De Carlos Casares*
Texto incluído no seu libro "Os escuros soños de Clio" e publicado en GALIZA-ISRAEL
Fala o P. Heitor Joaquim Arrais no seu Relatarlo crítico sobre supersticdes, Coimbra, 1723, da viaxe que realizou a Galicia poucos anos antes da data de aparición do libro citado, para coñecer en persoa a un xudeo pontevedrés chamado Xacobe, sobre o que escoitara, sempre de labios de xente aparentemente responsable e digna de creto, que nacera e vivira nos tempos de Cristo. Era, polo visto, tal a cantidade de datos fidedignos que ofrecía o interesado e tan curiosas as cousas que contaba, que aínda os seus máis escépticos interlocutores acababan por rendirse diante da contundencia duns argumentos que ao parecer facían evidente o que dicía, por máis que a razón se negara a acéptalo de bo grado. Foi entón Arrais de Coimbra a Pontevedra para comprobar a falacia de canto escoitara, pondo especial coidado no segredo e na intención da súa viaxe a fin de evitar que o tal Xacobe se puidera enteirar dalgún xeitu, pois xulgaba moi importante para o éxito do seu propósito que o encontro tivera lugar sen previo aviso e por sorpresa.
Chegou o sabio bieito portugués a Pontevedra nos días amargos do despiadado ataque dos. ingleses do brigadeiro Ormond, coa cidade aínda media destripada e a xente acontecida polo feroz comportamento daqueles salvaxes extranxeiros. Preguntando, chegou ao Grande dos Alfaiates, onde vivía o xudeo referido, e alí mesmo deu, sentado nun pequeno banco de madeira á porta da casa, co cobizado home que buscaba. Observouno ben antes de dirixirlle a palabra e achou que era o xudeo Xacobe persoa miúda e de poucas carnes, case que amarelo de cor, pequeno, calvo e desdentado. Preguntoulle despois Frei Heitor pola súa gracia e non tivo resposta. Descabalgou entón para achegarse a el e ver de iniciar conversa, pero pese á arte e á paciencia con que procedeu, non conseguiu facerlle abrir a boca para nada. Insistiu un pouco máis, sen traspasar en ningún intre os límites da educación e da prudencia, pero o velliño ergueuse con xesto canso, recolleu o banco onde se sentaba e entrou na casa pechando amante e delicado a porta detrás de si. En vista da negativa, pensou Arrais na conveniencia de cambiar de táctica e acordoumeditar con tempo o camiño a seguir. Buscou, pousada no convento de San Francisco, onde o acolleron con agrado, falou eos frades animadamente do seu país e da nova ciencia, pero senexplicarlles a razón da súa viaxe, fixo as oracións canónicas do día e retirouse logo a descansar. Antes de caer no soño, matinou serenonos pasos que debía dar para conseguir entrevistarse con Xacobe, e despois quedou durmido. Ao día seguinte, unha vez cumpridas asobrigacións do seu estado e sen perda de tempo,saíu á procura do xudeo, ao que volveu atoparsentado á porta da casa, na mesma actitudetranquila e mansa do día anterior. Foise achegando a el o frade, sen lograr que o mirara, ecando se encontraba a menos de dous metros,ergueuse novamente o vello, colleu o banquiñode madeira e meteuse outra vez dentro. Entónsoubo xa o P. Heitor que Xacobe non falaría con el por moito que o intentara, pero aínda así, como para confírmalo ou probar por última vez a sorte, andou ata a porta e petou lixeiramente. Como esperaba, non recibiu resposta algunha. Voltou logo o padre portugués para o convento e decidiu confiarlle o seu propósito e o amargor do seu fracaso a un frade irmán. Respondeulle este que coñecía ben a Xacobe e que podía estar seguro de que non conseguiría arrincarlle unha soa palabra, pois había xa tempo que andaba escarmentado. Oitenta anos atrás, en Hamburgo, sometérano a tortura por dicir que el non era outro que Cartáfilo, agora bautizado Xacobe, aquel porteiro da casa de Pilatos que arrempuxara a Cristo camiño da rúa para que saíra pronto ao seu suplicio e que quedara por esto condenado a agardar a volta de El Señor ata o fin do mundo. En Londres fora acantazado polo mesmo. En Roma solicitara ser recibido polo papa dos cristiáns e non gañara senón dúas fortes pancadas no pescozo por parte dun cura grande e lambón que lle chamou impostor e falsario. En París queimárano en 1314 e, anque non morreu, saíu todo chamoscadiño do percance e con tantas dores que por primeira vez na súa vida buscou logo a imposible morte tirándose ao río. En Pontevedra tivo algúns problemas eos frades de Santo Domingo, que o investigaron e lle quixeron facer confesar que era un tramposo e un mentirán, de resultas do cal saíu medio coxo dunha perna. Desde entón, Xacobe enmudeceu para todo o mundo, incluso para os amigos máis achegados, aos que se dirixía soamente por señas. Pese a eso, o cariño dos veciños non sufriu unha miga e contaba co respeto e o mimo de todos eles. Por outra parte, o seu comportamento foi sempre exemplar e xeneroso. Cando o estropicio dos ingleses, deu mostras de gran valor e sentimentos nobres. No incendio das casas, meteuse entre o lume para salvar cousas, animais e xente, e na ponte do Burgo fixo frente el só a un batallón inglés da Santa Alianza, os soldados do cal fuxiron aterrorizados ao ver que despois de ser atravesado por máis de cen espadas que lle entraron por tódalas partes do corpo e despois de ser arcabuceado outras tantas veces, seguía vivo desafiando ao inimigo coa súa simple presencia. Escoitou Freí Heitor o relato do seu compañeiro con certo irónico escepticismo, que este último, alma simple e sinxela, non chegou a advertir. Inquiriu a continuación o visitante se non podería contar coa súa apreciada mediación para conseguir unha entrevista con Xacobe, e respondeulle o frade galego que non, que prefería non exercer violencia moral sobre un home tan delicado e ao mesmo tempo tan firme como aquel. Pensou entón o portugués de que xeito tería que obrar para descubrir as falsedades daquel refinado farsante e despois de moito discorrer, xa cun proxecto concreto na cabeza, dirixiuse ao chou á procura do que buscaba. Custoulle dar cun desalmado que se prestara ao ruin experimento, pero atopou por fin a un bergallán sen escrúpulos e bastante animal, acertadamente alcumado Bicho polos veciños, e puxo en marcha o seu revirado plan. Aquila mesma noite, o tal Bicho puido entrar, polo segredo e con arte, na casa do xudeo cando este estaba durmido, achegouse ao zorro á súa cama, apalpou as escuras o breve corpo baixo a manta e cando soubo que o tiña a tiro seguro, empezou a subir e baixar o descomunal coitelo con furia, ata que lle meteo máis de trinta puñaladas. Ao día seguinte foi Freí Heitor ao Grande dos Alfaiates para ver os resultados e non sen sorpresa atopou a Xacobe sentadiño no seu banco, silencioso e triste como sempre, sen sinal exterior de ter sufrido violencia. Cando o xudeo presentiu a non querida presencia do frade forasteiro, ergueuse e meteuse novamente dentro da casa. Sen emoción especial algunha, anque con certa curiosidade, voltou Frei Heitor ao convento, fixo correr un par de recados e logo agardou tranquilamente. Aquela noite volveron apuñalar a Xacobe, que ao día seguinte xa estaba outra vez sentado no banquiño. Trataron despois de afogalo con cabezais e con mantas, pero co mesmo terco resultado. E outro tanto ocorreu cando lle prenderon lume no xergón mentres durmía, cando lle deixaron caer unha enorme pedra enriba da cabeza desde un cabalo que pasaba, cando lle envenenaron a auga e cando lle meteron un espantoso alacrán negro dentro dun zapato. Invariablemente, cada mañá aparecía o vello sentado no seu sitio, unha miga desmellorado e aínda máis triste, doente e descolorido, con estampa de estar sufrindo de forma sobrehumana. Unha tarde, cismando en calquera cousa mala, pasou polo Grande dos Alfaiates o frade portugués, observou con atención a Xacobe, que se ergueu naquel intre, colleu o banco con grande esforzó e encamiñou os pasos cara á porta. O día estaba claro e notábase na rúa un gran rebuldicio, moitas voces e berros de ledicia, xogar de nenos e movemento de mercado. Ninguén viu, a non ser Freí Heitor, que dos ollos do velliño babeaban un par de bágoas redondas correndo despaciosas e lentas polas enrugadas meixelas abaixo. Había xa tres longas noites que Xacobe lle viña pedindo a Deus unha morte reparadora, tan canso estaba xa de padecer e de sufrir. Apareceulle por fin Cristo crucificado para dicirlle que comprendía a súa desesperación, soamente xustificable pola enormidade daquel vello pecado cometido, pero que desgraciadamente para el e para moitos que o querían, a morte non lle chegaría ata o día do Xuízo Final. Aceptou Xacobe resignado a divina vontade, pero quixo mostrar os centos de cicatrices que ao longo dos séculos lle foran castigando cada pulgada da peí do seu corpo, facendo especial insistencia nas derradeiras. Apiadouse entón El Señor diante de tantos e tan longos sufrimentos e tremendo de indignación e de cólera díxolle que aquela mesma noite ía precipitar por fin os astros sobre a Terra e que deste xeito recibirían castigo tódolos culpables ao paso que remataba dunha vez para sempre aquel o seu terrible padecer. Cando ao día seguinte, camiño xa de Portugal, pasou Freí Heitor Joaquim Arrais derrotado polo Grande dos Alfaiates, ignoraba aínda que se os seus duros ollos podían contemplar a fermosura transparente do aire da limpa mañá que se estreaba, debíallo á paciencia e á bondade daquel velliño pequeño e seco que xusto naquel intre se estaba erguendo para entrar na casa co seu banquiño na man.
Tirado do libro OS ESCUROS SOÑOS DE CLIO
17 comentarios:
さあ、今夏も新たな出会いを経験してみませんか?当サイトは円助交際の逆、つまり女性が男性を円助する『逆円助交際』を提供します。逆円交際を未経験の方でも気軽に遊べる大人のマッチングシステムです。年齢上限・容姿・経験一切問いません。男性の方は無料で登録して頂けます。貴方も新たな出会いを経験してみませんか
みんなの精神年齢を測定できる、メンタル年齢チェッカーで秘められた年齢がズバリわかっちゃう!かわいいあの子も実は精神年齢オバサンということも…合コンや話のネタに一度チャレンジしてみよう
最近仕事ばかりで毎日退屈してます。そろそろ恋人欲しいです☆もう夏だし海とか行きたいな♪ k.c.0720@docomo.ne.jp 連絡待ってるよ☆
最近TVや雑誌で紹介されている家出掲示板では、全国各地のネットカフェ等を泊り歩いている家出娘のメッセージが多数書き込みされています。彼女たちはお金がないので掲示板で知り合った男性の家にでもすぐに泊まりに行くようです。あなたも書き込みに返事を返してみませんか
あなたの性格を、動物に例えて占っちゃいます。もしかしたらこんな動物かも!?動物占いをうまく使って、楽しい人間関係を築いてください
家出中の女性や泊まる所が無い女性達がネットカフェなどで、飲み放題のドリンクで空腹を満たす生活を送っています。当サイトはそんな女性達をサポートしたいという人たちと困っている女性たちの為のサイトです
セレブ女性との割り切りお付き合いで大金を稼いでみませんか?女性に癒しと快楽、男性に謝礼とお互い満たしあえる当サイト、セレブラブはあなたの登録をお待ちしております。
夏フェス一緒に行ってくれる人募集!!夏の思い出一緒につくろぉ☆ megumi-0830@docomo.ne.jp 連絡してね♪
あなたのゲーマー度を無料ゲーム感覚で測定します。15個の質問に答えるだけの簡単測定で一度遊んでみませんか?ゲームが得意な人もそうでない人もぜひどうぞ。
Hな女性たちは素人ホストを自宅やホテルに呼び、ひとときの癒しを求めていらっしゃいます。当サイトでは男性ホスト様の人員が不足しており、一日3~4人の女性の相手をするホストもおられます。興味を持たれた方は当サイトにぜひお越しください
実は出会い系には…関係者用入り口があるのを知っていますか?広告主やスポンサー用に用意されたIDではサクラや業者が立ち入ることが出来ないようになっているのです。当サイトでは極秘に入手した関係者用URLが公開されています
男性はお金、女性は快楽を得る逆援助に興味はありませんか?お金を払っても性的欲求を満たしたいセレブ達との割り切り1日のお付き合いで当サイトでは大金を得ることができます。無料登録なのでアルバイト感覚でOK、詳しくはTOPページでどうぞ。
ホムペ完成記念!私の事みんなに知ってもらいたくて頑張りましたぁ。色々とご感想をお待ちしているので思った事を意見してください。メアドはほむぺにのせてありますぅ!★ fan.jna@docomo.ne.jp
夏休みで気軽に家出する女子○生が急増しています。しかし家出したはいいものの泊る所やお金が無い彼女たちは、掲示板などで泊めてくれる男性を探す子も多いようです。当掲示板にも夏休みに入ってから通常の3倍以上のメッセージが寄せられています
今最もアツイバイトは人妻とのセフレ契約です。当サイトではお金を払ってでもセフレがほしい人妻が集まり、男性会員様との逆援生活を待っています。当サイトで欲求不満の女性との出会いをしてみませんか
素人ホストでは、男性のテクニック次第で女性会員様から高額な謝礼がもらえます。欲求不満な人妻や、男性と出会いが無い女性達が当サイトで男性を求めていらっしゃいます。興味のある方はTOPページからどうぞ
少し魅惑な自分をネットだから公開してみました。普段言えない事など、思い切って告白しているプロフなので興味ある方はぜひ除いてみてください連絡待ってまぁす。 hinyaaaaa@docomo.ne.jp
Publicar un comentario