Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

miércoles, abril 25, 2007

De Ribadavia a Xerusalén de 1606 a 1998



De Ribadavia a Xerusalén de 1606 a 1998.
Por Jose Luís Chao

Como é sabido en Ribadavia, sobre todo a través da representación do "Malsin" que cada ano se viña representando na "Festa dá Istoria"; foi no ano 1606 cando un ribadaviense, Xerónimo Bautista de Mena, xudeu arrepentido, denuncia ante o Tribunal da Inquisición de Santiago a douscentos veciños desta vila por practicas xudaizantes. Entre os denunciados atopanse varios dos seus familiares e outros destacados cidadáns, tanto no ámbito profesional como no económico, por exemplo dous rexidores de Ribadavia, Xerónimo de Morades e Xoán López de Hurtado. Destes douscentos acusados, corenta e dous foron condenados a diferentes penas nun auto público de fe celebrado na cidade de Santiago o once de maio de 1608; e quere o azar que entre estes corenta e dous condenados tópese Duarte Coronel, pertencente á unha ilustre familia de xudeus de Salvaterra. Contaba entón con trinta anos de idade e era veciño de Ribadavia por contraer matrimonio cunha moza desta localidade, Ana de Mena de dezasete anos, tamén condenada nese xuízo. O foi admitido a reconciliación en forma de auto publico de fe, facéndoo nunha igrexa e condenado a confiscación de bens, hábito e dous anos de cárcere; ela a confiscación de bens, hábito e un ano de cárcere. O primeiro ascendente coñecido de Duarte Coronel foi Abraham Senior, nacido en Segovia no ano 1412. Home de gran capacidade, foi desde moi novo encargado das finanzas e do cobro de impostos no Reino de Castela, chegando a ser un dos máis importantes Conselleiros da Raíña Isabel a Católica e intervindo na Voda desta con Don Fernando de Aragón. Rabino da Corte cando foi asinado o edicto de expulsión, foi convencido polos Reis Católicos para que se convertese ao Cristianismo, e así o fixo bautizándose en presenza da Reis o 15 de Xuño de 1492, mudando o seu nome polo de Xoán Pérez Coronel. Por diferentes circunstancias, o máis probábel é que fuxindo da Inquisición, os seus descendientes pasasen a morar en Portugal e máis tarde na veciña vila de Salvaterra, onde permaneceron polo menos dúas xeracións ate que a Inquisición causa estragos nesta familia, moitos deles condenados, algún será queimado vivo e os que puideron, fuxiron a terras libres. Parte desta familia escapo para Holanda e é un descendientes de Abraham Senior, talvez o seu bisneto, de nome Duarte Coronel, quen residindo en Amsterdam volve ao Xudaísmo, tomando o apelido Senior do seu bisavó e como segundo o seu apelido católico de coroes, facendo chamar David Senior Coronel, quen anos máis tarde marcho a Brasil onde chego a ser inmensamente rico grazas ás grandes plantacións de azucre que chego a ter. Foi unha descendiente deste, Nahman Natan Senior Coronel quen no ano 1820, aos vinte anos de idade decide deixar Holanda e emigra a Xerusalén onde escribiu libros de relixión que a farían famosa. Quere de novo o azar que un bisneto de Nahman Natan Senior Coronel, e polo tanto descendente do noso Duarte Coronel, máis tarde chamado David Senior Coronel, de nome David Koren viva actualmente en Israel, onde é unha coñecida personalidade por ser membro da primeira e segunda Kneset e fundador dun importante Kibutz ´Bet ha arava` nas beiras do Mar Morto, aínda que David Koren non sabe ate o momento que as súas raíces, estaban tamén en Ribadavia, na "Festa dá Istoria".
© Copyright CEM. José Luís Chao.1998

No hay comentarios: