeiro bispo de Ourense no século IX logo de ser recuperado para a monarquía cristián na cidade de Ourense é Sebastián Mozárabe. Pero non está claramente documentado que esa inmigración de xudeus acompañando a mozárabes que veñan do sur islámico se dera en Galicia. Na miña opinión simplemente ficaron onde estaban, é dicir, Hermenexildo Gutiérrez e a nobleza galega, ou galego-portuguesa se queredes daquel entón, chegaron ata Coimbra, e boa parte dos xudeus e dos mouros que estaban alí quedaron no que por aquel entón era Galicia, o cal nos costa moito traballo entender, porque estudiamos para o século IX, X e incluso XI antes da formación de Portugal, o nordeste diferenciando Galicia de Portugal, ainda que non existía tal diferencia. O rei García de Galicia no século XI, que foi un reinado breve, pero foi un reinado propio, chegaban os seus dominios ata Coimbra, ata o río Mondego. Por eso non nos debe extrañar na excelente documentación dos séculos X-XI do mosteiro de Celanova, dende o momento da súa fundación por San Rosendo, que nos atopemos no ano 942 nos arrabaldos de Coimbra viticultores xudeus que pertencían ó mosteiro. Esto o destaco como un dato para que se vexa a situación creada. De pronto a familia de San Rosendo á hora de crear ese enorme señorío que foi o mosteiro de Celanova, resulta que non só se atopa na documentación nomes de xudeus e musulmáns, senón que a estes señores non lles quedaba outro remedio que seguir aplicando os criterios de tolerancia que se daban nestas terras cando pertencían a Al-Ándalus. Polo tanto eu creo que os xudeus e os musulmáns quedaron nas terras nas que estaban cando eran gobernados polo estado musulmán simplemente. E eso se demostra ca onomástica dos séculos X e XI do tombo de Celanova, onde se rexistran multitude de nomes do Antigo Testamento e de nomes musulmáns cunha frecuencia suficiente xunto con outros datos que temos para saber que ahí existían desorganizadas unhas comunidades islámicas e unhas comunidades xudías. É moi sorprendente a diferencia de cómo sucede na documentación de Sobrado nestes mesmos séculos, xa máis ben cara o século XI, onde aparecen por exemplo mouros que se bautizan e cambian a nomes cristiáns aparecendo os dous nomes na documentación, pero sen embargo nos sorprende que tivera servos e servas o propio San Rosendo ós que lle deixaba o nome árabe, e nalgún caso con toda evidencia o exercicio da súa relixión, o que tratándose dun dos principais centros de re-cristianización nunha etapa tan temprana no sur de Galicia, é significativo. Polo tanto, conclúo esta parte porque é a primeira vez que a expoño públicamente, pero decisiva para entender que iso de que a tolerancia é un rasgo significativo para entender as relación xudeus-cristiáns-mouros en Galicia; mouros nos anos que detectamos a súa presencia, o cal se dá tan só nos primeiros séculos.
Cando avanzan cara o sur os nobres que tratan de recuperar o estado islámico, se fala moito de que repoboan espacios con pouco poboamento, pero se fala moi pouco de que ese poboamento é musulmán e xudeu, e ainda que non moi grande, é moi importante para o que estamos a tratar e para entender as orixes étnicas e relixiosas de Galicia. Polo tanto, a Galicia das tres culturas, pódese dicir que nace na Limia medieval. A Limia é o que rodea a rexión natural de Xinzo de Limia, e a eso Cid Rumbao e Pepe Puga lle chaman a Limia de Antela, pero a Limia medieval chegaba ata Maceda. Cid Rumbao dicía (por patriotismo) que a Limia era casi todo Ourense menos a conca do Ribeiro, do Sil e do Bibei. Pero para saber do que estamos a falar hai que sumar á actual Limia, a Limia na zona de Celanova, Allariz, Maceda, realmente Celanova quitando Allariz que era terra do rei, e logo naturalmente como sempre, eu non me quero esquecer de que faltaba a Limia portuguesa, ou sexa a parte de Viana do Castelo, xa que temos ese defecto historiográfico de proxectar cara o pasado unhas divisións políticas e administrativas que son moi posteriores. Pero neste caso tamén son posteriores, porque incluso cando se forma o condado portucalense, que era unha xurisdicción do reino de Galicia nestes anos, no século X e no XI, no século XII se transforma en reino independiente. Pero incluso malia a separación política no século XII, se forma o galego ás dúas beiras do Miño, polo tanto as relacións tiñan que ser enormemente estreitas, e ese galego ata fins do século XV será unha única lengua, o galego-portugués que estudian os meus colegas na facultade de filoloxía. Este é un dos feitos da historia medieval de Galicia máis extraordinarios, que separaba a Galicia bracarense da Galicia lucense, quedando o reino de Galicia restrinxido en termos políticos ata o río Miño, é absolutamente sorprendente que a sociedade civil, inda que viña de atrás, creara unha lingua romance que se transforma prácticamente en única lingua oficial. Este é o único período da historia de Galicia onde houbo realmente unha lingua oficial, combinando co latín naturalmente como segunda lingua, e logo xa ó final da Idade Media cunha presencia do castelán. Polo tanto, ten estas tres partes a Limia: norte, centro, é dicir, a Limia alta de Antela, e a Limia baixa de Portugal.

Polo que dicía antes das circunstancias da chamada Reconquista, éste será o centro da Galicia das tres culturas que será unha característica que terán as relacións entre as tres relixións que serán ó mesmo tempo ¿? ó longo de toda a Idade Media. Ainda que xa digo que a partir do século XII a presencia musulmana desaparecerá absorbida polo mundo cristián pola vía da conversión, inda que as comunidades xudías non desaparecen senón que no período de auxe do comercio e das cidades, a partires do século XII-XIII se fan fortes e continúan ata o momento da expulsión por parte dos Reis Católicos. Polo tanto, a Limia terá un gran peso no reino de Galicia neses anos, neses séculos X e XI, e Allariz como ben sabedes é a chave do reino. Está moi claro que tiña unha relación moi especial ca monarquía, existen documentos aquí sobre os que vos tedes traballado máis. Pero ademáis, e eso pasa desapercibido para o que estamos a falar aquí, era a capital política da Limia, desta gran Limia medieval da que estamos a falar. Vese porque sendo cidade do rei, os notarios do rei firman dende o século XII ata fins da Idade Media como notarios de Allariz e da terra da Limia. E claro, nos séculos XII-XIII a vila crece e se transforma nun centro comercial, sendo entón non só o centro político senón tamén o centro comercial. Tamén participan por suposto dalgunha maneira Ribadavia e Ourense, participan desa nova economía beneficiándose naturalmente da relación con Santiago e polo tanto da súa participación no Camiño de Santiago, sen oscurecer porque é moi importante, e explica moito do que dixemos ata agora, ese centro relixioso, señorial e político que foi no centro destas tres cidades e no medio moi preto de Allariz, no que era a gran Limia medieval o mosteiro de Celanova, que foi algo máis que un mosteiro, foi o centro señorial, repoboador, e que tivo tamén unha importancia política paralela á de Allariz pola relación da familia de San Rosendo ca monarquía de León.
Os xudeus seguiron o movemento xeral da Historia e pasaron do campo á cidade, e da viticultura ó comercio. E aquí outro documento do tombo de Celanova do ano 1044, constitúe o testemuño dos primeiros xudeus que están facendo comercio na Península Ibérica, e cunhas tácticas que están á vangarda do que naquel momento se facía en Europa. Me refiro a uns xudeus que comerciaban na casa dun noble, Menendo González, e son roubados por outro cabaleiro, Arias Ouduariz, e defendidos polo seu protector Menendo González, que o prendeu tras un conflicto militar, e logo chegaron a un acordo de tres anos. Eles vendían telas de importación, que máis probablemente chegaban por Ourense a través do Camiño de Santiago. Estas eran telas de luxo ademáis, supoño que os seus clientes serían os nobres e os eclesiásticos prelados da zona, que eran os que poderían comprar estas mercaderías. Este era o típico comercio que se facía en Galicia por aquel entón, se exportaba sobre todo liño e se importaban telas do resto de Europa. Pero é que aquí non é que haxa un pequeño nobre que tolera ou protexe a uns xudeus mercaderes, senón que estamos ante unha verdadeira alianza comercial, porque él debería ter as súas ganancias deses beneficios comerciales, o cal justifica o que dicía antes, que estaba nese momento a Limia moi na liña do que se comezaba a facer en toda Europa, beneficiándose neste caso do Camiño de Santiago. Hai máis información sobre este nobre, Menendo González, en documentación e libros de historia medieval portuguesa que en documentación e libros de historia medieval galega, excluíndo esta documentación do tombo de Celanova. Pero claro, é que el era tan galego e portugués como San Rosendo, que naceu no que hoxe é a zona de Portugal e se instalou aquí, ó igual ca súa familia. E tiñan casa os dous a ambas beiras do río Limia, polo tanto no que na actualidade son Galicia e Portugal. O Padre Fita descubriu este documento e o publicou no ano 1893. Publicouno enteiro e di que probablemente estes comerciantes xudeus que andaban pola Limia eran de Allariz. Eu ratifico esa probabilidade, porque hai un documento, e Xosé Puga fixo referencia a él e tamén Antonio Blanco logo nese número especial adicado ós xudeus en Ourense que fixemos para a revista da deputación “Raigame” no ano 2000, que é importantísimo inda que non sei se se atopa completo nalgún lugar, podería estar nalgunha casa particular. Este é un documento de 1186 no que aparece un xudeu maior en Allariz que compra ó concello unha terra para facer o que será o primeiro camposanto xudeu de Allariz. Se temos un xudeu maior e un camposanto, polo tanto temos que concluir que existiría en Allariz unha comunidade xudía establecida cas súas institucións no século XII, e en Ribadavia non temos dato deso, e en Ourense tampouco temos datos tan antigos. Isto pode gardar relación ca capitalidade política e económica de Allariz, que puido ser un importante polo de atracción para os xudeus, que atopan no medio urbán o xeito de desenvolverse con maior plenitude. No paso polo tanto, dos xudeus viticultores ós xudeus urbanos que se adican ó comercio, temos tres vilas, Ourense, Ribadavia, e Allariz, onde se forman comunidades xudías, pequenas en número, grandes en influencia e moi interconectadas entre sí. Hai algúns datos clarísimos, algúns dos cales aparecerán aquí de fins da Idade Media sobre a interconexión entre Ourense e Allariz por exemplo. Estas comunidades funcionan, e esto está documentado en maior ou menor medida na Baixa Idade Media, e eu creo sinceiramente que eran moi representativas das relacións entre xudeus e cristiáns en toda a Galicia medieval. Allariz pola tolerancia dende o século XIII; Ribadavia polo poder económico e a capacidade de integración dos xudeus no século XIV; e Ourense porque á hora da gran conflictividade no século XV, danos máis probas da fraternización entre cristiáns e xudeus contra inimigos comúns. Polo tanto, Allariz é o paradigma da tolerancia entre cristiáns e xudeus para Galicia, e polo documento ó que faremos mención non só para Galicia. Eu cando falo de tolerancia, gústame dicir tamén “o outro admitido”, é dicir, que ti admites ó outro como é sen convertilo nin perseguilo. Penso que esa tolerancia desaparece cando as relacións, que sempre inclúen roces e insultos, pero que non supera o umbral da violencia. É dicir cando a relación entre dúas comunidades chega ó nivel da violencia normalmente o peixe grande cómese ó pequeno, e neste caso o que houbo en toda Europa foi unha matanza de xudeus, polo que non podemos falar de tolerancia senón de persecución. Pero a tolerancia non significa que unha persoa sexa filoxudea, ou que un cristián sexa filoxudeu, ou que un xudeu sexa filocristián, senón que se admiten como son. Eso quere dicir que vai haber roces, disputas e problemas. Polo tanto eu creo que é pouco o que se diga en canto á excepcionalidade desta carta de avenencia entre xudeus e cristiáns do 20 de maio de 1289 gardada no concello de Allariz, e logo publicada afortunadamente íntegramente por Amador de los Ríos na “Historia dos xudeus en España e Portugal” cara 1875. Logo tamén foi reproducida na “Historia de Allariz” de Cid Rumbao. É un documento ejemplar porque ahí aparecen presididos polos representantes do rei, o meiriño real e o notario real, naturalmente de Allariz e da Limia, ca presenza da Igrexa, concretamente o párroco de San Pedro, o cal tampouco é casual. Polo tanto aparecen alí, polo lado da mayoría cristián o concello, e polo lado da comunidade xudía o xudeu maior Isaac Ismael señor alcalde, que sería merecente como alarico de pro que tivera unha rúa nesta vila. Antonio blanco recorda como houbera xa un intento 40 anos antes no 1246, que quere dicir que isto se fora negociando con moitas idas e moitas vindas, polo menos en 50 anos, e inda logo deste documento houbo os seus máis e os seus menos. Isto foi un gran logro democrático, empregando vocabulario actual, do Allariz do século XIII, un verdadeiro pacto fundador da convivencia, onde se regulan como se fora o documento final onde conclúe unha negociación, catro apartados: o tema da relixión, o tema do reparto do espacio da cidade e da economía, o tema da xustiza, e coma sempre temas de camposantos. O tema da relixión é o máis importante naturalmente, eu creo que isto algúns xa o sabedes porque afortunadamente isto se difundiu aquí sobre todo a través da obra de Cid Rumbao, de Puga e de Antonio Blanco. Visto os roces que había, pois dicían os xudeus que cando eles facían as súas festas e procesións, viñan os cristiáns do concello a prendalos e molestalos, aproveitaban para ¿? contas de tipo legal con eles, vemos que nese senso hai un certo antixudaísmo. Pero é que os xudeus non se quedaban curtos. Eu non sei se o escriba que redacta este documento, que é cristián, carga moito as tintas, porque claro vese reflexado un anticristianismo que non sempre aparece na documentación, onde din que eles se mofan de costume cando hai festas ou procesións cristiáns. O acordo xa sabedes cal é: cando nós esteamos nas nosas festas non aparecer e viceversa. É interesante porque din exactamente os escribas cristiáns que cando “nós” saquemos ó noso deus e á súa nai Santa María, que non haxa xudeus presentes. Cando falan de sacar a deus, os cristiáns non se refiren ó Deus todopoderoso, creador, senón a Xesucristo. Este era un tema moi doloroso para os xudeus porque eles non recoñecían que Xesús fose o Mesías, nin que fose fillo de Deus. E en canto á referencia á súa nai Santa María, os xudeus negan que María fóra vires, e que fóra máis que unha muller especial, senón simplemente a muller de Xosé e a nai de Xesús. Polo tanto ahí estanse a tocar os temas máis conflictivos. Acordaron pois que cada comunidade fixese as súas festas e procesións polo seu lado en zonas distintas da cidade ademáis, os xudeus por ejemplo as facían no castelo de ¿?. Non é nada extraño aquí a mentalidade das tres culturas, na España cristián está ó mesmo tempo moi implantada moi representada nas “Partidas” atopa un datos tanto antisemitas como dunha enorme tolerancia. Polas “Partidas” sábese que na cultura popular estaba moi extendido a creencia e a práctica de que cada un xuraba segundo a súa relixión, uns na igrexa, outros na mesquita, e outros na sinagoga. Non obstante na cultura popular e na cultura escrita tamén temos datos de grande intolerancia xunto con exemplos de tolerancia. Polo tanto, nese senso existía unha base para chegar a este acordo de respeto mutuo das festas relixiosas, porque é a presenza na rúa o que desata a hostilidade da outra comunidade. Canto ó reparto do espacio e as cuestións económicas acordaron que non viviran cristiáns no barrio xudeu, e que os xudeus nin viviran nin tiveran tenda no barrio cristián. Nese momento estaba xa extramuros a xudería, o que creo que despois explicará Cristina Valera, pois a xudería desplazárase dende os arredores de San Pedro que é onde estaba no século XII, e no século XIII xa estaba extramuros onde está Santa Clara. Logo, polo que se refire á xustiza, que é a clave do poder na Idade Media, o que tratan é de que se respete á comunidade xudea, a autonomía da¿?. Parece que algúns xudeus cometeran algún delito, e para que non foran prendidos polo concello cristián, o xudeu maior pon en venda unha casa para él facerse cargo dos xulgamentos na comunidade xudía, e conseguir así ese respeto que era necesario para consegui-la autonomía judicial, que normalmente funciona tamén dende o punto de vista do cobro dos impostor. Onde funciona ben a autonomía da ¿? que é como o concello xudeu, chegan a un acordo conxunto para pagar ó concello toda a comunidade un tanto por imposto, nos sitios onde funcionaba mellor, eso parece que queda resolto. E logo queda aberta a posibilidade de que as portas da vila, eles estaban extramuros, que todos pudieran utiliza-la porta da vila para pasar os seus bastimentos, que son os alimentos. Eso era unha maneira de garantir de que o comercio para os xudeus estaba garantido a través das portas da vila. É moi importante que no tema da xustiza chegaran a un acordo porque realmente os cristiáns segundo o documento molestan xenéricamente ós xudeus nas súas festas e procesións, o sabbath, o Yom Kippur… . A queixa é que consideraban inxuria que os cristiáns do concello viñeran no medio da súa festa a prendelos, polo que era moi importante resolve-lo tema da autonomía da comunidade xudía. E por último o tema do camposanto que aparece unha e outra vez. O xudeu maior se compromete a doar unha herdade no Campo da Barreira, no Campo da Festa, no Campo da Mina, que está entre San Bento e Socastelo, e no medio aparecen as Clarisas, que tres anos antes recibiran un terreo e que estaban a organizar e crear un mosteiro e precisaban un terreo para camposanto. Isaac Ismael como xudeu maior dona en herdade, iso si acordando un prezo. Preparando isto me sorprendeu algo que non tiña nin escrito antes, nin me dera conta antes: a importancia que teñen os camposantos en Allariz como proba de convivencia e tolerancia, ou todo o contrario, de desacordo, de separación ou intolerancia entre xudeus e cristiáns, porque en 1186 o concello merca ós xudeus terreos para facer o primeiro camposanto deles. En 1289 os xudeus fan ó revés, venden ás Clarisas para facer o seu camposanto non moi lonxe, xa que debía ser alí onde eles tiñan os seus terreos, onde habitaba concretamente o xudeu maior. En 1487 o párroco de San Estevo, a xona máis cercana a onde estivo a sinagoga e a xudería, cede en foro terreo para que os xudeus o emplearan como camposanto. Parece que isto é como unha moeda de cambio, como unha especie de proba de tolerancia que ten un senso económico, xa que o párroco de San Estevo cedeu en foro de herdade, nunca gratis. O fin da comunidade xudía de Allariz é en 1500 cando, este é un dato que aporta Puga e que non sei de onde o sacou e logo aparece tamén na “Historia de Allariz” de Cid Rumbao, cando se excavan, se removen no camposanto de Allariz e hai unhas tumbas que están perdidas. Cando desaparece o camposanto, desaparece a comunidade. Pero o máis interesante é saber que durante 200 anos, de fins do XIII a fins do XV, a tolerancia e o pacto fundador de convivencia funciona en Allariz entre dúas comunidades mentres por ahí fora os cristiáns mataban ós xudeus. Hai outro dato de 1294 cinco anos despois do pacto fundacional, onde se multa ó que non cumpla cos acordos, é dicir que houbo os seus tiras e afrouxas. Pero chegou indemne ata a fin, por iso eu digo que Allariz debería ser reivindicada como a terra da tolerancia, neste século XXI onde tanta falla fai predicar isto, porque en 1488 e xa nos colocamos catro anos antes do edicto de expulsión dos Reis Católicos Mosén Pérez, recadador real, unha personalidade moi importante no mundo xudeu, en relación ca monarquía e en relación co concello de Ourense, refúxiase en Allariz na Rúa Nova para non ser apartado pola lei de Toledo. Polo tanto Allariz segue sendo ata o último momento o refuxio onde se podía vivir en paz entre xudeus e cristiáns. Polo que eu penso que este foro Boi é unha boa ocasión para plantexarnos e recuperar este pasado xudeu en Allariz. Eu non sei se Allariz está na ruta das xuderías, probablemente si está, pero debería estar polo que eu estou dicindo xa que é moi importante non só para Galicia, senón para España e Europa, porque é unha rede que se ramifica como emblema do que foi o factor que distingue a Galicia medieval doutros territorios da Coroa de Castela e Aragón pola pervivencia da convivencia entre cristiáns e xudeus, salvo fenómenos de menor entidade. O único caso de violencia foi en Ourense, o asalto á sinagoga polo bando dos Cadórnigas, pero isto é o tema dun bando nobiliario que era inimigo de xudeus e cristiáns, de feito, curiosamente o excomulgou o bispo de Ourense. Eu creo ademáis que o 20 de maio é un día a celebrar en Allariz.
O que foi adiante como tradición foi a festa do Boi, que un grupo de xóvenes, e iso foi unha demanda popular, estaba Anxo Quintana e tamén supoño algún dos que estades aquí, tivo a idea. A min non me cabe dúbida de que esta festa ten unha orixe medieval, e creo que ten que ver máis que nada co documento de 1289, porque tivo que haber unha copia disto, porque nos dous séculos seguintes tivo que andar por tódolos lados, estivo sempre no concello. Non sei como chegou ás mans de Barros Silvelo e de Amador de los Ríos no século XIX. Polo tanto é un documento que tivo que ser moi coñecido. Está a data esa de 1317, que tería que comprobar, e que non sei se é porque no ano 1316 o Papa Xoán XXII legalizou as procesións. Eu creo en todo caso que o que ten de antixudaísmo, o de tirarlle-las formigas, o de Xan de Arzúa montando nun touro, a min todo iso paréceme máis propio do XVI, XVII e XVIII. Ese estereotipo antixudeu que se crea empeza no XVI, e é sobre todo na época da Inquisición na que se confirma, porque hai en Ribadavia estereotipos deste sitio, como a casa da Coénga onde pisoteaban hostias consagradas, outros sitios onde os xudeus comían nenos crus, estas cousas que pasaron da Inquisición ó século XIX a serlle aplicadas ós liberais, e no século XX a todos os que molestaban ó poder establecido. A min o que se me ocorre é o seguinte, eu non sei como o tedes organizado, pero en vez de tirarlle formigas que se lle tire flores ou uvas pasas, pero inda así que se lle deixe a eles insultar, claro sen molestar ós poderes establecidos, ós cristiáns e ó final que acabe todo con agarimos, apertas.
Polo que se refire a Ribadavia, eu creo que é o paradigma do poder xudeu nunha pequena vila medieval en Galicia, e tamén da súa capacidade de integración en termos económicos, políticos e civís. En 1386 o Duque de Lancaster toma Ribadavia, no que é unha prolongación da guerra entre Enrique II Trastámara e Pedro I de Portugal pola Coroa de Castela, e a nobreza e as cidades galegas estaban divididas entre ambos bandos, sendo ó final o vencedor Enrique II. Pedro I morreu nun duelo con Enrique II, e logo o Duque de Lancaster casou ca súa filla e voltou anos despois no 1386 a recuperar Galicia porque era lexitimista, partidaria de Pedro I, e tratar de recupera-la Coroa de Castela. Unha crónica contemporánea de Jean Froissart di que cando os ingleses, que ademáis viñan con arcos que aquí non se usaban e con outros artiluxios como torres con rodas, entraron en Ribadavia ese día mataron uns e outros entre os xudeus que había de abondo máis de quince centos. Así foi a vila de Ribadavia gañada á forza, e tiñeron os que alí entraron grande botín de ouro e prata nas casas dos xudeus en especial. Quince centos son 1500, e relativamente a vila podía ter contando nenos, vellos e todos catrocentos-cincocentos habitantes extrapolando os datos que temos para o XV, e iso é ser optimista. Temos datos das poboacións de Ourense, Ribadavia e Allariz traballados por Anselmo López Carreira, e máis ou menos o que teño eu calculado para Ourense e Ribadavia é moi parecido, como unha ducia de familia. En Ribadavia esto é moi claro porque o barrio xudeu se reducía a unha rúa Merelles Caula, a antiga Praza Maior da Ribadavia medieval que é a Praza da Magdalena. E alí se miras as portas xa non queda ningunha casa daquela época como aquí. E nos sale un número de 50-60 xudeus para Ribadavia, o que penso que tamén é válido para Ourense, e non hai datos de Allariz inda que non penso que sexa moi distinto. Trátase dun dez por cen da poboación, que basa a súa influencia non tanto no número senón na súa singularidade religiosa, ética e incluso económica. Ese botín de ouro e prata en Ribadavia fala de que había xudeus ben ricos en Ribadavia, tamén o xudeu maior do documento de 1289 en Allariz, pero con todo non vos creades que tódolos xudeus eran así de ricos. Nese sentido as sociedades xudías eran tan desiguais como as sociedades cristiáns e as sociedades históricas. De tódalas maneiras, aquí temos no caso de Ribadavia que xudeus e cristiáns teñen o mesmo destino e son obxecto da violencia dos ocupantes no mesmo grao, e incluso diría que os xudeus en maior grao. Probablemente Meruéndano que é para Ribadavia o que para vós é Cid Rumbao no tema xudeu e Pepe Puga, fala de que participaron na defensa, o que sería moi probable, porque xustificaría a represión que probablemente non é soamente económica, senón tamén dos habitantes cando atopan resistencia que tamén lle debeu producir baixas ós ingleses, vingándose nos derrotados. Así como a tradición medieval de Allariz parte na miña opinión do documento de 1289, eu creo que con todo, a tradición medieval de Ribadavia é posterior, pois parte do proceso inquisitorial de 1606 que é terrible, porque unha gran parte do concello, das forzas vivas da cidade, xente de tódalas clases sociais son procesados, hai penas de morte, hai torturas. A inquisición é un proceso recén instalado en Galicia, é un proceso moi duro, moi represivo, me parece que ó final non se cumpriu ningunha das penas de morte. Tamén porque tiñan diñeiro e compraron, os inquisidores eran uns tipos moi corruptos e por diñeiro perdoaban as vidas e reducían as condenas a cadea tamén, máis con todo duraron pouco. Un deles presidía ca súa querida o tribunal en Santiago, e a outro tiñan que apartárlle-las nenas pequenas no cárcere da Inquisición que estaba en Santiago, porque era o que diríamos hoxe un acosador. Isto foi un pouco como una victoria moral dos procesados en Ribadavia.
En Ribadavia hai a festa da Historia que era a festa da Virxe do Portal, que nalgún momento no XIX, por eso que é unha historia moi diferente da tradición da feira do Boi, non sei ata onde está estudiada completamente. Eu coñezo documentos do XVII, XVIII e XIX. En Ribadavia hai un momento que se produce un cambio no XIX, creo que porque o concello liberal sinxelamente lle dá a esa manifestación o ton de reivindicación do pasado xudeu. E se produce un episodio que é unha especie de obra de teatro en público, onde representan un feito bíblico de cando o rei David chora a morte de Saúl que é claramente reivindicativo do pasado xudeu, o que era propio do sector liberal, pois isto amolaba moito ós poderes establecidos, sobre todo a unha Igrexa tremendamente conservadora. En 1989 só mozos de Ribadavia da agrupación Abrente, que era o relevo xeneracional, democrático en Ribadavia, esa asociación se fundou en 1969, e que eu tiven o gusto de coñecer e colaborar con ela naquel entón, en 1989 recuperaron a festa da Historia por primeira vez ata o día de hoxe que é unha festa medieval.
