A profesora Olivia Rodríguez González, investigadora na Facultade de Filoloxía, descubriu un texto inédito do escritor ourensán Vicente Risco. Trátase dun escrito histórico-descritivo, redactado en castelán e datado en 1944, que, desde unha concepción cristiá dos fundamentos de Occidente, arredor do centro simbólico que é Xerusalén para as tres relixións monoteístas, examina o significado da Palestina a través das vicisitudes da historia, e agoira posibles futuros para a supervivencia nesas datas cruciais da que Risco considera «terra santa» por antonomasia. A derrota alemá na Segunda Guerra Mundial xa se albiscaba daquela, e o autor propón unha saída diplomática para a pacificación dun territorio no que España, segundo el, podía ter un papel importante.
***
***
Coetáneo da súa Historia de los judíos desde la destrucción del Templo , este ensaio inédito verá a luz proximamente nunha edición comentada por Olivia Rodríguez González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario