Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

martes, abril 17, 2007

UNHA PARROQUIA XUDEA CHAMADA GALICIA


UNHA PARROQUIA XUDEA CHAMADA GALICIA
Luís Seoane

O nome de Galicia ou de galego apenas ten no noso século resonancia algunha en Europa. Descasí en un e outro sitio de xeito misterioso, aparece al­gunha vez en boca de alguén. Un día alguén nos di que esiste unha ponte onde se lembran dun galego. ¿Quén foi o emigrante que deixóu co nome da terra, "Galicien" memoria da súa estirpe? Non poidemos averigualo. Non embargantes o nome non ten probabelmente máis de medio século, a idade da ponte. ¿Foi acaso un traballador que tomóu parte na súa construcción ou tiña sido alguén procedente de Galicia que se afincóu nos seus arredores, que de tal xeito logróu destacar súa persoalidade? Fai medio século non esistian inmigrantes galegos en Suiza. Ti­vo que ser un home isolado que dou lugar a esta denominación. Nós non embargantes non poidemos atopar a ponte do "Galicien". Un día falamos co propietario dunha galería de arte de Ginebra, Don David Benador, un home afabel, cuia nobleza e bon­dade refrexábanse na faciana, e relatóunos: "A1ó, donde eu nacín, esistía a parroquia Galicia, era unha parroquia difrente ás outras, roáis severa nas ora­cións e que se caracterizaba porque o pan ácimo da Pascua facíase amasado con viño en vez de auga". O lugar onde nacéu o Sr. Benador e en Andrianápo­lis, en Turquía, na fronteira con Bulgaria, e o seu pobo, o do señor Benador, é o sefardí. Moitas vegadas temos mostrado a nosa adhesión a este pobo errante que nos deixóu o seu sangue na Penínsua Ibérica e que concretamente en Galicia, transmitíu estirpe e algunhas costumes. Un erudito ourensán de comezos deste século, Alonso, escribíu sobre deles, i Evaristo Correa Calderón adícalles un capíduo de un dos seus libros máis afortunados. Por outra banda na historia medieval galega destácase como unha acción heróica a defensa de Ribadavia feita polos xudíos contra os invasores ingleses apoiados por Portugal. Na Costa da morte esiste unha aldea chamada Si­nagoga. Unha estrela de David está grabada nun pórtico dunha eirexa románica de Betanzos e outra na empuñadura da espada de Andrade o Bó no seu sepulcro. Moitos apelidos actuales de Galicia son de ese orixen e bastantes dos que eles levan son de es­tirpe galega. Un dos máis grandes xudeos de tódolos tem­pos, Spinoza, era orixinario da provincia de Ourense i está por analizar a infruencia de Galicia no seu pan­teismo filosófico, como outra insine persoalidade xudea, francisco Sánchez, o médico escéptico de Montpellier, era natural de Tuy. As rosquillas ácimas de Galicia teñen con seguranza o seu orixen no pan ácimo, e algúns eruditos nestas cuestións poden informárennos de outras costumes que nos quedan da Tonga estan­cia dos xudeos en Galicia. 2 posibel que esa mesma insatisfacción inteleitual e sentimental do galego, ese mesmo non afacerse en esta terra, teña mesturado ao remoto orixen céltico seu porcentaxe importante de herdanza xudea. Américo Castro estudióu nos po­sos días, moi xustamente ao noso xuicio, a gran herdanza que en xeral legaron á penínsua. Mais volternos ao relato de Don David Benador. Andrianápo­lis era o nome grego da Edirné de Turquía. Pola data de que nos fala, fin do século XIX, o señor Benador, era unha cidade militar habitada por tur­cos, gregos, armenios e sefardíes. Unha desas cidades do oriente europeo que se distinguía polo seu pinto­resquismo, onde vivían mesturados e por barrios xen­tes das máis diversas relixións e razas. Algo do que mdeberon ser na Edade Media algunhas das cidades casteláns, e sabor de todo, con un superior desenrolo cultural, a imperial e inigoalable Toledo. Os gregos eran propietarios de restaurantes, cafés e tabernas. Competían con eles na venda de café e bebidas os armenios, que ademáis ocupábanse de negocios de xoiería. Os turcos musulmáns tiñan como principal oficio fabricar babuchas e xabróns de luxo. E os se­fardíes eran mercaderes en teas, en linóleum, e ha­bía entre eles bastantes orfebres. Os turcos eran, ade­máis, os que gobernaban e constituían a poboación militar. Para éstes, tódolos outros pobos: armenios, gregos, sefarditas, eran "Yaur", como denomiñaban a tódolos que non eran musulmáns. No barrio sefardíe falábase e cantábase en español, en ladino, e o co­mercio facíase en "la calle", a onde se estendían as ceremonias relixiosas. Coñecíanse uns a outros, máis que polos apelidos polos nomes seguidos dos oficios: David, o mercader en cadros; Abraham, o colcho­neiro; Simón, o orfebre; e algúns destes grandes mer­caderes eran proveedores do exército turco, o que non evitaba que nas rúas se pelexasen a miudo sefar­díes e turcos.
De Andrianápolis xurdiron ilustres persoalidades do mundo sefardí como os Alfassa, Camondo e Ben­veniste, cuias estirpes continúanse en Francia e all se destacóu o sabio Talmudista e poeta Joseph Halevy. Apelidos correntes entre eles eran Rodríguez, Calderón, Castro, Alcabés, Karo, Loria, Navón... Na "parroquia Galicia", como lembra o señor Benador, as leituras dos libros sagrados eran máis longas e asimesmo as oracións. O barrio estaba dividido en parroquias : Aragón, Cataluña, Castilla, Sevilla, etc., e a de Galicia. En ésta vestíanse de xeito difrente, usaban uns libros que aos mozos parecíanlles máis com­prados, eran máis longas, como xa dixemos, as ora­cións e tiñan o privilexio de comer o pan ácimo da Pascoa amasado sin levadura, feito con viño en vez de auga. 0 privilexio tiña nado en Galicia como consecuencia de unha calaña, esplícanos o señor Bena­dor. Algúns conversos aseguraban que os relixiosos sefardíes degolaban a nenos cristiáns pra realizar as súas ceremonias. Un provocador converso chegóu a poñer sangue na Tora pra denunciar aos sefardíes As autoridades. O sacristán, ou como se chame o en­carregado de coidar a sinagoga, tivo un soño inque­dante referido á Tora e tivo tempo de cambeala de­nantes que chegasen as autoridades, deixando quedar en mal lugar ao provocador denunciante e salvando aos seus de unha persecución inxusta. Leenda ou verdade, o caso é que entre os sefardíes de Andria­nápolis os de orixen galego diferenciábanse por ese privilexio, ademáis de por algunas outras cuestións de rito, o idioma e os traxes. No oriente europeo continuábase, pois, a diferenciación de Galicia, unha diferenciación en canto aos sefardíes, non coñecida por nós, i endexamáis, que sepamos, estudada en Ga­licia. Debemos esta noticia a un home que ama e sinte a España e que intruso nos seus anos de xu­ventude vivíu en Barcelona participando en aquelas loitas que ensanguentaron esa cidade na época en que era unha capital anarquista de Europa. Na Bar­celona de Noy del Sucre e de Anxel Pestaña.

Xenebra, 24-IV-63

SEOANE, LUIS: Comunicacións mesturadas, ed. Galaxia, 1973




OS SEFARDÍES DE ORIXE GALEGO

A Editorial Universitaria de Buenos Aires acaba de poñer á venda un fermoso libro adicado aos xu­deos españoles, "Historia de los sefarditas", cuio autor é Felipe Torroba Bernaldo de Quirós, que é con seguranza, non o sabemos, —na segunda tampa onde se fai referencia ao libro non se di nada sobre o autor—, un xoven profesor cecáis, ou un erudito español. "Sefarad" é a verba hebrea que desiña a Es­paña e sefardita é o xudeo oriundo de España; menor, España e Portugal, seguindo as desiñacións ac­tuáis da Península Ibérica, pois contén asimesmo aos xudeos portugueses. Varias vegadas témonos referido aos xudeos galegos, á mestura importante de san­gue coas outras moitas sangues que circulan polo home galego actual. Sangues, algunhas delas, máis recentes en Galicia, como a dos suevos, ou de outras tribus xermánicas das que estaban tan orgulosos po­sos abós, ou así parecíao, ao denominar Suevia a Galicia, e tan antiga con seguranza como a dos de­rradeiros celtas chegados a territorio galego anos antes dos tempos de Nabucodonosor cando chegaban coas espedicións fenicias en percura do estaño das Ca­sitérides. A partir da primeira mitade do século II chegaron á Penínsua Ibérica en grandes ondaxes de emigrantes espulsados de Palestina. Todo esto e moi­to máis narra Torroba Bernaldo de Quirós nun libro de 300 páxinas que sucede, en importancia, aos dous tomos de Amador de los Ríos e aos outros dous de Caro Baroja, que, a pesares da súa estensión, apenas se ocupan de Galicia, onde os xudeos chegaron a se situar en lugar importante pola cantidade deles e polo pulo que exerceron no comercio galego, comoestudióu fai medio século Benito F. Alonso pra se referir aos xudeos da provincia de Ourense. Comenza Don Felipe Torroba o seu capíduo tiduado "Los ju­díos en Galicia", co seguinte párrafo: "El cielo ga­laico, la dulzura y feracidad de aquellas tierras ubé­rrimas con los verdes prados, los emparrados de vid y los parches de granito, atrajeron bien pronto nu­tridas colonias hebreas. La tierra verdeante, jugosa y fértil, la cercanía de los puertos, tan conveniente a sus afanes mercantiles siempre, hicieron que allí se sintiesen como en su propia casa, adoptando las costumbres, la lengua y hasta la defensa del país galaico. Por eso arraigan allí tan hondamente y han quedado tantos recuerdos y vestigios israelitas en aquella tierra". Este párrafo deberían de aprendelo de memoria os pais galegos pra llo traspasar aos seus fillos racistas que iñoran cuasi sempre que en algúns casos ostentan apelidos galegos de craros an­tecedentes xudeos, ou igoalmente xudeos que galegos. Torroba Bernaldo de Quirós aporta algúns datos, non dabondos, pois trátase dun libro de divulgación; mais os suficientes pra que calquer galego poda dedu­cir a estraordinaria infruencia que exerceron no pa­sado de Galicia e na constitución do home galego actual. Refírese aos xudeos de Monforte que repo­blaron a vila de Ares, preto de Betanzos "cuya igle­sia parroquial de Santa Eulalia conserva arcos de herradura, restos del edificio de la antigua sinagoga"; pero ¿e as grandes colonias hebreas que habitaron na Cruña, Sobrado dos Monxes, Santiago, Ponteve­dra, Ourense, Celanova, Allariz, Ribadavia, Monforte, Vigo, Sayona, etc.? ¿Cómo puido conservárese deica os nosos días, non somentes o nome dunha rúa como a da Sinagoga na Cruña, senón con este mesmo nome unha aldea na Costa da Morte, ou o Campo dos Xu­deos en Pontevedra, ou o da Pena dos Xudeos na mesma Cruña, i esistiese tamén un terreo chamado Sinagoga en Sobrado dos Monxes? Establecéronse en toda Galicia, cruzáronse con galegos cristiáns, e, na
nobleza galega, abondan seus nomes xunguidos aos máis aristocráticos apelidos, moitos que logo da ex­pulsión decretada polos Reises Católicos pasaron a Castela. A eirexa galega foi á súa vez, a diferencia de outras de España i Europa, benévola cos xudeos, pois endexamáis os distinguiron por raza senón por relixión. Algunha vila como Ribadavia tivo en algún tempo máis poboadores xudeos que cristiáns, i escri­bindo sobre esto, di Torralba Bernaldo de Quirós : "Después de expulsados, no olvidaron los judíos a Ribadavia, legando a los suyos el recuerdo de aque­lla tierra amada, así en el siglo XVII, volvieron conversos y se establecieron en un arrabal de la villa, haciendo de ella en poco tiempo un floreciente emporio comercial". I esto, en xeral, sucedéu en toda Galicia. "Los judíos de Orense y Pontevedra, durante las per­secuciones, alternaban su vida en Galicia y en Por­tugal, estableciéndose acá y allá, según les iban las cosas y el rencor que les profesaban —luego del de­creto de expulsión de los Reyes Católicos— sus de­nunciadores. Si un decreto les refugiaba en un país vecino, otro les hacia volver. Así han permanecido conversos la mayoría de ellos". Lástima que non se teña escrito o libro sobre os xudeos en Galicia, que non se recolla canto durme nos arquivos galegos acer­ca deles. Ufanaríamonos moito menos de ser orixi­narios de razas bárbaras que algún día invadiron Galicia, e non aparecerían nas noticias dos xornáis de Buenos Aires algúns racistas de apelido galego, ou aparecerían menos, afortunadamente son moi poucos, e descobriríamos o verdadeiro segredo dal­gunhas costumes perdurábeles en Galicia. Pola nosa parte sempre sostivemos que era máis importante pra calquera, ter igoal sangue que a de Cristo ou dos seus apóstoles xudeos que a dun capitán en Flandes, no caso en que tódalas sangues non estén moi mesturadas dende hai moitos miles de anos.

28-VII-68

SEOANE, LUIS: Comunicacións mesturadas, ed. Galaxia, 1973

1 comentario:

Anónimo dijo...

Benqueridos amigos:
Eu busco miñas raices, sendo galego.
Moito me gostaría saber certamente si o apelido GONDA eche de orixe Sefardí- galego.
Un día un amigo ,comendo xuntos en miña Aldea, díxome..."mira, non che parez que por tantos cruceiros po-los camiños non sería unha forma de cristianizar o domiñar a os que non no eran?"...
¿Cal será o orixe dos meus Gonda?
Muitas gracias: Morgadans.