Museo de Terra Santa
A visita ao Museo de Terra Santa supón unha oportunidade única de achegarse á cultura do Próximo Oriente desde Galicia, posto que ofrece un percorrido por todos os momentos históricos do actual Estado de Israel. Os fondos expostos, provenientes na súa totalidade de Terra Santa, explican culturas tan afastadas como imprescindibles para entender a nosa propia historia, converténdose así o Museo nunha ponte cultural que enlaza as cidades de Santiago e Xerusalén, xa unidas historicamente por seren dous dos principais centros de peregrinación. Pasado remoto é a sección que exhibe pezas arqueolóxicas pertencentes aos períodos que van desde o Paleolítico á dominación romana (800.000-s. I a.C.). Recóllense fenómenos de grande trascendencia como a implantación da gandería e a agricultura, a aparición da cerámica e a escritura. Presente de Terra Santa inclúe, xunto a varias maquetas, unha mostra de traballos artesanais en nácara e madeira de oliveira realizados en Belén e Xerusalén, que evidencian a pegada da Orde Franciscana na zona como custodios do Santo Sepulcro e promotores da economía familiar dos habitantes, grazas á introdución das citadas artesanías. Desde o século I a.C. ate a I Guerra Mundial, romanos, bizantinos, árabes e turcos foron os encargados de configuraren a historia hierosolimitana. A todas esas culturas podémonos achegar na sección Xerusalén cobizada a través de pezas representativas da cada período: cerámicas, vidros, bronces, restos arquitectónicos..., que documentan estas etapas históricas. Por último, sob o epígrafe Convivencia actual as pezas expostas reflicten as variadas culturas e relixións presentes na actual Xerusalén, capital do Estado de Israel e constatan o merecido calificativo de "crisol de culturas", que define tan acertadamente esta cidade testemuño da convivencia entre xudeus, musulmáns e cristiáns. Completa o percorrido unha gran maqueta da cidade histórica de Xerusalén e, ademais, un monetario que recolle unha ampla e valiosa selección numismática con exemplares pertencentes a todos os momentos históricos, dende o período helenístico ate os nosos días.
Convento de San Francisco. Campillo de San Francisco 3
15705 - Santiago de Compostela
Tel. 981 - 58 16 00
Fax. 981 - 57 19 16
H O R A R I O
Pechado por obras de remodelación
T E N D A - L I B RA R Í A
Publicacións do Museo, carteis e obxectos artesanais realizados en Terra Santa.
Pechado por obras de remodelación
T E N D A - L I B RA R Í A
Publicacións do Museo, carteis e obxectos artesanais realizados en Terra Santa.
T A R I F A
Prezo: 3 Euros. Prezo reducido (maiores de 65 anos e xubilados, titulares do carné xove/estudante, grupos):2 Euros. Grupos escolares:1 Euro.
Prezo: 3 Euros. Prezo reducido (maiores de 65 anos e xubilados, titulares do carné xove/estudante, grupos):2 Euros. Grupos escolares:1 Euro.
1 comentario:
Shalom amigo.
He descubierto tu blog a través de AGAI y me parece muy interesante vuestra iniciativa de escribir en gallego sobre actualidad en Israel, Oriente Medio, antisemitismo, etc... Yo edito el blog Herut con el propósito de contrarestar la basura antisemita de los medios de comunicación.
Un saludo desde Bilbao.
Publicar un comentario