Ourense eu coido que é o paradigma da irmandade xudeo-cristián pola época en que nos aporta uns datos tamén moi significativos para o sur de Galicia, para toda Galicia. Eu digo paradigma da irmandade xudeo-cristián nunha época de grande conflictividade social. En Allariz a convivencia estaba baseada no respeto mutuo. En Ribadavia un século despois vemos como xudeus e cristiáns comparten un destino común de víctimas ante unha ocupación, e logo xa no momento da Revolta Irmandiña, inda que viña de antes, xudeus e cristiáns comparten a mesma loita, é dicir, a loita contra os señores das fortalezas. É moi interesante ver cómo termina esta historia da tolerancia xudeo-cristián en Galicia no momento da gran crise do feudalismo, e no noso caso no momento da Revolta Irmandiña, porque se entende que habendo tanta polarización social en Galicia a fins da Idade Media, eso impide que os xudeos fagan de chivos expiatorios da presión social, que era un manexo que se trouxo sempre a nobreza, xa que era unha maneira de dividir ás clases populares. E hai un antisemitismo popular que en Galicia tamén hai algo por ahí ó longo de todo o período medieval, pero que non trascendeu nunca o umbral da violencia, porque tiña un inimigo común, e ó final da Idade Media ese inimigo común eran os señores das fortalezas, e sobre todo as pedras que é onde se proxecta toda a violencia irmandiña sobre todo en 1467, non deixar pedra sobre pedra porque consideraban niños de malfeitores as torres, os castelos e as casas; torres de tódolos señores de Galicia. E iso explica que aquí nunca houbera masacres de xudeus, nin siquera no XV que é cando puido “estar de moda” nas coroas de Castela e Aragón. O 25 de abril de 1467 a Santa Hermandad de Ourense lanza un pregón insurreccional dicindo que leigos e clérigos xudeus e mouros fosen derriba-lo Castelo Ramiro. É o primeiro castelo que temos noticia que fora derrocado polos irmandiños, e polo tanto o 25 de abril é o día que ofrece mellores garantías para o día que queiramos celebra-la Galicia irmandiña. Como eso é un acta notarial pedida por un coengo da Catedral de Santiago que pon unha vela a deus e outra ó diaño, e él dicía que estaba obrigado a ir a derrocar este castelo, pero deixaba acta notarial de que iba por forza, o cal demostra que os coengos foron derroca-lo castelo. Polo tanto a min me extraña moito que os convocados, leigos, clérigos, mouros e xudeus non foran tamén. Entón empezamos cunha Galicia das tres culturas que nace na Limia, unha irmandade das tres culturas que se manifesta en forma de revolta baixo o nome xenérico de Santa Irmandade. Pero claro, ese é o ecumenismo da Igrexa medieval. Se incluso no Códice Calixtino se vanaglorian os seus autores de que a prestar devoción ó apóstolo Santiago viñan incluso xudeus e xente de moitas outras relixións, e ahí está o paso final. É dicir, primeiro se tolera, logo son víctimas dos propios ocupantes, dos mismos danos e agravios que lle facían ós señores das fortalezas, e logo se revolven xuntos contra ese poder opresivo con bastante éxito. É bonito isto de que aparezan xudeus e mouros porque nos devolve á unidade da Galicia das tres culturas, á unidade de cando aparecen nomes musulmáns e nomes hebreos na documentación do século X en Celanova, pero que tamén é probable que houbera algúns mouros, sobre todo criados nalgunhas casas. O que si había seguro eran xudeus. Hoxe sabemos polos padróns que publicou Anselmo o nome de case todos eles.
Canto ó resto de Galicia, este fenómeno de tolerancia, integración e irmandade entre xudeus e cristiáns que se deu ó norte e ó sur do río Limia, é moi representativo do que ocorreu no resto de Galicia. E eu para rematar falo de algo do que aquí non temos datos, nin en Ourense, nin Allariz, nin Ribadavia., e é o esplendor cultural que supuxo esta presenza xudía para a Galicia medieval. O mellor exemplo é a Biblia hebrea da Coruña de 1476. Na Coruña saben do inicio da presenza xudía en Galicia no X-XI, polo que hai unha evolución dun século ou dous. Están no Museo Arqueológico Nacional unhas lápidas do camposanto xudeu da Coruña, que estaba onde está a Praza da Palloza, no centro urbán, no burgo do Faro, e a cidade medieval se fixo onde está a zona vella, na cima do porto. Nese burgo aparecen tres lápidas en hebreo, e unha delas traducido pon: “Dona Seti, muller de Don Isaac o Carol descanse no Edén”. Isto é moi interesante, xa que significa unha honra, un estatus, e certo nivel da persoa enterrada. Seti é o femenino de Sidi, que é Cidi en castelán, e Cid en masculino. A palabra esta é un exemplo máis do trasvase cultural que había entre xudeus, cristiáns e mouros, na Españ medieval, e non digamos na España islámica. A lápida tamén di que era muller de Don Isaac o Carol. O Carol é pola toponimia probablemente un lugar entre Santiago e A Coruña no Oroso. Polo tanto unha orixe rural como pasou aquí para a formación das comunidades xudías de Ourense, Allariz e Ribadavia, que teñen unha boa parte de orixe rural. Polo tanto hai na Coruña unha comunidade urbán non moi numerosa pero relativamente interesante nos séculos XII eXIII. A novedade aquí é que nos século XIV e XV aparecen xudeus na Coruña posuidores de Torahs moi valiosas ilustradas a man xa daquel entón, o cal fala dun nivel económico, cultural e religioso relamente importante. Non é que non as houbera nas outras vilas, onde houbo coma no caso do sur de Galicia comunidades xudías florecentes. O que pasa é que de aquí sacamos un dato e de alá sacamos outro. En principio non hai dúbida da importancia do comercio marítimo na Coruña a fins da Idade Media, pero tamén Ribadavia, Ourense e Allariz non tiñan por qué ir detrás nese aspecto. O propietario desa Biblia hebrea é un tal Isaac, rapaz novo, fillo de Salomón de Braga, referíndose Braga á súa orixe. De novo esa relación entre a Galicia lucense e a bracarense que non se perde ó longo da Idade Media. Nese momento hai que falar dun reino menguante de Galicia, pero que aínda chegaba ata o Bierzo e a parte occidental de Asturias, mal que lle pese a moitos porque todavía se fala galego alí, e eso si que sabemos que a Galicia medieval ata o último momento tiña como porta de entrada o Bierzo, pois nunha crónica dos Reis Católicos aparece Fernando chegando ó Bierzo e dicindo que chegou a Galicia. Por tanto, a relación con Portugal é sempre moi grande. Esta familia xudea de Isaac era unha familia moi potente económicamente pois custaba moito facer unha Biblia dese estilo. E ademáis este acontecemento é moi probable que responda a ese tráfico comercial entre as familias xudías galegas e portuguesas, que perdura ó longo dos séculos XVI, XVII e XVIII, porque de feito a Inquisición cando se poñen as cousas moi mal en Portugal, colle, inculpa e castiga a bastantes xudeus portugueses, que algúns deles foran de Galicia para Portugal e logo volven na Idade Moderna para Galicia. Isaac encarga ó grande calígrafo Moisés Ibn Zabara, un santo rabino segundo os seus contemporáneos, e isto está extraído doutro documento, para que viva a súa familia case un ano, dez meses na Coruña, escribindo cada día dous folios. E fixo en dez meses 992 páxinas en hebreo (…) .
COLOQUIO
-Moderador: ¿Algunha pregunta?
-Pregunta: ¿Cómo é posible nestes tempos identificar ós herdeiros destes xudeus? ¿polo apelido, por algún dato?
-Resposta:
Ese é un tema que me interesa moito e que xa xurdiu en Ribadavia porque eu fixen a investigación e os textos para a exposición que fixen antes alí, e xa no ano 1991 fixemos un congreso moi importante sobre os xudeus e conversos, e ahí xurdiu o mesmo problema. Porque qué dúbida cabe que sodes descendentes algún de vós da comunidade xudía medieval, porque para o conxunto de Galicia está claro de que non foron ó exilio máis que algúns, sobre todo os que podían ter máis medios económicos (hai algún dato da Coruña que marchaban con ouro e prata nunha nao para o exilio). Pero eu creo que a inmensa mayoría ficaron aquí ca complicidade dos veciños convertidos naturalmente pola boca pequena ó cristianismo. E logo resistindo non soamente os conversos senón ó concello, á Igrexa, ós representantes reais de aquí, á Audiencia, resistiron a presenza da Inquisición moito tempo porque ésta está a funcionar en Cataluña xa a fins do XV, e a Galicia non chega ata 1567, cen anos. E nese século XVI as comunidades que chamamos de xudeoconversos, dos xudeus clandestinos, viviron sen que ninguén os molestara e coa convivencia e complicidade dos seus veciños. Polo proceso de Ribadavia sábese moi ben mandando á xente nova a estudiar a sinagogas doutros lugares de Europa. A Inquisición pese a iso, fixo moito dano e enviou a moitos xudeus e conversos ó exilio, pero a inmensa maioría están aquí. E iso ¿cómo se pode investigar? Pois só naqueles lugares, é o caso de Ribadavia ( eu non coñezo a actuación da Inquisición en Allariz), onde hai lista de inculpados pola Inquisición, porque só con isto temos uns nomes. Na exposición de Ribadavia eu puxen tódolos nomes dos que pasaron polas mans dos inquisidores, que ademáis fora un caso duro pois non se apiadaron de ninguén, ata co boticario, que era o que actuaba como rabino na clandestinidade. Cando se teñen uns nomes, logo ca axuda dos rexistros parroquiais, municipais e provinciais podemos seguir a pista ata hoxe. Porque fora deso, se é polos apelidos non vamos a averiguar as nosas orixes, porque o xudeu que se convertía poñía con frecuencia inda que non sempre un apelido común, sobre todo conforme a Inquisición vai facendo o seu traballo. O que sí se sabe é que hai liñaxes, apelidos de xudaizantes, os Corronel, etc., prque son familias que eran influentes e se confiaron na clandestinidade, e son apelidos que sabemos que son de familias de conversos, polo tanto de orixe xudío e practicantes xudíos clandestinos. Pero en xeral un García, é dicir, se ides a Ribadavia e vedes a lista son apelidos como García, Pereira, etc, dos que difícilmente se pode deducir a xudaidade, e a única maneira é seguindo unha continuidade documental.
-Moderador: Pero en Allariz iso vai ser bastante máis complicado se non posible por dous motivos: porque no século XVII un párroco de San Estevo chamado Juan Antonio, e non lembro o apelido, non se lle ocorreu nada mellor que prenderlle lume ó arquivo da Igrexa xustamente para acabar co conflicto de cristiáns novos e cristiáns vellos que debían ter aburrido ó pobre home. E en segundo lugar, porque como xa é sabido, o concello municipal ardeu nos comezos da Guerra Civil e polo tanto quedámonos sen arquitos civís, nen religiosos, sobre todo da parroquia que máis podería aportar neste caso que sería a parroquia máis próxima ó Socastelo, o último asentamento xudeu, e que desapareceu.
-Carlos Barros:
Pero a maior parte da documentación da Inquisición está no Arquivo Histórico Nacional. É dicir que a documentación da Suprema, porque clara a Inquisición se centralizaba en Santiago e aparte de que en Santiago poida haber documentación, sobre todo os especialistas neste tema traballan ca documentación do AHN. De feito a documentación dos procesos de Ribadavia do 1606 e 1609 e os autos de fe que se fixeron na Praza da Quintana que afectaban a ribadavienses, sacouse do AHN. Os datos locais son importantes para seguirlle-la pista ás personas, e esa é a única posibilidade que existe agora. O que é seguro é que algún de vós vides de estirpe xudía e iso pasa naqueles lugares onde houbo comunidades xudías florecentes. Logo houbo tamén comunidades xudaizantes florecentes porque estas comunidades xudaizantes foron máis importantes numéricamente que as propias comunidades xudías medievais. Porque o número de xente que prenderon cando o proceso de Ribadavia do 1606, foron uns corenta, e non prendían a toda a familia, o que quere dicir que na época do XVI-XVII fundamentalmente no XVI, mentres a Inquisición non comezou a actuar, eu creo que as comunidades xudaizantes foron máis importantes numéricamente nalgúns lugares, que ademáis se beneficiaban da cercanía con Portugal. Esto está casi todo por estudiar, tanto o tema da Inquisición como o dos galegos xudeus exiliados en Europa, porque claro o que vai ó primeiro exilio de 1492, e logo os poucos que marchan perseguidos pola Inquisición qué falan cando están en Salónica, en Ámsterdam. E ¿qué van falar? Pois galego. E os sefardíes falan castelán. Ese é un punto de vista de evolución da lingua curioso, cómo o castelán foi absorbendo ó resto das linguas peninsulares. Claro que o sefardí é un castelán que eu a veces non sei se se parece máis ó castelán ou ó galego polos seus arcaísmos. Eu creo que nese sentido non só na parte da Inquisición senón tamén na parte medieval está todo aínda moi por estudiar esta temática xudea e conversa. Porque ata o de agora esto que ten unha pequena bibliografía inda que sustanciosa, foi preocupación de eruditos locais, que facían unha pesquisa benintencionada, é máis ben unha historia local. Pero como nunca suscitou o interese académico, está moitas veces nun terreo de ninguén, e eso noteino agora, cando repasei todo o publicado sobre a historia de Allariz, especialmente o de Cid Rumbao e Puga, no sentido de que non hai unha coalición documental sobre todo neste caso para a época medieval en Allariz, con tódolos documentos que hai nos arquitos ou en casas particulares sobre a historia, porque a partires deso se poden saber moitos máis datos e responder a moitas máis preguntas. Pero o que pasa e que os temas locais non son atractivos para unha tese de doutoramento, e quedan ahí en terreo de ninguén, e isto é unha pena porque é o eslabón principal para a divulgación da Historia. Eu propoñería que se puxeran tódolos medios para buscar en tódolos arquivos dentro e fóra de Galicia toda a documentación existente sobre Allariz para saber moito máis do que nos aportaron os eruditos fundadores da historia de Allariz, ou algún colega como Amador de los Ríos ó que casualmente lle interesou ese documento de 1289 e publicou nun apéndice. Isto é unha tarefa na miña opinión previa, e unha inversión de futuro, porque a falla de documentación municipal é un lugar común en toda Galicia. Así pois eu creo que o primeiro que hai que facer é unha grande colección documental sobre o Allariz medieval. E por exemplo, en Ribadavia hai menos posibilidades de facer esta colección que en Allariz a pesares da falla da documentación municipal e relixiosa, non só pola especial relación desta última ca monarquía, senón porque Cid Rumbao hai dous séculos o fixo dalgunha maneira, e isto se pode comprobar na bibliografía do seu traballo.
-Moderador: Estase traballando agora na reedición da obra de Cid Rumbao, que entre outras cousas vai ter unhas aportacións de historiografía nova, e está xente da universidade traballando nelo.

-Pregunta: Falabades antes do aspecto económico, dos xudeus traballando na viticultura e eu quería preguntar se no comercio tense ¿? Moito a tradición da súa relación cos curtidos. ¿Hai algún dato sobre isto e posibilidades de actividade comercial?
-Resposta (Carlos Barros): Eu non coñezo pero penso que habería que preguntarlle a Anselmo, porque en Ourense, Ribadavia e Allariz datos disto non hai. Pero no caso de Ourense como é onde hai máis datos de gremios, e de nomes de xudeus, podería responder probablemente se hai algo nese gremio. Ourense é a cidade de Galicia de onde se coñecen máis nomes, e ademáis relacionados con profesións, ainda que a min me parece que as profesións habituais dos xudeus na meirande parte de Europa eran as que se corresponden cas que atopamos en Galicia que son recadadores, mercaderes, orfebrería, físicos (médicos).
-Moderador: Pero tamén no coiro
-Carlos Barros: Eu ese dato non o coñezo.
-Moderador:
Eu teño aventurado a hipótese de que poideran chegar a través de Portugal por algunhas analoxías que se teñen atopado con sistemas de curtición portugueses, e hai un dato que pode refrendar isto. Hai un documento do convento de principios do XIV, os xudeus aquí non debían de levar moito máis tempo, pois aparecerían moi a fins do XII ou xa no XIII, no que xa se curtía en Allariz. As monxas cédenlle ós seus pastores o dereito a coller as cortezas das árbores “con los que adobaren los sus calzados”. Evidentemente isto quere dicir que xa se curtía, e tamén pola relación que existía entre o convento e a comunidade xudía que estaba moi preto do convento, e co que sabemos que esta comunidade tivo relacións comerciais. Esto é unha hipótese que evidentemente precisaría unha confirmación máis científica.
-Carlos Barros: O problema é que cando eu digo probable, mídome moitísimo, porque sempre ten que haber un segundo dato. Hai certos temas que están rodeados dunha certa aureola de interese. E o tema dos xudeus é un belén. Entón cando un quere empregar o método normal que empregamos nós cando traballamos, dedicas moito tempo a separar o gran da palla, e eu sei de colegas que non o queren facer. E isto leva moito tempo porque hai cousas que non se sabe de onde veñen, e ademáis terías que remontarte moi atrás para saber quen o introduciu unha vez. Si queremos facer unha historia que teña unha base documentada, sin facerlle ascos ás tradicións porque as tradicións crean historia, pero sen confundilos, porque a tradición debe ser obxecto de estudio e reivindicado como parte da nosa historia. Pero ó mesmo tempo se estamos a falar de sacar conclusións de datos concretos, ahí eu creo que hai que pedir unha segunda opinión, e as hipóteses non son válidas senón imprescindibles, pero ten que haber algo que o xustifique. Aparte xa vistes pola miña exposición que me interesa máis a aportación de todo esto á Historia de Galicia, porque os nosos devanceiros, os que fundaron o galeguismo e se interesaron pola Historia de Galicia, sempre dixeron que Galicia tiña unha tradición tolerante. Sempre se lle adxudicou ó esteriotipo do galego esto da tradición tolerante, ainda que tamén pola banda dos non galegos se fixo un estereotipo negativo. E da gusto confirmalo, que esas bases tolerantes no terreo máis duro de ter que convivir xente moi distinta de relixión e de crenza e de cultura, e incluso antropológicamente, da gusto que na época medieval pasaran os séculos e que aquí non houbera ningunha masacre cando iso foi un elemento común da Historia Peninsular. O caso portugués habería que velo, e dende logo toda a historia europea