Un paseo polo Barrio Xudeu da miña Ribadavia

sábado, abril 28, 2007

Libro editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza:


Judíos en Galicia (1044-1492)

Gloria de Antonio Galicia Histórica A Coruña, 2006 ISBN: 84-95892-50-2 690 páginas Rústica. Tamaño: 23 x 17 cm
Edita a Fundacvión Pedro Barrié de la Maza.



A poboación xudea que habitou Galicia, centrado fundamentalmente no período baixomedieval. O libro estrutúrase en dous grandes apartados. No primeiro deles estúdase a demografía xudea en Galicia e as personaxes máis sobranceiras da comunidade hebrea; sitúanse todas e cada unha das comunidades xudeas no contexto da xeografía galega e no marco de cada vila ou cidade na que se ubicaban; analízanse as actividades socio-profesionais exercidas de xeito maioritario polos xudeos que residían en terras galegas; abórdanse, tamén, as relacións mantidas polas comunidades xudeas coas distintas institucións e grupos sociais da época (Coroa, Igrexa, Nobreza e Concellos), así como coa poboación cristiá no seu conxunto, analizándose o evoluir no tempo de anteditas relacións, que rematarán na promulgación do vergoñento edito de expulsión xeral de 31 de marzo de 1492.
O segundo fica composto polo apéndice documental, tanto de documentos inéditos como publicados previamente, que serviron de base á investigación e que compleméntase cos correspondentes índices onomástico e de documentos.



1 comentario:

Anónimo dijo...

che recomendo tamèn o libro titulado los judios en galicia de jose antonio ònega e un libro de 700 pàxinas moi ben documentado sen màis un saudo .