Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

sábado, agosto 26, 2006

Voda xudea en Ribadavia


No pasado, e hoxe en día nalgúns círculos relixiosos, a elección da parella non era feita polos noivos senón pola familia e dentro desta principalmente os pais eran os que escollian o futuro do seu fillo ou filla. A cerimonia efectuábase baixo un palio chamado Jupá. O oficiante, xeralmente un Rabino, era quen casaba á parella. Despois da cerimonia o noivo rompia cos pés unha copa de viño, mostrando a súa alegría polo casamento. Dentro da Festa dá Istoria de Rivadavia a voda xudía limítase a unha representación do que foi unha realidade. A actividade é seguida por milleiros de persoas tanto na súa cerimonia como no percorrido pola rúas do casco historico da nosa vila, debido á singularidade do vestuario e os cánticos sefardíes que recrean o ambiente daquela época.

jueves, agosto 03, 2006

Parabéns a Galiza-Israel


Entérome da existencia de www.galiza-israel.org . Os meus calorosos parabéns pola fermosa iniciativa. Recuperar a herdanza xudea en Galicia conleva tamén, a procura da irmandade entre o Pobo Xudeu e o Pobo Galego. Parabéns.